María López Suárez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidad Nacional de Educación a Distancia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filóloga , tradutora ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
María López Suárez, nada en Ferrol en 1977, é unha filóloga galega vinculada ao mundo editorial.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, cun posgrao en Teoría da literatura e literatura comparada. Estuda así mesmo o grao de Filosofía pola UNED.
Traballou como correctora editorial para editoriais como Kalandraka e Edicións Xerais. Como editora, foi coordinadora editorial de narrativa para Edicións Xerais entre marzo de 2019 e novembro de 2020, editorial para a cal tamén fixo labores de tradución[1].
Tradución[editar | editar a fonte]
- A cara norte do corazón, de Dolores Redondo (Xerais, 2019)
- O infinito nun xunco, de Irene Vallejo (Xerais, 2021), finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de Tradución
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "María López Suárez". Edicións Xerais.