Marco Križevčanin
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1589 ![]() Križevci, Croacia (en) ![]() ![]() |
Morte | 7 de setembro de 1619 ![]() Košice, Eslovaquia ![]() |
Causa da morte | pena de morte, decapitación ![]() |
Lugar de sepultura | Church of Saint Anne (en) ![]() ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Graz Collegium Germanicum et Hungaricum (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Teólogo católico, misioneiro, sacerdote católico ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 7 de setembro ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Marco Križevčanin (en húngaro: Márk Kőrösi), nado en Križevci en 1589 e finado en Kassa o 7 de setembro de 1619, foi un relixioso católico considerado santo e mártir pola Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha nobre familia croata, estudou no colexio Xesuíta de Graz, onde foi discípulo de Péter Pázmány, importante figura da contrarreforma en Hungría. Estudou na Universidade Gregoriana de Roma (1611-1615), no colexio xermano-húngaro, e ao remate foi enviado a Zagreb. Permaneceu pouco tempo nesa cidade, xa que foi chamado polo seu antigo mestre Pázmány para levar o seminario de Trnava.
A comezos de 1619 fíxose cargo da abadía bieita de Krána, nos arredores de Kassa, entón unha cidade de maioría calvinista pertencente a Hungría; el e os relixiosos Pongrácz e Melchor Grodzieck realizaron esforzos por revitalizar o catolicismo na rexión, o que provocou o enfado dos calvinistas e que os acusaron da queima da cidade que se produciu o 13 de xullo de 1619. Coincidiron estes feitos coa guerra que mantiña Gabriel Bethlen, príncipe húngaro de Transilvania e calvinista, contra o emperador. As forzas de Xurxo I Rákoczi, comandante do exército transilvano, puxeron sitio a Kosice e entraron na cidade, prendendo os tres relixiosos e o gobernador católico da cidade. O 7 de setembro, Krizevcanin foi martirizado e decapitado por non renunciar ao catolicismo.
Foi beatificado en 1905 e canonizado o 2 de xullo de 1995.