Marcón, Pontevedra
Marcón | |
---|---|
![]() Igrexa de San Miguel de Marcón. | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′45″N 8°36′52″O / 42.4125, -8.61444444 |
Área | 9,16 km² |
Poboación | 2105 hab. (2017) |
Densidade | 229,8 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Marcón é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal (INE) en 2017 tiña 2105 habitantes (1012 homes e 1093 mulleres), 15 menos ca no ano anterior.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia sitúase ao pé do monte da Fracha (545 m). Limita coa Canicouva, Tomeza, Bora, Mourente e Tourón. Está atravesada polo río de Pintos, afluente do río dos Gafos.
No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A súa igrexa parroquial (do século XX, que mestura estilos románico e gótico), a casa reitoral e a ponte do Couto son as mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental. A fonte dos Bañiños é de augas medicinais.
No campo de fútbol do Carrasco xoga o Marcón Atlético, e pola parroquia discorre a proba de rally Subida Cidade de Pontevedra, que remata no polígono industrial do Campiño.
Festas
[editar | editar a fonte]A parroquia celebra as festas de San Miguel os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Marcón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Marcón no concello de Pontevedra | |
---|---|
Albeiro | A Barcia | A Cardosa | Carracido | A Ermida | Marcón | Pazos | Pedra do Lagarto | Peralba | Pintos | Ría de Abaixo | Ría de Arriba | Sabarís | Valadares | Vilafranca |