Saltar ao contido

María Rosa de Gálvez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Rosa de Gálvez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Antonia Rosalía de Gálvez y Ramírez Editar o valor en Wikidata
14 de agosto de 1768 Editar o valor en Wikidata
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1806 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSan Sebastian Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, dramaturga, poetisa, tradutora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntonio de Gálvez y Gallardo Editar o valor en Wikidata
ParentesMatías de Gálvez y Gallardo, tío paterno
Bernardo de Gálvez y Madrid,, curmán
José de Gálvez, tío paterno
Miguel de Gálvez y Gallard, tío paterno Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1023505

María Rosa Gálvez de Cabrera, nada en Málaga a finais de 1768 e finada en Madrid o 2 de outubro de 1806, foi unha poeta e dramaturga española da Ilustración e o neoclasicismo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

María Antonia Rosalía de Gálvez e Ramírez foi entregada á Casa de Expósitos de Ronda nada máis nacer e recollida con posterioridade por Antonio de Gálvez, coronel do exército, e Mariana Ramírez de Velasco, casados en Macharaviaya, localidade da provincia, de onde ambos eran oriúndos. Segundo parece, era filla natural daquel.[1] Foi sobriña de José de Gálvez, ministro de Carlos III e I marqués da Sonora, e curmá de Bernardo de Gálvez, vicerrei de Nova España e I conde de Gálvez. No seu certificado de adopción consta que nese momento tiña dezaoito anos e era veciña de Málaga. Non se indica nin a data nin o lugar de nacemento, só que os Gálvez fixéronse cargo da súa crianza e educación dende a súa infancia.[2]

Casou en Málaga co seu primo, o capitán José Cabrera Ramírez. Emprenderon unha serie de xuízos pola sucesión de Antonio Gálvez e da súa esposa. Pola súa parte, no seu testamento de 1799, María Rosa declara que ten unha filla natural: María Josefa de la Pastora Irisarri y Gálvez, habida con Josef Irisarri, sendo ámbolos dous solteiros. Neses momentos a nena tiña dez anos, pero non chegou á vida adulta.[1] Tras varios avatares, prisión do seu esposo, separación e posterior reconciliación, o matrimonio múdase a Madrid, quizais antes de 1790, pois ese ano aparece citado o seu nome varias veces no Diario de Jovellanos. A súa estancia en Madrid coincidiu coa morte da súa amiga María Rita de Barrenechea á que dedicou unha elixía: La noche. Alí frecuenta os círculos intelectuais ilustrados e establece amizade con Manuel José Quintana. Pola súa banda, o seu marido foi nomeado agregado da legación de España nos Estados Unidos. María Rosa permaneceu en Madrid, onde mantivo unha presunta relación amorosa co primeiro ministro de Carlos IV, Manuel Godoy, que lle valeu os desaires do sector profernandino e ironías sobre a protección que este estendeu sobre ela (auspiciou a edición dos tres volumes das súas Obras poéticas (1804) por orde do ministro Ceballos na Imprenta Real sen os abonos correspondentes), o que afectou o xuízo da súa obra tanto como a súa condición de muller ou de divorciada.[3] Desenvolveu unha intensa actividade como escritora, centrada sobre todo no teatro, o xornalismo e a lírica. Colaborou así en Variedades de Ciencias, Literatura y Artes (1803-1805), a revista dirixida por Manuel José Quintana, así como en La Minerva o El Revisor General. Con grandes penurias económicas, faleceu en Madrid aos 38 anos, sendo enterrada na igrexa de San Sebastián.[4]

Algo había nela de moderno e independente que inquietaba vagamente aos seus contemporáneos homes e non podían entender; foi atacada por consideracións alleas ao seu mérito literario intrínseco (o seu feminismo, a súa independencia, a súa conduta moral allea entón aos valores da época, a súa relación con Manuel Godoy); a crítica actual puxo a súa obra no seu xusto, digno e merecido lugar.

Actualmente dá nome á biblioteca municipal de Macharaviaya; e en Málaga capital levan o seu nome unha rúa, un colexio público de infantil e primaria, así como un aulario da Universidade de Málaga.

Análise da súa obra

[editar | editar a fonte]

A súa produción dramática áchase dentro do Neoclasicismo dos séculos XVIII e XIX, aínda que, segundo Enrique do Piñeiro, xa ven compoñentes románticos na súa obra: a exaltación tráxica, a pugna do ser propio coa nova contorna, a procura de escenarios exóticos e afastados (Oriente, a Antigüidade), o desexo de liberdade e autonomía.

As súas circunstancias persoais e as súas formulacións modernas granxeáronlle moitos inimigos. Na «Advertencia» do segundo volume das súas Obras poéticas proclamou orgullosamente ser "a primeira entre as españolas que se dedicou a este ramo de literatura [a traxedia]", e defendeu o cultivo da orixinalidade no mesmo a despeito daqueles que imitaban, traducían, adaptaban e refundían constantemente modelos estranxeiros ou tradicionais.[2] Compuxo un total de 17 obras para o teatro: seis traxedias, tres comedias, catro obras breves, unha zarzuela, e tres traducións. Oito das súas obras foron representadas en Madrid durante os anos de 1801-1805, e polo menos dous volveron ás táboas despois da súa morte. As obras representadas aparecían nos teatros principais do día, como o Príncipe e Los Caños de Peral; os actores máis famosos da época, Isidoro Máiquez, por exemplo, interpretaban os papeis de Gálvez. A súa comedia Familia a la moda comezou a tempada do teatro dos Caños de Peral en 1805.[5] As recensións das súas obras saían publicadas nos xornais máis notables do fin do século XVIII en España, como o Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid e Variedades de ciencias, literaturas y artes.

O seu tema máis habitual é a conquista da liberdade, polo cal se opón aos casamentos estalecidos polos pais, como Moratín, ou á escravitude, como en Zinda, ou ao sometemento ás cegas paixóns, como e La delirante, ou aos condicionantes do teatro tradicional como en Los figurones litearios, apoiando a reforma neoclásica.

O seu punto de vista é feminino e aínda feminista: a muller, con todos os seus soños, desexos e frustracións nun mundo dominado polo home. Un repaso destes temas comproba a alta «autoconsciencia feminina» da dramaturga ilustrada. Para Daniel S. Whitaker

Tendo en conta o teatro de María Rosa Gálvez, está claro hoxe día que se conta entre as primeiras mulleres do mundo hispano -como sor Juana Inés de la Cruz no século anterior- que contribuíron ao desenvolvemento da autoconciencia da muller na literatura.[6]

Destacan os temas da violación, a amizade feminina, a vista positiva dunha sociedade matriarcal e, na traxedia La delirante, a tolemia feminina. Outro tema que se repite no teatro de Gálvez é o suicidio feminino (Safo, Florinda e Blanca de Rossi) como única saída para unha sociedade inxusta. Así mesmo, as obras de Gálvez avogan por varios dereitos específicos da muller: a necesidade de axudar á viúva (Ali-Bek); a opción para a esposa de separarse do marido que non cumpre coas súas responsabilidades de familia (El egoísta); o perigo do cortexo (El egoísta); o aspecto positivo do amor libre, fóra do sacramento do matrimonio (Safo); a crítica do costume do serrallo (Ali Bek); o dereito de escoller marido (El egoísta, Los figurones literarios, Safo, Blanca de Rossi, La delirante, Un loco hace cien).

Traduciu tres obras do teatro francés, Catalina o la bella labradora, de tema sentimental e final moral, representada no teatro da Cruz, La intriga epistolar, no mesmo teatro e a opereta en verso Bion no teatro dos Caños del Peral.[7]

Foi, entre os varios comediógrafos seguidores de Leandro Fernández de Moratín, quen máis soubo aproximarse ao seu modelo se exceptuamos a Francisco Martínez de la Rosa ou Manuel Eduardo de Gorostiza. Das súas catro comedias (Un loco hace ciento, que logo chegou a libreto de ópera; Catalina o la bella labradora, El egoísta e Los figurones literarios) esta última é a mellor e máis característica; trátase dunha imitación da comedia nova de Moratín, na que hai personaxes moi ben caracterizados e representativos da época, como o erudito don Panuncio, o construtor mecánico don Cilindro, o anticuario don Epifanio e o poeta don Esdrújulo. O personaxe principal, o erudito Panuncio, é vítima dos aduladores como na peza de Moratín. O personaxe mellor tratado é o Barón de la Ventolera, desatentado galicista.

Ningunha das súas traxedias foi representada, fóra de Ali-Bek, a pesar de contar co beneplácito dos censores e os seus colegas, posiblemente por medo ao fracaso de público.[2] Na titulada Florinda fai que a famosa Cava remate suicidándose mentres recrimina ao seu pai Don Julián ser causa da perda de España. De La delirante é protagonista Leonor, filla de María Estuardo e casada con Lord Arlington, quen a mata traidoramente. Tanto estas traxedias como as restantes (Ali Bek, Branca de Rossi e Zinda -que ataca a escravitude-) están escritas no habitual romance heroico ou endecasílabo, e son bastante desordenadas. Escribiu ademais un melólogo, Saúl, un drama tráxico nun acto, Safo, e Bion, ópera lírica tamén nun acto.

En canto á súa poesía lírica, Manuel José Quintana xulgouna de estilo claro e puro e de versificación fácil e fluída. La Oda en elogio de la Marina española e a titulada Viaje al Teyde, ao estilo de Quintana, teñen anacos de espontánea e fácil inspiración. Outros destacan as súas odas A la campaña de Portugal, A la Beneficencia (que dedicou á condesa de Castroterreño) e A la campaña de Bonaparte en Italia. Tamén son destacables a súa Descripción filosófica del Real Sitio de San Ildefonso, a poesía La noche e os versos sáficos A Quintana.

As súas Obras poéticas, que a pesar do seu título incorporan tamén as dramáticas, apareceron en tres volumes (Madrid, Imprenta Real, 1804) e algunhas das súas pezas teatrais incorporáranse xa ao volume El teatro nuevo español (1801).[8][9]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obra orixinal

[editar | editar a fonte]
  • Ali-Bek. Tragedia original en cinco actos, Madrid, Benito García y Compañía, 1801, tomo V de Teatro Nuevo Español.
  • Las esclavas amazonas, manuscritos 16507 e 17196 da Biblioteca Nacional de España e manuscrito 1-28-14 A e B da Biblioteca Municipal de Madrid.
  • La familia a la moda, Ms. Tea 173-4, Biblioteca Municipal de Madrid.
  • Un loco hace ciento. Comedia en un acto en prosa para servir de fin de fiesta, Madrid, Benito García y Compañía, 1801, tomo V de Teatro Nuevo Español.
  • Obras poéticas de Doña Rosa Gálvez de Cabrera, Madrid, Imprenta Real, 1804, 3 vols.
    • Volume I
      • "La Campaña de Portugal. Oda al Príncipe de la Paz".
      • "La beneficencia. Oda a la Condesa de Castroterreño".
      • "Las campañas de Buonaparte. Oda".
      • "La poesía. Oda a un amante de las artes de imitación".
      • "Descripción filosófica del Real Sitio de San Ildefonso. Oda a Quintana".
      • "La vanidad de los placeres. Oda".
      • "En los días de un amigo de la autora. Oda".
      • "En elogio de la representación de la opereta intitulada «El delirio». Oda".
      • "La noche. Canto en verso suelto a la memoria de la señora Condesa del Carpio".
      • "A Quintana en elogio de su oda al océano. Versos sáficos".
      • "Descripción de la Fuente de la Espina en el Real Sitio de Aranjuez. Romance endecasílabo".
      • "A Licio. Silva moral".
      • "Despedida al Real Sitio de Aranjuez. Octavas".
      • "Bion. Ópera lírica en un acto, traducida del francés".
      • "El egoísta. Comedia original en tres actos".
      • "Los figurones literarios. Comedia en tres actos".
    • Volume II
      • "Saúl. Escena trágica unipersonal".
      • "Safo. Drama trágico en un acto".
      • "Florinda. Tragedia en tres actos".
      • "Blanca de Rossi. Tragedia en cinco actos".
    • Volume III
      • "Amnón. Tragedia original en cinco actos".
      • "Zinda. Drama trágico en tres actos".
      • "La delirante. Tragedia original en cinco actos".
  • Oda en elogio de la marina española, Madrid, Imprenta de Repullés, 1806.
  • «Oda en elogio de las fumigaciones de Morvó, establecidas en España a beneficio de la humanidad, de orden del excelentísimo señor Príncipe de la Paz», Minerva o el Revisor General, III.52, 1806, pp. 3-10.
  • Safo, drama trágico en un acto, Valencia, Imprenta de Estevan, 1813.
  • Safo y Faón o el Salto de Leucades, Cádiz, Imprenta de Romero, 1820.
  • Saúl, escena trágica unipersonal, Valencia, Imprenta de Estevan, 1813; Palma, Imprenta de Miguel Domingo, 1813.
  • «Viaje al Teyde», Variedades de Ciencias, Literatura y Artes, II. 17 (1805), pp. 301-308.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Bion, en Obras Poéticas, Madrid, Imprenta Real, 1804, tomo I, pp. 57-109. Tradución de Bion, comédie en un act et en vers, mêlée de musique (1803) con libreto de François-Benoît Hoffman y música de Étienne Méhul.
  • Catalina, o la bella labradora. Comedia en tres actos, Madrid, Benito García y Compañía, 1801, (Teatro Nuevo Español, tomo V, pp. 233-352). Tradución de Catherine ou la belle fermière, comédie en trois acts et en prose, mêlée de chant (1793), de Amélie-Julie Candeille.
  • La dama colérica o novia impaciente. Comedia en prosa en un acto, Barcelona, Juan Francisco Piferrer, s.a. Tradución de La jeune femme colère, comédie en un acte et en prose (1804) de Charles-George Étienne.
  • La intriga epistolar. Comedia en tres actos y verso, manuscrito 21.261 (1), 84 fols., Biblioteca Nacional de España. Tradución de L'intrigue épistolaire, comédie en cinq acts et en vers (1792), de Philippe Fabre d'Églantine.[10]

Edicións modernas

[editar | editar a fonte]
  • Ali-Bek, Sevilla, La Máquina China, 2007.
  • Amnón, Málaga, Universidade de Málaga, 2009.
  • La familia a la moda: Comedia en tres actos y en verso, edición de René Andioc, Salamanca, Plaza Universitaria, 2001.
  • Holocaustos a Minerva. Obra escogida, edición de Aurora Luque, Málaga, Fundación Lara, 2013.
  • Un loco hace ciento, edición de Ana María Marcos. Biblioteca Virtual de Andalucía.
  • Poesías: María Rosa de Gálvez, edición de Aurora Luque, Málaga, Deputación Provincial de Málaga, 2007.
  • Safo, edición de Daniel Whitaker, Dieciocho, 18,2 (1995), pp. 189-210.
  • «Safo. El egoísta», en Aurora Luque y José Luis Cabrera, El valor de una ilustrada. María Rosa de Gálvez, Málaga, Ayuntamiento de Málaga, 2005, pp. 143-271.
  • Safo. Zinda. La familia a la moda, edición de Fernando Doménech, Madrid, Asociación de Directores de Escena de España, 1995.
  1. 1,0 1,1 1,2 Martín-Valdepeñas Yagüe, Elisa. "María Rosa de Gálvez: nuevos datos para su biografía" (PDF) 40 (1). ISSN 0163-0415. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xuño de 2020. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Julia, Bordiga Grinstein,. "La Rosa trágica de Málaga: vida y obra de María Rosa de Gálvez". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. Nelken. Las escritoras españolas. Madrid: Horas y horas. ISBN 978-84-96004-45-0. 
  4. "Biografía de María Rosa de Gálvez - María Rosa de Gálvez". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 2019-10-24. 
  5. Sahuquillo, Javier. "La familia a la moda de María Rosa Gálvez" (PDF). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  6. S., Whitaker, Daniel. "La mujer ilustrada como dramaturga: el teatro de María Rosa Gálvez". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  7. Helena, Establier Pérez,. "El teatro trágico de María Rosa Gálvez de Cabrera en el tránsito de la Ilustración al Romanticismo". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  8. http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/7236/1/ALE_18_11.pdf
  9. http://institucional.us.es/revistas/habis/41/art_20.pdf
  10. https://www.researchgate.net/publication/279664375_La_otra_voz_de_Maria_Rosa_de_Galvez_las_traducciones_de_una_dramaturga_neoclasica

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Anna Caballé Por mi alma os digo. De la Edad Media a la Ilustración Barcelona, Círculo de lectores, 2003
  • Cabrera Ortiz, J.L. e A. Luque Ortiz, El valor de una ilustrada: María Rosa de Gálvez, Málaga, Instituto Municipal del libro, Ayuntamiento de Málaga, 2005.
  • Daniel S. Whitaker, "La mujer ilustrada como dramaturga: el teatro de María Rosa Gálvez", en Antonio Vilanova (dir.) Actas del X Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas (1989).
  • Mª. A. Carmona González, Escritoras andaluzas en la prensa de Andalucía en el siglo XIX. Cádiz, Servizo de Publicacións da Universidade de Cádiz, 1999.
  • N. Díaz de Escobar, Galería de malagueñas. Apuntes para una obra biográfica de las mujeres, hijas de esta Provincia, o residentes en ella, que se han distingudo por su talento, piedad, valor, ilustración. Málaga, Tip. La Equitativa, 1901.
  • Mª. I. Jiménez Morales, Escritoras malagueñas del siglo XIX. Málaga, Universidad, 1996.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]