Marcos Lorenzo Gallego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (54/55 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xestor cultural |
Marcos Lorenzo Gallego, nado na Coruña en 1970, é un economista e antropólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), é Diploma de Estudos Avanzados en Antropoloxía Social polo programa de Doutoramento en Antropoloxía Social da USC (1997)[1], máster en Cooperación Internacional, xestión de ONG's e voluntariado (1999) e posgrao en xestión cultural (2006). Fundador e director da empresa e-Burbulla S.A., foi asesor cultural do Concello de Ferrol (2007-2009),[2] e xerente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Coordinou proxectos europeos para a Fundación Galicia Emigración e fundou a empresa de consultaría Cidadanía S. Coop. Galega. É membro da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. Dende xuño de 2020 é técnico en xestión cultural do Concello de Ferrol.[3][4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Liquidación de existencias (2005). Ourense: Artes e ideas difusora de letras. 220 paxs. ISBN 9788493389048.
- Vividores: Karlotti, un poema crónico (2013). Axóuxere Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-941379-0-7.
- Dous escritos sobre a felicidade (2021). Ed. Embora. 144 páxs. ISBN 978-84-17824-49-5.[5]
Poesía
[editar | editar a fonte]- ENSER. O que son as cousas (2022). Vigo: Galaxia. 134 páxs. ISBN 978-84-9151-919-5.[6]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A xestión cultural en Galicia (2019).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Currivulum Vitae" (PDF). CV MARCOS LORENZO GALLEGO. Consultado o 21/01/2024.
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 1-11-2007, p. 16.
- ↑ El Concello de Ferrol cuenta por fin con un técnico en gestión cultural: Marcos Lorenzo Gallego
- ↑ "Liquidación de existencias" (PDF). culturagalega.gal.
- ↑ Xolda.com. "Edicións Embora - Título Dous escritos sobre a felicidade". www.edicionsembora.es. Consultado o 2021-10-09.
- ↑ Castro Rey, Ignacio (abril, maio, xuño 2023). "A necesidade de estoupar". Grial LXI (238): 82–83. ISSN 0017-4181.