Mar y Tierra
Mar y Tierra | |
---|---|
Fundación | 1932 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mar y Tierra foi unha publicación periódica, voceiro da federación nacional de industria pesqueira da Confederación Nacional do Traballo. A súa cabeceira estaba deseñada por Álvaro Cebreiro.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Veu substituír a Redención Marítima. O primeiro número, editado o 1 de xaneiro de 1932, foi impreso na Coruña e dirixido por José Villaverde Velo, coa axuda do patrón Manuel Montes. Posteriormente a súa redacción mudouse a Vigo, sendo dirixido por Manuel Fandiño Ricart, coa axuda de José Campos, Eduardo Collado, Dalmacio Bragado e o propio Manuel Montes. Na revista colaboraron militantes como Vicente Vales Lorenzo.
Distribuíase por todo o litoral español, pero tivo periodicidade irregular, por mor das dificultades económicas dos sindicatos mariñeiros, derivadas dos conflitos laborais. Mantívose até mediados de 1933.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Mar y Tierra". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 167. ISBN 84-87783-79-1.
- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.
- Pérez Pais, Carmen (2005). "Mar y Tierra". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.