Marc Trilles
Trilles | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Marc Trilles Gil | ||
Nacemento | 8 de agosto de 1991 | ||
Lugar de nacemento | Vilafamés | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Tarazona | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2005 | Vall d'Alba | ||
2005–2010 | Castellón | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2011 | Castellón B | 9 | (1) |
2010–2014 | Castellón | 99 | (3) |
2014–2015 | Borriol | 27 | (3) |
2015–2017 | Atlético Saguntino | 62 | (0) |
2017–2020 | Lleida Esportiu | 69 | (0) |
2020–2023 | Gimnàstic | 54 | (1) |
2023– | Tarazona | 19 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Marc Trilles Gil, nado en Vilafamés (Castelló), o 8 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como defensa central no Tarazona, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Vall d'Alba, antes de ingresar en 2005 na canteira do Castellón.[1] Despois de pasar polas categorías inferiores e polo filial, debutou co primeiro equipo en 2010, na Segunda División, co equipo xa matematicamente descendido. Viviu os peores anos da historia do club, que foi descendido administrativo a Terceira e estivo a piques de desaparecer. Xogou no equipo orellut ata 2014, cando un enfrontamento co presidente David Cruz provocou que o seu contrato non fose renovado a pesar de ser un símbolo para os seareiros do club.[1][2][3]
Aínda que pensou en deixar o fútbol, acabou fichando polo Borriol, de Preferente,[1] onde xogou durante un ano, antes de militar durante dúas campañas no Atlético Saguntino, gañando un ascenso a Segunda B e unha Copa Federación. Entre 2017 e 2020 xogou co Lleida en Segunda B, pasando a continuación outros tres anos no Gimnàstic de Tarragona, antes de fichar en 2023 polo Tarazona.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Marc Trilles: "Sigo teniendo la ilusión de algún día volver a vestir de albinegro"" (en castelán). 14 de outubro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2024.
- ↑ "Una acalorada discusión con Cruz tras el entrenamiento motiva la inesperada baja a Marc Trilles". El Mundo (en castelán). 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2024.
- ↑ "Desencanto, desilusión y malestar entre la afición por la no renovación de Marc Trilles" (en castelán). 24 de maio de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2024.
- ↑ "Marc Trilles y Isaac Amoah, nuevos fichajes de la SD Tarazona" (en castelán). 31 de xullo de 2023. Consultado o 19 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).