María Xesús Lorenzana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) A Coruña, España |
Conselleira da Xunta de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
María Xesús Lorenzana Somoza, nada na Coruña en 1981, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña (2004) e ampliou os seus estudos en Dereito Autonómico no Instituto de Dereito Público de Barcelona. Aprobou as oposicións a letradas da Xunta en 2007. Ocupou diversos postos na Asesoría Xurídica da Xunta, entre eles, na asesoría xurídica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Desde novembro de 2011 até febreiro de 2013 foi a asesora xurídica da Presidencia da Xunta.
A partir de 2013 e durante sete anos, foi secretaria xeral técnica de diversas consellarías: Traballo e Benestar (2013), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015), e Medio Rural (2018).
En setembro de 2020 foi nomeada conselleira de Emprego e Igualdade, unha consellería nova con competencias que até ese momento dependían de Economía.[1] En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Economía, Industria e Innovación e substituída por Elena Rivo López como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[2]
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La coruñesa María Jesús Lorenzana Somoza, nueva conselleira de Emprego e Igualdade
- ↑ Rueda entrega a Lorenzana el control de la economía y sitúa a Vázquez como vicepresidenta
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.