María Teresa Lamata Jiménez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 ![]() Logroño, España ![]() |
Educación | Universidade de Granada ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Intelixencia artificial e toma de decisións ![]() |
Ocupación | profesora universitaria ![]() |
Empregador | Universidade de Granada ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | José Luis Verdegay ![]() |
![]() |
María Teresa Lamata Jiménez, nada en Logroño en 1952, é unha investigadora e catedrática de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade de Granada. Na súa labor profesional salientaou a súa defensa do papel da muller nas disciplinas TIC, á parte do seu papel destacado como investigadora na área. É licenciada en matemáticas e doutora en ciencias pola Universidade de Granada.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Accedeu á cátedra no ano 2008. Con anterioridade foi profesora titular de universidade en Granada e profesora contratada na Universidade de Málaga. No presente é a directora do Grupo de Investigación sobre Modelos de Decisión e Optimización.
Traxectoria investigadora
[editar | editar a fonte]A súa investigación céntrase na área da toma de decisións. Dirixiu varios proxectos de investigación en convocatorias públicas rexionais e nacionais e ten participado en proxectos docentes e científicos da Unión Europea. Asemade, dirixiu varias teses doutorais na Universidade de Granada, Universidade Politécnica de Cartaxena e Técnica da Habana. É membro habitual dos comités de programa dos congresos científicos da súa especialidade.