Marcos Seixo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (65/66 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Marcos Seixo Pastor, nado en Lugo en 1959, é un historiador e investigador galego da etnografía e a literatura galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de Lingua e Literatura no Instituto Valle Inclán de Pontevedra. Como músico formou parte dos grupos Verbo Xido e Quinta Feira. Na faceta de escritor cómpre destacar como autor das primeiras biografías de Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús González, a edición dalgunhas das súas obras, así como distintos traballos sobre a represión franquista e algúns artigos en distintos medios. É membro da Asociación Cultural O Meigallo de Cuntis, da Comisión pola Memoria Siñor Afranio e coordinador, dende 1999, da revista cultural A Taboada, na que ten publicado traballos de carácter histórico, literario e etnográfico.
Obra
[editar | editar a fonte]Investigación
[editar | editar a fonte]- Roberto Blanco Torres, 1998, A Nosa Terra.
- Xoán Xesús González: canteiro, xornalista, escritor e político, 2007, Ir Indo.
- A loita permanente de Xoán Xesús González, 2008, A Nosa Terra.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Xornalismo irmandiño, de Roberto Blanco Torres, 1999, A Nosa Terra.
- A modelo de Paco Asorei de Xoán Xesús González, 2002, Xerais.
- Felisa de Xoán Xesús González, 2007, Fervenza.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Roberto Blanco Torres. Vida e obra, 1999, Xerais.
- Roberto Blanco Torres: vida, obra e pensamento, 2002, Edicións Fouce, A Estrada. Con Belén Pazos Touriño e Pilar Pena Búa.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria de Narón, 2003.
- Xornalistas con opinión, 2007, Galaxia.
- Homenaxe a Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela, Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Memoria de Cuntis (blog de Marcos Seixo)