Mar Caldas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Mar Rodríguez Caldas 25 de abril de 1964 (60 anos) Vigo, España |
Outros nomes | Mar Caldas |
Educación | Facultade de Belas Artes de Pontevedra Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | artista, pintora |
Mar Caldas, nada en Vigo o 25 de abril de 1964,[1] é unha artista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora pola Universidade de Vigo, obtivo o premio extraordinario pola tese El valor y el significado de los productos culturales. Desplazamientos y fricciones en las transacciones artísticas contemporáneas, dirixida por Jesús Hernández Sánchez. Formou parte do Comité Científico do I Congreso de Xénero, Museos e Arte (2013).[2][3]
Participou en diversos obradoiros na Habana, Donostia, Mallorca e o Brasil. Traballa coa imaxe fotográfica, a partir de instalacións, fotos en branco e negro, e cadros utilizados como obxecto narrativo. En 1999 recibiu a Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro Unión Fenosa [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curriculum vitae" (PDF). Artistas MAC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "Secións". Consello da Cultura Galega. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "I Congreso Xénero, Museos e Arte". www.museolugo.org (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ Barro, David (12 de decembro de 2002). "Arrebato de frescura". www.elcultural.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Caldas, Mar". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 162.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Caldas, Mar". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 92. ISBN 84-8064-113-4.