Saltar ao contido

Marcial Moure González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcial Moure González
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1894 Editar o valor en Wikidata
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata

Marcial Moure González, finado na Estrada o 10 de xaneiro de 1894, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un dos membros do Comité Republicano de Santiago de Compostela que asinaron un manifesto o 25 de decembro de 1869, polo que foron denunciados. Xulgados na Audiencia provincial da Coruña, foron absoltos en abril de 1871.[1] Foi nomeado vicepresidente primeiro da Xunta de Goberno Republicana de Santiago en febreiro de 1873. Foi elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela nas eleccións de 1873. Foi director farmacéutico do Gran Hospital de Santiago ata que a súa praza foi suprimida pola Deputación da Coruña. En 1881 abreu farmacia en Pontevedra.[2] Puxo á venda a farmacia en 1884.[3] Estableceuse na Estrada, onde finou o 10 xaneiro de 1894.[4][5]

  1. La Aurora de Galicia, 24-4-1871, p. 1.
  2. Gaceta de Galicia, 3-3-1881, p. 3.
  3. Gaceta de Galicia, 25-4-1884, p. 3.
  4. El Heraldo de Madrid, 18-1-1894, p. 3.
  5. El Eco de Galicia, 10-2-1894, p, 3.