Saltar ao contido

Marga Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarga Pazos
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Educacióncampus de Pontevedra
Facultade de Comunicación de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Margarita "Marga" Pazos Barcala, nada na Coruña[1] é unha xornalista e presentadora de televisión galega. Nos Premios Mestre Mateo 2014 recibiu o galardón á mellor comunicadora de televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Malia nacer na cidade da Coruña, criouse na Estrada dende nena. Foi a presentadora da cerimonia dos Premios Mestre Mateo 2015 xunto con Xosé Antonio Touriñán.[2]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2003 Mellor comunicadora de televisión Telexornal – Informativos Nomeada
2014 Mellor comunicadora de televisión Telexornal Mediodía Gañadora

Televisión

[editar | editar a fonte]

Represalias da CRTVG

[editar | editar a fonte]

Marga Pazos foi relegada a un posto de locutora logo de gañar unha sentenza contra a TVG, declarar no xuízo que condenou a Corporación por vulnerar o dereito á folga no 8-M e dar a cara -con lectura de manifesto incluído- nas mobilizacións dos seus compañeiros.[3][4]

Segundo o colectivo Defende a Galega e o comité de empresa, a TVG prohibiulle a Pazos desempeñar as funcións de redactora tras 20 anos como reacción a unha sentenza que lle recoñecera a equiparación salarial como redactora. O comité acusou á dirección da CRTVG de aplicar unha severa represalia sen precedentes contra ela, limitando as súas funcións a pesar da sentenza xudicial que recoñecía o seu dereito a un complemento salarial.[5]

  1. Torres, Raquel. "La periodista Marga Pazos pregonará la 42 Festa do Salmón de A Estrada". Diario de Pontevedra. Consultado o 2 de marzo de 2018. 
  2. "Marga Pazos e Touriñán presentan a gala". CRTVG. 23 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 2 de marzo de 2018. 
  3. "Cinco anos de Defende A Galega: máis conflito e menos medo na loita contra a "manipulación" na CRTVG". Praza Pública. 2023-05-25. Consultado o 2024-12-01. 
  4. "Persoal da TVG revela "represalias" á xornalista que denunciou o boicot da canle á folga do 8M". Praza Pública. 2019-02-06. Consultado o 2024-12-01. 
  5. "A CRTVG prohíbelle a Marga Pazos desempeñar as funcións de redactora tras 20 anos". facebook; Defende a Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]