María Teresa Vilariño Picos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (55/56 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Fernando Cabo Aseguinolaza |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, crítica literaria |
María Teresa Vilariño Picos, nada en Ferrol en 1969, é unha crítica literiaria e académica galega. É profesora titular de Teoría da Literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Fenomenología y Estilística literaria: el caso español (2000), dirixida por Fernando Cabo Aseguinolaza,[1] caracterízase por un perfil académico interdisciplinar que une a Teoría literaria e a Literatura Comparada coa medicina, ao posuír un Mestrado en enfermidades raras conxénitas do metabolismo, e a Educación social e a Psicoloxía. Foi coordinadora do Mestrado Mundus Crossways in Cultural Narratives, así como do programa de Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- La idea de la Literatura. Fenomenología y Estilística literaria en el ámbito hispánico. Zaragoza: Tropelías, 2001.
- Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros/A Muralla, 2006.
- Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidad de Santiago de Compostela, 2011.
- Narrativas cruzadas: Hibridación, transmedia y performatividad en las Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo, 2017.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil de María Teresa Vilariño Picos, en la web https://dialnet.unirioja.es.
- ↑ Vilariño Picos, María Teresa, en la web http://tllc-usc.gal.