Marià Fortuny
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Nome orixinal | (es) Mariano Fortuny (ca) Marià Fortuny |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ca) Marià Josep Bernat Fortuny i Marsal 11 de xuño de 1838 Reus (España) |
Morte | 21 de novembro de 1874 (36 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano Església Prioral de Sant Pere de Reus (en) |
Educación | Nosa Señora da Caridade |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor, artista gráfico |
Período de actividade | 1853 - 1874 |
Movemento | Pintura do romanticismo e Orientalismo |
Profesores | Claudio Lorenzale |
Alumnos | Harrington Fitzgerald |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Cecilia de Madrazo |
Fillos | María Luisa Fortuny, Mariano Fortuny |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Obálky knih, |
Marià (Mariano) Fortuny i Marsal, de nome completo Marià Josep Maria Bernat Fortuny i Marsal (Reus, 11 de xuño de 1838 — Roma, 21 de novembro de 1874). Pintor e gravador catalán do século XIX.
Orfo desde moi neno, o seu avó foi o seu titor e o seu mellor valedor nos seus primeiros anos e na súa mocidade temperá, favorecendo a súa formación artística co pintor reusense Domènec Soberano. Tamén traballou co prateiro e ourive miniaturista reusense Antoni Bassa, quen influirá na minuciosidade que caracterizará no futuro a súa pintura.
En 1852 trasladouse a Barcelona en compañía do seu avó. Alí entrou a traballar no taller do escultor Domènech Tallarn, quen, satisfeito cos avances do seu novo alumno, xestionoulle unha pequena pensión da Obra Pía e a matrícula gratuíta na Escola de Belas Artes da Llotja, onde recibirá por primeira vez formación oficial. Os seus mestres na Escola serán Pau Milà i Fontanals, Lluís Rigalt e Claudi Lorenzale, membros do chamado Nazarenismo Catalán.