Saltar ao contido

María Vieites Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Vieites Díaz
Biografía
Nacemento1991 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutora en filosofía (2014–2019)
Universidade de Santiago de Compostela - Mestrado en ciencias (2013–2014)
Universidade de Santiago de Compostela - graduado en ciencias (2009–2013)
IES Porta da Auga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica, investigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Europeo para a Investigación Nuclear (2023–)
Escola Politécnica Federal de Lausana (2019–)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata

María Vieites Díaz, nada en Ribadeo en 1991, é unha científica galega, investigadora en física de altas enerxías.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras facer o ensino medio no IES Porta da Auga de Ribadeo, estudou na Universidade de Santiago, onde tras rematar CC. Físicas se doutorou en 2019. cunha tese sobre o estudo das diferenzas de comportamento entre materia e antimateria mediante a análise de amplitudes en decaementos de mesóns B no experimento LHCb do CERN

Fixo o posdoutoramento no LPHE (Laboratoire de Physique des Hautes Energies; en galego, Laboratorio de Física de Altas Enerxías) obtendo un posto no programa Ramón y Cajal, co que, tras varios anos no CERN e na École Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL, Suíza), retornou a Galicia no 2024.[1]

En xuño de dito ano, foi nomeada coordinadora adxunta no experimento LHCb do CERN,[2] un equipo de que forman parte máis de 1.700 persoas dun cento de institucións de 22 países. O seu nomeamento coincidiu coa fase previa a pasar a formar parte do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) en setembro de 2024.[3]

Foi relatora en diferentes congresos e seminarios en Europa e América, e participou en numerosas publicacións.[4][5][6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No 2020 foi recoñecida mellor científica galega menor de 30 anos.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]