María del Carmen Guisán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1947 (77 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Bilbao |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Familia | |
Irmáns | Esperanza Guisán |
Descrito pola fonte | Gallegos, (p.284) |
María del Carmen Guisán Seijas, nada na Coruña o 9 de agosto de 1947, é unha economista e profesora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guisán é profesora na Universidade de Santiago de Compostela e unha das 20 economistas españolas máis influentes segundo o xornal El Confidencial.[1] Actualmente é editora da revista académica Applied Econometrics and International Development.[2] Tamén foi editora doutras dúas Revistas académicas incluídas na base SCOPUS de Elsevier: Regional and Sectoral Economic Studies (2001-2020) e Revista Galega de Economía, no período 2014-2018. Ten publicacións en inglés, español, galego, francés e portugués.
O principal foco da súa investigación é a economía do desenvolvemento mundial, os modelos macroeconométricos e os estudos comparativos, nacionais e rexionais de economía europea. Publicou varios traballos sobre modelos macroeconómétricos. Ademais escribiu un libro de texto sobre econometría en castelán. Está incluída na lista das 20 economistas españolas máis influentes e na clasificación das 100 mulleres máis importantes das economías en IDEAS.[3] Participou nun debate de The New York Times sobre o futuro de Europa, argumentando que Alemaña debería insistir menos na austeridade e máis no emprego e desenvolvemento na zona euro.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Guisan, M. Carmen, Macro-econometric Models: The Role of Demand and Supply. ICFAI University Press, 2005.[5]
- Guisan, M. Carmen, Notable Spanish Women Economists: Pioneers, Doctoral Supervisors of Applied Economics and Top Researchers, 1975-2018, Regional and Sectoral Economic Studies, Vol. 18-1. (8) (2018)
- Guisan, M. Carmen; Aguayo, Eva; Exposito, Pilar (2001). "Economic growth and cycles: Cross-country models of education, industry and fertility and international comparisons". Applied Econometrics and International Development. 1 (1): 9–37.[6]
- Guisan, M. C.; Exposito, P. (2010). "Health Expenditure, Education, Government Effectiveness and Quality of Life in Africa and Asia". Regional and Sectoral Economic Studies. 10 (1).[7]
- Guisán(2013). Emprego Sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 978-84-9887-857-8
- Guisán(1990). Galicia 2000. Industria y Empleo. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¿Un Nobel para España? Esta es la lista de los mejores economistas". El Confidencial (en castelán). 2018-09-21. Consultado o 2020-03-28.
- ↑ "APPLIED ECONOMETRICS AND INTERNATIONAL DEVELOPMENT". www.usc.es. Consultado o 2020-03-28.
- ↑ "Top Female Economists Rankings | IDEAS/RePEc". ideas.repec.org. Consultado o 2020-03-29.
- ↑ "Germany Should Focus Less on Austerity in the E.U.". www.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2020-03-28.
- ↑ Guisan, Maria-Carmen (2005). Macro-econometric Models: The Role of Demand and Supply (en inglés). ICFAI University Press. ISBN 978-81-7881-778-1.
- ↑ Guisan, M. Carmen; Aguayo, Eva; Exposito, Pilar (2001). "Economic growth and cycles: Cross-country models of education, industry and fertility and international comparisons". Applied Econometrics and International Development (en inglés) 1 (1): 9–37.
- ↑ Guisan, M. C.; Exposito, P. (2010). "Health Expenditure, Education, Government Effectiveness and Quality of Life in Africa and Asia". Regional and Sectoral Economic Studies (en inglés) 10 (1).