María del Carmen Deus Feal
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 A Coruña, España |
Morte | 29 de outubro de 2013 (76/77 anos) |
María del Carmen Deus Feal, nada na Coruña en 1936 e finada na mesma cidade o 29 de outubro de 2013, foi unha locutora e actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como membro do grupo de teatro da Agrupación Cultural O Facho, participou na obra O señor Bonhome e os incendiarios (1966). Co grupo Tespis, en A noite vai como un río (1973). Co grupo de teatro Breogania en A tía Lambida (1975) e coa Compañía Mili Porta en A represa e o río (1983).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Lourenzo, Manuel (1987). Dicionário do teatro galego. Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-84-8341-146-9.