Marián Andrej Pacák
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1973 (51 anos) Levoča, Eslovaquia (pt) |
3º Bispo diocesano | |
5 de xullo de 2018 – 20 de outubro de 2020 ← John Stephen Pazak (pt) Diocese: Eparquia de Saints Cyril e Methodius de Toronto (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Academia Alfonsiana (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Igrexas católicas bizantinas, pastoral e ecclesiastical hierarchy (en) |
Ocupación | bispo católico (2018–), presbítero greco-católico (1998–), diácono (1997–) |
Membro de | |
Orde relixiosa | Congregación do Santísimo Redentor |
Consagración | Ján Babjak |
Cronoloxía | |
2 de setembro de 2018 | holy orders in the Catholic Church (en) |
12 de xullo de 1998 | holy orders in the Catholic Church (en) |
Marián Andrej Pacák, nado o 24 de abril de 1973 en Levoča (Checoslovaquia, hoxe Eslovaquia) é un relixioso greco-católico eslovaco, dende 2018 bispo de Santos Cirilo e Metodio de Toronto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de greco-católicos da rexión de Prešov, en Eslovaquia oriental. Logo de completar a súa educación, se uniu á Congregación do Santísimo Redentor o 16 de agosto de 1991. Na congregación fixo os votos solemnes o 16 de agosto de 1997, e foi ordenado sacerdote o 12 de xullo de 1998 por Milan Chautur, logo de completar os estudos de Filosofía e Teoloxía no Seminario Teolóxico Redentorista de Tuchów e na Pontificia Universidade San Xoán Paulo II en Cracovia.
Logo da súa ordenación exerceu de párroco en Stará Ľubovňa entre 1998 e 2001, e entre 2008 e 2015, e tamén en Michalovce entre 2004 e 2008. Entre 2001 e 2004 licenciouse en Teoloxía moral na Academia Afonsina de Roma. Dende 2015 até 2018 foi párroco en Vranov nad Topľou.
O 5 de xullo de 2018 foi nomeado bispo dos Santos Cirilo e Metodio de Toronto polo papa Francisco. Recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Ján Babjak o 2 de setembro do mesmo ano, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Košice Milan Chautur e ao bispo de Bratislava Peter Rusnak.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "V Michalovciach vysvätili biskupa Mariána Andreja Pacáka CSsR". Vatican News (en eslovaco). 2 de setembro de 2018. Consultado o 22/09/2018.
Pri svätej liturgii spojenej s chirotóniou bol hlavným svätiteľom prešovský arcibiskup metropolita Ján Babjak SJ, hlava Slovenskej gréckokatolíckej cirkvi sui iuris. Spolusvätiteľmi boli košický eparcha Milan Chautur a bratislavský eparcha Peter Rusnák.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: John Stephen Pazak |
Bispo dos Santos Cirilo e Metodio de Toronto dende 2018 |
Sucesor: (no cargo) |