Marc Taeger
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Berna, Suíza |
Residencia | Bueu |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor, ilustrador |
Familia | |
Parella | Olalla González |
Marc Taeger (Marc Taeger Eggimann), nado en Berna (Suíza) en 1963, é un pintor, escultor e ilustrador residente na Galiza.[1] [2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marc Taeger, nado en Suíza pasou a infancia entre Italia, Portugal, Alemaña e Suíza, viviu dous anos en Düsseldorf e vinte en Barcelona para fixar a súa residencia en Bueu. Estudou deseño gráfico e ilustracións en Barcelona e na Escola Superior de Comunicación Visual de Tréveris (Alemaña). Traballa como ilustrador e deseñador, con especialidade en animación, pintura, mural, escultura e arte gráfica.[3] Ten publicado en revistas e suplementos de prensa.
A súa obra expúxose por todo o mundo: Luxemburgo, Alemaña, China, España, Francia e Costa Rica.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Libros ilustrados
[editar | editar a fonte]- Garavanciño, con Olalla González (2008). 36 páxs. Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-8464-682-2. Tamén en castelán, catalán, portugués e italiano.
- Tic-tac, de Pablo Díaz (2010). Pontevedra: Kalandraka. 48 páxs. ISBN 978-84-8464-701-0. Libro disco.
- Artur, de Oli (2011). Pontevedra: Kalandraka. 26 páxs. ISBN 978-84-8464-388-3. Traducido ao catalán por Joan Barahona (ISBN 978-84-15170-07-5), ao portugués por Elisabete Ramos (ISBN 978-989-8205-65-0), ao éuscaro por Manu López Gaseni (ISBN 978-84-7681-677-6). En castelán Arturo (ISBN 978-8415250128).
- A guia necsia, de David Wapner (2013). Pontevedra: Faktoria K de Libros. 48 páxs. ISBN 9788415250548. Tamén en castelán.
- Elefante, un guisante, de Rafael Ordóñez (2017). Pontevedra: Kalandraka. 40 páxs. ISBN 9788492608829 . Tamén en castelán, catalán, francés e chinés.
- Un máis, con Olalla González (2017). 40 páxs. ISBN 978-8484643234. Tamén en castelán, éuscaro, portugués, italiano, inglés.
- Ciudades, de Fran Alonso (2018). Pontevedra: Kalandraka. 62 páxs. ISBN 978-84-8464-386-8.
- A verdadeira historia de Carapuchiña, de Antonio R. Almodóvar (2019). Pontevedra: Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-84-8464-512-2. Tamén en castelán, português, italiano.
- Aquiles o puntiño (2020). Pontevedra: Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-84-8464-568-9. En castelán, catalán, portugués, italiano.
- Extra!, de Paco Nogueiras (2020) Pontevedra: Kalandraka. 48 páxs. ISBN 978-84-1343-051-5. Libro disco.
- El elefante que perdió su ojo, de Boniface Ofogo (2023). ISBN 978-84-1343-262-5. Pontevedra: Kalandraka. 40 páxs. Tamén en catalán e éuscaro.
Tradutor
[editar | editar a fonte]- Catarina, o Oso e Pedro, de Christiane Pieper (2007). Pontevedra: Kalandraka.
Pemios
[editar | editar a fonte]- 2005: Premio Daniel Gil de Deseño Editorial polo traballo de ilustración en A verdadeira historia de Carapuchiña.[5]
- Dous premios LAUS que concede o ADG (Asociación de Deseñadores Gráficos de España).
- 2019: Un máis, XV Premio Sarmiento de Literatura Infantil.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marc Taeger - Atelier". Kalandraka TV. Consultado o 2024-08-08.
- ↑ moon, Por (2014-10-28). "MARC TAEGER". La Cerverina d'Art (en castelán). Consultado o 2024-08-08.
- ↑ "Who?". MARC TAEGER / ILLUSTRATOR (en castelán). 2018-03-19. Consultado o 2024-08-08.
- ↑ "Kalandraka - Libros para soñar Taeger, Marc". kalandraka.com. Consultado o 2024-08-08.
- ↑ Press, Europa (2006-01-17). "El ilustrador Marc Taeger gana el III Premio Daniel Gil de Diseño Editorial con 'La verdadera historia de Caperucita'". www.europapress.es. Consultado o 2024-08-08.
- ↑ "Un máis - Olalla González y Marc Taeger". Kalandraka TV. Consultado o 2024-08-08.