María Vázquez Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1894 Vilaescura, España |
Morte | 19 de agosto de 1936 (42 anos) Miño, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
María Vázquez Suárez, nada en Vilaescura (Sober) o 15 de agosto de 1894[1] e fusilada en Miño o 19 de agosto de 1936, foi unha mestra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Joaquín Vázquez Fernández. Estudou na Normal da Coruña onde se graduou en 1913. En 1918 obtivo praza na escola de nenas da Pobra do Caramiñal onde exerceu 12 anos. En 1929 obtivo praza na escola nº 2 de Miño. Nesta etapa frecuentou os ambientes republicanos e coa chegada da República, identificouse coa reforma pedagóxica, asistiu a cursos de perfeccionamento na Coruña e organizou excursións escolares a fábricas e monumentos.
Desenvolveu tamén unha actividade política e sindical, integrándose na agrupación socialista de Miño, e realizou a súa primeira intervención nun mitin político en 1932. Participación en campañas e mitins con discursos centrados nas políticas educativas e na defensa dos dereitos das mulleres. Colaborou coa Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano Americanas e a Agrupación Femenina Republicana. En 1933 afiliouse á FETE-UGT e en 1935 ocupou o cargo de vicetesoureira.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida na Coruña acusada de defender a escola laica e o amor libre.[2] Trasladárona á cadea de Pontedeume e o 19 de agosto fusilárona nunha praia de Miño. A súa casa foi saqueada e queimaron os seus libros.
Ela e Mercedes Romero Abella son as dúas mestras executadas na represión fascista.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 68.
- ↑ "Ficha en Vermellas". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2013.
- ↑ Méndez, Mila (12/7/2021). "Los 508 maestros de A Coruña castigados por padecer una «tara liberal»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12/7/2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Vázquez Suárez |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 451. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Sobrino Ceballos, J.; Domínguez Ferro, M. (2011). ""¡Qué pouco vale unha mestra!" Un achegamento á figura de María Vázquez Suárez" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (18): 209–227. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 23 de novembro de 2013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "María Vázquez Suárez". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- "Máis datos sobre María Vázquez Suárez e sobre os tempos da guerra en Vilaescura" 4/11/2014.
- María Vázquez Suárez na páxina web A Coruña das mulleres.