Marc García
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1996 (28 anos) Manresa, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 197 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Marc García Antonell, nado o 7 de marzo de 1996 en Manresa, Cataluña, é un xogador español de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do Sant Josep Obrer, do CTE Illes Balears e do Bàsquet Manresa, actualmente é axente libre despois de formar parte do elenco para a pretemporada do Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,98 m, xoga na posición de escolta.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Manresa, García formouse nas categorías inferiores do principal equipo da súa cidade natal, o Bàsquet Manresa. Porsteriormente pasou ao FC Barcelona B, onde disputou a súa primeira campaña como sénior (2012−13). No verán de 2014 volveu a Manresa cedido, dando os seus primeiros pasos na Liga ACB durante a temporada 2014−15. Despois dun ano en Manresa, volveu ao Barça B para disputar a temporada 2015−16 da LEB Ouro, liderando o equipo en anotación con 16,2 puntos por partido.
En xullo de 2016, García asinou un contrato de cesión co CB Sevilla da ACB por dous anos. Con todo, após o descenso do equipo andaluz, o Barcelona rescindiu o contrato de préstamo. Ese mesmo mes, García conseguiu a medalla de ouro no Campionato de Europa sub-20, gañando a final ante Lituania, sendo o xogador nomeado MVP do torneo. Após un ano en Barcelona, o 20 de xullo de 2018 García asinou un contrato por tres temporadas co Montakit Fuenlabrada, onde chega a destacar superando os 10 puntos de media por partido no segundo e no terceiro ano. Despois de finalizar o seu contrato asina co San Pablo, equipo co que goza de menos protagonismo e que acaba por descender á LEB Ouro. Despois de finalizar a súa temporada, asina co Río Breogán da Liga ACB para realizar a pretemporada co club.[1]
Clubs
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira, García ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
- FC Barcelona B (LEB Ouro, 2012–2014)
- La Bruixa D'Or Manresa (ACB, 2014−2015)
- FC Barcelona B (LEB Ouro, 2015–2016)
- Real Betis Energía Plus (ACB, 2016–2017)
- FC Barcelona B (LEB Ouro, 2017–2018)
- FC Barcelona (ACB / Euroliga, 2017)
- Baloncesto Fuenlabrada (ACB / Champions League, 2018−2021)
- San Pablo (ACB, 2021−2022)
- CB Breogán (Champions League, 2022− )
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Marc García incorpórase á pretempada do Río Breogán". CB Breogán. 13 de agosto de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Marc García, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en Proballers (en inglés)
- Nados en 1996
- Nados en Manresa
- Xogadores de baloncesto de España
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet B
- Xogadores do Bàsquet Manresa
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada
- Xogadores do CB Miraflores
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán