María Reguera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xullo de 1756 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1824 (67/68 anos) Madrid, España |
María Reguera y Mondragón Leal, nada en Santiago de Compostela en xullo de 1756, foi unha dama ilustrada (bachillera) relacionada coa Sociedade Económica de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]María Reguera pertencía a unha familia fidalga, o seu pai era médico do cabido, e recibiu unha esmerada educación.[1][2]
No ano 1783 participou na promoción de tres novas escolas (dúas de nenos e outra de nenas) para a cidade de Lugo onde residía, sendo os seus provisores o bispo Juan de Armanyá e o doutor Juan Antonio de Castro.[1][2]
Estivo relacionada coa Real Sociedade Económica de Amigos del Pais de Lugo, unha das Sociedades Económicas de Amigos do País, pero non foi admitida como socia por ser muller. Non obstante, puido realizar a lectura dun discurso nesta sociedade en 1788 en defensa da educación dos nenos e nenas para xerar «ciudadanos útiles y aplicados».[1][2]
Tamén foi autora dunha colección paleográfica e dun método de escritura.[3][4]
Casou con Manuel Freire Castrillón, membro da burguesía urbana.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- "Discurso na Real Sociedad de Lugo de Dª María Reguera y Mondragón". Núm. I, Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid, XV (1788), p. 99-106.
- "Discurso na Real Sociedade de Lugo de Dª María Reguera y Mondragón". Núm. II, Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid, XV (1788), p. 226-233.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "María Reguera | Álbum de mulleres | culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Patiño, Manuel R. Bermejo; García, María Isabel Fernández; Fórneas, Esther Gómez; Noya, Ana María González; Silva, Laura Rodríguez; Maneiro, Marcelino Maneiro; Castiñeiras, Rosa Pedrido; Barral, Xoana Pintos; Fernández, Beatriz Fernández (2017). "A ciencia en Galicia no século XVIII: os seus protagonistas". Boletín das ciencias 30 (83): 25–53. ISSN 0214-7807.
- ↑ Rey Castelao, Ofelia (2009-11-25). "La historia de las mujeres en Galicia. Un estado de la cuestión (1988-2008)". Minius (en castelán) (17): 191–234. ISSN 1131-5989.
- ↑ García-Fernández, Miguel (2012-12-30). "Alfabetización, autoría e produción impresa. Unha aproximación en feminino á cultura letrada da Galicia moderna". Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán) 59 (125): 193–232. ISSN 1988-8333. doi:10.3989/ceg.2012.125.08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 162.
- Alonso Montero, Jesús (3 de xuño de 1962). "María Reguera y Mondragón Leal escritora lucense del siglo XVIII". El Progreso (xornal) (17055): 12.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- María Reguera no Álbum de mulleres