Saltar ao contido

María Justa de Jesús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Justa de Jesús
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1667 Editar o valor em Wikidata
La Victoria de Acentejo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1723 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
La Orotava, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLa Orotava Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa cristiá , monxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana Editar o valor em Wikidata

María Justa de Jesús, nada o 6 de xaneiro de 1667 en La Victoria de Acentejo e finada en 1723 en La Orotava, Tenerife, foi unha relixiosa fanciscana e mística española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en La Victoria de Acentejo no norte da illa de Tenerife, profesou como relixiosa franciscana no Convento de San José da Vila de La Orotava. A súa vida estivo rodeada no misticismo, pero tamén na polémica, debido ás intrigas conventuais xeradas polas rivalidades entre ordes relixiosas e o papel que xogaban nelas dende fóra as clases altas da cidade.[1]

De María Justa de Jesús chegouse a dicir que a Inquisición lle abrira un proceso por farsante e, mesmo, bruxa. Foi acusada de practicar doutrinas molinistas.[2] Chegouse a insinuar que a relación co seu confesor non era abondo axeitada para unha relixiosa como o era ela. O seu biógrafo e confesor, Frei Andrés de Abreu, guindou ó lume a biografía que escribira sobre esta monxa, o cal provocou que actualmente pouco se saiba da vida desta.[3]

Porén, o frade dominico José Herrera referíase que entre as súas virtudes estaba o dar vista ós cegos, facer ouvir ós xordos e que os mudos falasen. Igualmente curar ós tolleitos, manetos e coxos, sandar todo tipo de doenzas e expulsar demos, entre outros milagres.

María Justa morreu en 1723. Segundo as crónicas da época o seu corpo mostrou indicios de santidade, como flexibilidade, agradables fragrancias e fluidez do seu sangue. María Justa de Jesús tivo moitos detractores que a acusaban de farsante, pero tamén moitos defensores que crían na súa santidade e trala súa morte, a Orde Franciscana nas Canarias abriulle un proceso de canonización envolto na polémica que tivo que ser paralizado.

Notas[editar | editar a fonte]