Saltar ao contido

Marcelino Martínez Morás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcelino Martínez Morás
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1895 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiAndrés Martínez Salazar Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Martínez Morás
Andrés Martínez Morás Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario biográfico de Galicia
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1358879 BUSC: martinez-moras-marcelino-1895-1921 Dialnet: 3386886

Marcelino Martínez Morás, nado na Coruña o 28 de novembro de 1895 e finado en Vigo o 9 de novembro de 1963,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Síntesis económica de Galicia.

Profesor mercantil, foi caixeiro da casa Jáudenes Bárcena. Foi director da Escola Profesional de Comercio de Vigo (1954-1961). Foi cónsul honorario de Bolivia en Vigo, encargado do consulado de Cuba na mesma cidade e tesoureiro, secretario e decano do corpo consular de Vigo. Colaborou na prensa (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Industria Conservera, La Noche, La Voz de Galicia, Boletín da Real Academia Galega, segunda época de Vida Gallega… ) usando ás veces os pseudónimos de Emetrés ou Noezas. É autor de Síntesis económica de Galicia (1958). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con Juana Soria Rey en 1921. Moitos anos despois, en 1991, o seu fillo Andrés Martínez-Morás Soria foi socio fundador do Instituto de Estudios Vigueses e foi o seu primeiro director.

  1. El Pueblo Gallego, 10-11-1963, p. 10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]