Maria Antonia Señarís
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade da Coruña |
María Antonia Señarís Rodríguez, nada en Santiago de Compostela en 1965, é catedrática de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maria Antonia Señarís é licenciada e en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe un máster en Materiais de Interese Tecnolóxico e é doutora en Química pola Universidade Complutense de Madrid. [2]Foi bolseira Fullbrigt na Universidade de Texas en Austin, onde traballou co profesor John Goodenough, Premio Nobel de Química en 2019.
Dirixe o grupo de investigación en Química do Estado Sólido e Materiais da UDC, que desenvolve a súa investigación no ámbito da química e física do estado sólido e materiais.[3] É coinventora de dúas patentes en materiais dieléctricos e seis patentes sobre materiais e dispositivos calóricos.
Actualmente é vicepresidenta do Grupo Español de Química do Estado Sólido e Materiais da Real Sociedad Española de Química.[3] En 2021 María Antonia recibe a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía, da Real Academia Galega de Ciencias.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de María Antonia Señarís Rodríguez". UDC.
- ↑ "CV" (PDF). ACSUG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Redacción (2021-09-29). "Cinco recoñecidas figuras científicas reciben as Medallas de Investigación da RAGC". GCiencia. Consultado o 2021-09-29.