María José Gómez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (48 anos) Guntín, España |
Conselleira da Xunta de Galicia | |
2024 – | |
Senadora de España | |
23 de xullo de 2023 – 14 de abril de 2024 | |
Alcaldesa de Guntín | |
2019 – 15 de abril de 2024 (dimisión) ← Jesús Carreira Ferreiro – Ángel Pérez Rodríguez → | |
Actividade | |
Ocupación | política, profesora de ensino secundario, filóloga |
María José Gómez Rodríguez, nada en Guntín en 1976, é unha profesora e política galega do PPdG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en Humanidades e licenciada en filoloxía inglesa.[1] Foi profesora de inglés no IES de Monterroso. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Guntín e foi tenente alcalde. En xaneiro de 2017 foi nomeada xefa do Servizo de Coordinación da Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.[2] Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Guntín e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta.[1] entre 2022 e 2023, foi xefa territorial da Consellaría de Educación na provincia.[1]
Nas municipais de 2023 volveu ser elixida alcaldesa tamén con maioría absoluta. Nas eleccións de 2023 foi elixida senadora pola provincia de Lugo.[3]
En abril de 2024 foi nomeada conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia,[4] abandonando os seus anteriores cargos o 15 de abril.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (15 de abril de 2024). "Política, profesora y ganadera". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2024.
- ↑ La Voz de Galicia, Lugo, 17-1-2017, p. L6.
- ↑ "GÓMEZ RODRÍGUEZ, MARÍA JOSÉ". senado.es (en castelán). 14 de abril de 2024. Consultado o 28 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (14 de abril de 2024). "¿Quién es quién en el nuevo gobierno de la Xunta?". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2024.