Marful (grupo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Marful.
Marful é un grupo de música galega composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa música lembra os salóns de bailes con balcóns das décadas de 1930 e 1940, inspirada neles e na introdución das primeiras jazz-band en Galiza e na súa fusión coa música folk. Combinan ritmos bailábeis americanos e europeos, como tangos, habaneras ou foxtrot, con letras actuais de corte social.
O grupo ten actuado en París, Cataluña e Portugal ademais de Galiza.
O día 30 de novembro de 2019[1], tras moito tempo separados, deron o seu derradeiro concerto no Culturgal coa participación de Sabela Ramil, quen concursara cunha das súas cancións en Operación Triunfo.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Marful (Ediciones Efímeras, 2006)
- Manual de sedución (2010)[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O 'Tristrás' máis especial de Marful e Sabela, no escenario de Culturgal". Consultado o 2019-12-01.
- ↑ "Souto: “Marful representa a banda imposible”" Arquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine., artigo de Alberto Ramos en Xornal de Galicia, 15 de setembro de 2010.