María de Villota
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de Villota Comba ![]() 13 de xaneiro de 1979 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 11 de outubro de 2013 ![]() Sevilla, España ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo ![]() |
Nacionalidade deportiva | España ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Familia | |
Pai | Emilio de Villota ![]() |
Irmáns | Emilio de Villota, Jr. ![]() |
Cronoloxía | |
3 de xullo de 2012 | accidente de coche (Duxford Aerodrome (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | legadomariadevillota.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María de Villota Comba, nada en Madrid o 13 de xaneiro de 1980 e finada en Sevilla o 11 de outubro de 2013, foi unha piloto española de coches de carreiras. Era filla do expiloto de Fórmula 1 Emilio de Villota e irmá de Emilio de Villota Jr., quen do mesmo xeito que a súa irmá competiu na Formula Palmer Audi.
Carreira
[editar | editar a fonte]De Villota competiu na World Touring Car Championship e nas ADAC Procar Series. En agosto de 2009, asinou un contrato co Atlético de Madrid polo resto da tempada na Superleague Formula.
O 18 de agosto de 2011, o equipo Lotus Renault GP confirmou que De Villota fixera unha proba de debut na Fórmula 1 nun Renault R29 no circuíto Paul Ricard, e estaban en conversacións para conseguir un asento como piloto de probas na F1,[1]. En decembro reiterou o seu desexo de traballar co equipo en 2011, engadindo que estaba en conversacións avanzadas para o papel de terceiro piloto.[2]
O 7 de marzo de 2012, anunciouse que María de Villota uniuse a Marussia F1 Team como piloto de probas,[3] coa oportunidade de probar o coche de F1 a finais de ano.[4]
O 3 de xullo de 2012 sufriu un grave accidente no aeródromo de Duxford (Cambridgeshire, Reino Unido) mentres realizaba unhas probas de aerodinámica para o seu equipo. A súa vida chegou a correr serio perigo, pero tras unha rápida intervención dos servizos de urxencia estabilizóuselle. Desafortunadamente, a causa do accidente, María perdeu o ollo dereito. O accidente tivo lugar por un sistema que teñen os coches de F1. Cando o motor alcanza un nivel de revolucións baixo, o sistema aumenta as revolucións ao 50% da potencia actual. O accidente ocorreu cando o coche de María estaba ao ralentí e chocou contra un tráiler aparcado a pé de pista e coa rampla a media altura o que fixo que o accidente fóra de maior gravidade.[5] Pouco máis dun ano despois do accidente é atopada morta nun hotel de Sevilla, días antes de pronunciar unha conferencia e de presentar o seu libro La vida es un regalo.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Superleague Formula
[editar | editar a fonte]2009
[editar | editar a fonte]- Nota: As carreiras en negra indican pole position. As carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Club | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | Posición | Puntos | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Atlético Madrid | Alan Docking Racing | MAG | ZOL | DON | EST | MOZ | JAR | 15º | 202 | ||||||
14 | 13 | 14 | 10 | 17 | 7 |
2009 Super Final Results
[editar | editar a fonte]- Os puntos dos resultados da Super Final en 2009 non contaban para o campionato principal.
Ano | Club | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Atlético Madrid Alan Docking Racing |
MAG | ZOL | DON | EST NSC |
MOZ N/A |
JAR NSC |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ F1: Female Driver De Villota In Talks For F1 Test Seat Arquivado 12 de novembro de 2012 en Wayback Machine. Speed.com. Posted August 19, 2011. GMM Newswire.
- ↑ Weeks, James (1 December 2011). "De Villota aiming for Lotus Renault third driver role in 2012". motorstv.com (Motors TV). Consultado o 1 December 2011.
- ↑ "Spaniard Maria de Villota joins our test driver programme". Marussia F1 Team. 7 March 2012. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 9 March 2012.
- ↑ "Maria de Villota joins Marussia F1 team as test driver for the 2012 season". Autosport. 7 March 2012. Consultado o 9 March 2012.
- ↑ "María de Villota, intervenida de una fractura de cráneo tras su grave accidente en Duxford", rtve.es (en castelán).
- ↑ "Aparece morta a ex piloto María de Villota". De luns a venres. 11 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2013. Consultado o 11 de outubro de 2013.