Marc Montalvo
Nome orixinal | Marc Montalvo Antequera |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de abril de 2002 (22 anos) |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista |
Marc Montalvo Antequera, nado en Riudoms o 9 de abril de 2002 é un futbolista español que xoga como centrocampista no Gimnàstic de Tarragona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na canteira do Gimnàstic de Tarragona en setembro de 2010, con oito anos.[1] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, ata que en 2021 pasou ao filial do club, o La Pobla de Mafumet, da Terceira División RFEF.[2]
O 6 de febreiro de 2022 debutou co primeiro equipo do Nàstic na Primeira División RFEF, substituíndo a Pedro del Campo nunha vitoria por 1-0 ante o Real Madrid Castilla.[3] Para a tempada 2022/23 subiu definitivamente ao primeiro equipo,[4] facéndose coa titularidade por diante de Del Campo e da nova fichaxe Ander Gorostidi. Formou parella de mediocentros xunto a Eric Montes e converteuse no xogador máis destacado do equipo.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morato, Nil (5 de xullo de 2021). "Romero, Lorca y Montalvo harán la pretemporada con el primer equipo" (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2023.
- ↑ "Un empat que cal valorar" (en catalán). 6 de setembro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2023.
- ↑ "Nàstic 1-0 Real Madrid Castilla" (en catalán). 6 de febreiro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023.
- ↑ "Marc Montalvo, jugador del primer equip 2022-2023" (en catalán). 5 de xullo de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023.
- ↑ "Marc Montalvo se apodera del medio del campo con esfuerzo y constancia" (en castelán). 2 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2023.
- ↑ "El año de Marc Montalvo: el jugador más destacado del Nàstic" (en castelán). 23 de maio de 2023. Consultado o 13 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).