Saltar ao contido

Marcial Dorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcial Dorado
Biografía
Nacemento(es) Marcial Dorado Baúlde Editar o valor en Wikidata
2 de abril de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Cambados, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAgricultura e narcotráfico (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncontrabandista, emprendedor, narcotraficante Editar o valor en Wikidata


Marcial Dorado Baúlde, nado en Cambados o 2 de abril de 1950, é un empresario galego. Dende hai anos reside na Illa de Arousa, após ser condenado por contrabando e narcotráfico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar para o contrabandista de tabaco Vicente Otero Pérez "Terito" como piloto de lanchas motoras de alta velocidade. A partir de aí desenvolveu unha ampla carreira profesional que o levou a ser propietario de terreos, estacións de servizo, adegas etcétera. Nos anos noventa foi detido e condenado por contrabando de tabaco. En 2003 foi detido pola orde do xuíz José Antonio Vázquez Taín pola súa implicación na introdución en Galicia a bordo do barco South Sea, de seis toneladas e media de cocaína, unha das maiores cantidades intervidas en Europa.[1] Xulgado na Audiencia Nacional, foi condenado en 2009 a 10 anos de cárcere e ao pago de dúas multas de case 70 millóns de euros.[1] Durante o proceso apreixáronlle propiedades vitivinícolas, case duascentas propiedades inmobiliarias, e contas en Suíza, Portugal e as Bahamas[2].

No momento de coñecerse a sentenza, xa estaba en prisión por outro asunto, o suborno a dous gardas civís durante a súa etapa de contrabandista de tabaco a finais dos anos 70, polo que fora condenado en 2006 a 2 anos e medio de cárcere, ingresando na prisión da Lama en 2007.[3] En 2015 foi condenado pola Audiencia Nacional a outros 6 anos de prisión e a pagar 21 millóns de euros por un delito branqueo de capital,[4] condena ratificada un ano despois polo Tribunal Supremo.[5]

Amizade con Alberto Núñez Feijóo

[editar | editar a fonte]

En 2013 publicáronse fotos no xornal El País, onde aparecía navegando co que daquela era secretario xeral do Sergas, e posteriormente presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo[6], e que xeraría un posterior debate político en Galicia. En 2020 concedeu unha entrevista a Jordi Évole, na que falou sobre a súa amizade con Feijóo.[7] A entrevista provocou que toda a oposición en Galicia pedise explicacións ao presidente, ao que acusaron de mentir cando se escudou en que non era unha relación estreita, mentres que Dorado afirma o contrario.[8]

  1. 1,0 1,1 "Marcial Dorado, condenado por vez primera a diez años". Faro de Vigo (en castelán). 18 de novembro de 2009. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  2. Radiografía de Marcial Dorado, el narco con el que veraneó Feijóo Arquivado 03 de abril de 2013 en Wayback Machine., Vanity Fair, 1/4/2013.
  3. "Marcial Dorado, el último de los grandes capos, ingresa en prisión" (en castelán). 9 de outubbro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  4. Lois, Elisa (6 de febreiro de 2015). "Marcial Dorado, condenado a seis años por blanqueo". El País (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2020. 
  5. "El Supremo ratifica la condena del narcotraficante Marcial Dorado" (en castelán). 5 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2020. 
  6. De vacaciones con el contrabandista, El País, 30/3/2013.
  7. Jabois, Manuel (10 de maio de 2020). "Marcial Dorado: “Fui yo el que dejó a Feijóo”". El País (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2020. 
  8. "Toda a oposición a Feijóo: "ten que explicar a súa relación cun dos narcos máis importantes de Europa"". Galicia Confidencial. 11 de maio de 2020. Consultado o 12 de maio de 2020.