Marcos Besada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Salceda de Caselas, España |
Alcalde de Salceda de Caselas | |
2007 – 2019 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Salceda de Caselas |
Ocupación | político, enxeñeiro industrial |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Marcos David Besada Pérez,[1] nado en Salceda de Caselas en 1975, é un político galego, alcalde de Salceda de Caselas desde 2007 ata 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro técnico industrial[2], a súa candidatura polo BNG gañou as eleccións municipais de 2007 de Salceda de Caselas, deixando fóra do poder tras 31 anos na alcaldía a José Manuel Fernández do PPdG. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE. O 12 de abril de 2013 anunciou o seu abandono do BNG xunto cos cinco edís do seu grupo.[3] Dende entón militou no grupo Movemento Salceda,[4] co cal recuncou na alcaldía en 2015. Volveu presentarse en 2019 mais non chegou a recoller a acta de concelleiro após perder a súa formación a condición de forza máis votada.[5] Dolores Castiñeira, seguinte na lista de Movemento Salceda, sucedeuno na alcaldía en virtude dun pacto cos socialistas.
Predecesor: José Manuel Fernández Rodríguez |
Alcalde de Salceda de Caselas 2007 - 2019 |
Sucesor: María Dolores Castiñeira Alén |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eleccións municipais 2011 no Faro de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ Marcos Bicada (sic) volverá ser o candidato de Movemento Salceda nos próximos comicios locais (fe de errores publicada o día seguinte)
- ↑ "El alcalde de Salceda y sus cinco ediles dejan el BNG, que agrava su pérdida de poder local", artigo no Faro de Vigo, 13 de abril de 2013 (en castelán).
- ↑ El 90% de la militancia de Salceda (Pontevedra) deja el BNG y constituye, incluido el alcalde, 'Movemento Salceda'
- ↑ Diario, Nós. "Renuncia o alcalde de Salceda Marcos Besada". Nós Diario. Consultado o 2021-11-15.