María Socorro Cea Vázquez
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1970 (54 anos) Melide, España |
Alcaldesa de Melide | |
2007 – 2011 ← Ángeles Vázquez Mejuto – Ángeles Vázquez Mejuto → | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé de Cea |
María Socorro Cea Vázquez, nada en Melide o 1 de abril de 1970, é unha mestra e política galega vinculada ao BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa primeira aparición en política foi en 1999 ocupando o posto número cinco da candidatura do BNG de Melide, sen resultar elixida. En 2003 encabezou a candidatura nacionalista e logrou pasou de 2 a 4 concelleiros, reforzándose como alternativa ó goberno do PP. Nese mandato foi designada deputada provincial, durante o cal foi voceira do BNG na Deputación. A finais de 2003 foi elixida membro do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG, responsabilidades que abandonou a finais de 2006 para dedicarse por completo á política municipal.
Nas eleccións municipais de 2007 preséntase por segunda vez como cabeza de lista do BNG, obtendo seis concelleiros o que fai perder a maioría absoluta ao PP. En xuño de 2007 foi elixida alcaldesa de Melide co apoio do único concelleiro do PSdeG-PSOE, con quen gobernou ata o final da lexislatura. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta. En abril de 2012 renunciou como portavoz e concelleira[1].
Predecesor: Ángeles Vázquez Mejuto |
Alcaldesa de Melide 2007 - 2011 |
Sucesor: Ángeles Vázquez Mejuto |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El pleno da cuenta de la renuncia de Cea y de 4 miembros más del Bloque". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2024. Consultado o 20 de abril de 2024.