Saltar ao contido

Margarita Mariscal de Gante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMargarita Mariscal de Gante

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Margarita Mariscal de Gante Mirón Editar o valor en Wikidata
10 de xaneiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
28 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Albacete

Ministro de Xustiza de España
6 de maio de 1996 – 27 de abril de 2000
← Juan Alberto BellochÁngel Acebes → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, xuíza, xurista, avogada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de agosto de 2020En defensa do reinado de Xoán Carlos I Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJaime Mariscal de Gante Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Margarita Mariscal de Gante y Mirón, nada en Madrid o 10 de xaneiro de 1954, é unha política e xurista española, ministra de Xustiza no primeiro goberno de José María Aznar, sendo a primeira muller que se puxo á fronte desta carteira en España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariscal de Gante naceu en 1954, filla de Jaime Mariscal de Ghent, xuíz do Tribunal de Orde Pública creado na España franquista. O irmán deste xuíz, o inspector Mariscal de Gante, foi tamén coñecido por convidar a Antonio González Pacheco, alias "Billy el Niño", a participar nunha celebración nunha comisaría de Madrid.[1][2]

Mariscal de Gante estudou dereito[3] na Universidade Complutense de Madrid, e en 1980 ingresou na carreira xudicial, ocupando unha praza no xulgado de Aguilar de la Frontera (Córdoba), e posteriormente de Aranjuez.[3] En 1986 foi nomeada maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia de Madrid, e o 6 de novembro de 1990, converteuse na primeira muller vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Coa vitoria do Partido Popular nas eleccións xerais de 1996 foi nomeada ministra de Xustiza por parte de José María Aznar na formación do seu primeiro goberno,[3][4] cargo que desenvolveu ata o final da lexislatura.[4][5]

Nas eleccións xerais do ano 2000 foi elixida deputada ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Albacete.[1] Dende abril de 2002 a xaneiro de 2004 foi vicepresidenta primeira da Mesa do Congreso.[5] Dende o 23 de xullo de 2012 é membro do Tribunal de Contas, elixida por parte do Senado.

  1. 1,0 1,1 "Mariscal de Gante Mirón, Margarita". Congress of Deputies. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  2. La Policía cierra sin castigo la investigación al mando que invitó a Billy el Niño a su comisaría (en castelán)
  3. 3,0 3,1 3,2 "Magistral conservadora". El Pais. 5 de maio de 1996. Consultado o 5 de xuño de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Spanish ministries". Rulers. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 "Spain Ministers". Women Guide. Consultado o 5 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Juan Alberto Belloch
 
Ministro de Xustiza de España
 
1996 - 2000
Sucesor:
Ángel Acebes