Saltar ao contido

María Teresa Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Teresa Casanova
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor en Wikidata

María Teresa Casanova, nada en Monforte de Lemos en 1902, foi unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arribou a Buenos Aires cos seus pais con nove meses. Mestra e licenciada en Filosofía. Nos anos trinta colaborou coa Orgaización Nazonalista Repubricana Galega.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 converteuse na maior defensora do golpe militar na Arxentina, coua súas proclamas no programa radiofónico "Habla España", artigos en Acción Española, a súa laboura como articulista e secretaria de redacción en El Diario Español e no semanario Juan Español; tamén colaborou na prensa arxentina no equipo de redacción de La Razón, Estampa, Aquí Está e Maribel, e escribia no diario La Prensa; tamén foi unha prolífica conferenciante, destacando a que pronunciou no Teatro Colón de 1937. Foi nomeada agregada cultural da embaixada española na Arxentina. En 1948 obtivo unha bolsa do Instituto de Cultura Hispánica para percorrer España durante un ano como escritora e conferenciante. Entrevistouse con Pilar Primo de Rivera, foi recibida en audiencia por Francisco Franco, e foi obxecto dunha homenaxe no Centro Gallego de Madrid. En novembro foi entrevistada por Manuel Fraga de Lis para El Pueblo Gallego.[2] Rematou a xira e retornou a Buenos Aires o 29 de novembro de 1948.[3] Presentada como “sobriña de Sofía Casanova”, o seu parentesco foi desmentido por Joaquín Pérez Madrigal en decembro de 1948.[4]

  • Isabel la Católica. José Ballesta Editor, Buenos Aires, 1944.
  1. Opinión Gallegista, 1-8-1935, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 17-11-1948, p. 2.
  3. El Progreso, 24-11-1948, p. 2.
  4. La Noche, 30-12-1948, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliogtrafía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]