María de Villarino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() Chivilcoy, Arxentina (pt) ![]() ![]() |
Morte | 6 de xuño de 1994 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Educación | Universidade Nacional de La Plata ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide ![]() |
María de Villarino, nada en Chivilcoy, Provincia de Buenos Aires, en 1905 ou 1909 e finada en Buenos Aires o 6 de xuño de 1994, foi unha escritora e poeta arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa mocidade, obtivo un profesorado en literatura, graduándose na Facultade de Filosofía e Letras da cidade da Prata, cidade na que estivo radicada, desenvolveu practicamente toda a súa obra e onde exerceu como docente. Posteriormente, foi unha asidua colaboradora do xornal arxentino La Nación e das revistas Sur, Nosotros e Humanidades.[1]
Cos poemas reunidos en Tiempo de angustia (1938) obtivo o Premio Municipal e recibiu en 1982 o Gran Premio de Honra da Sociedada Arxentina de Escritores (SADE). Presidiu a SADE no período 1973-75 e o seu relato autobiográfico Luz de memorias obtivo o Premio Nacional en 1948. En 1950 publicou un segundo volume de narracións, La rosa no debe morir, e outras das súas obras poéticas foron: Calle apartada, Nuevas coplas de Martín Fierro, Junco sin sueño, Elegía del recuerdo e Los nombres de la vida: ciento y un sonetos[2].
Traduciu ao castelán o poemario Pranto matricial de Valentín Paz-Andrade 1955).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María de Villarino" (en castelán). Páxina oficial da Fundación Konex. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ "Efemérides" (en castelán). Ministerio de Educación. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2011.