Margaret Cavendish
Nome orixinal | (en) Margaret Cavendish, Duchess of Newcastle-upon-Tyne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1623 Colchester, Reino Unido (pt) |
Morte | 15 de decembro de 1673 (49/50 anos) Reino de Inglaterra |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, ensaio e literatura inglesa |
Ocupación | filósofa, ensaísta, escritora de ciencia ficción, escritora, física, poetisa, dama de compañía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Duquesa |
Cónxuxe | William Cavendish, 1.° Duque de Newcastle-upon-Tyne (1645–) |
Pais | Thomas Lucas e Elizabeth Leighton |
Irmáns | John Lucas, 1st Baron Lucas of Shenfield Charles Lucas Thomas Lucas |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Library of the World's Best Literature Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) , (p.41-43) |
Margaret Cavendish, nada en 1623 e finada o 15 de decembro de 1673, foi unha escritora en lingua inglesa e Duquesa de Newcastle.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non recibiu unha educación diferente doutras nenas acomodadas da época. Con todo, destacou no seu interese pola ciencia natural e matemática. Exiliada coa súa familia por cuestións políticas en París no 1642, coñeceu e casou con William Cavendish, no 1645, co que desenvolveu a súa actividade e formou parte do grupo científico e intelectual da cidade. Coa restauración, o seu marido foi nomeado Duque de Newcastle, volvendo a Inglaterra. O seu campo de actuación abrangue a poesía, filosofía, ensaio... incluíndo a que se considera precursora das novelas de ficción científica, The Blazing World[1]. Editou a súa obra co seu propio nome, en contra do usual na época nas familias acomodadas, e é a única muller inglesa da época que publicou máis dun libro. Dentro da súa faceta científica destaca a publicación de Observations upon Experimental Philosophy no 1668.[2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margaret, Cavendish; Maria Antònia Martí Escayol (Editor/a), (2023). El món lluminós i altres textos de Margaret Cavendish. Barcelona. ISBN 978-84-124432-4-0.
- ↑ Lorenzo-Modia, María Jesús (2015). The Contribution of Margaret Cavendish to Scientific Knowledge. Arcibel. ISBN 978-84-15335-66-5.