Maria Cristina Cavalcanti de Albuquerque
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 (81/82 anos) Vertentes, Brasil (pt) |
Educación | Universidade Federal de Pernambuco (pt) |
Actividade | |
Ocupación | psiquiatra, escritora, novelista |
María Cristina Cavalcanti de Albuquerque, nada en Vertentes en febreiro de 1943, é unha novelista, historiadora e psiquiatra brasileira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do médico e político Emídio Cavalcanti de Albuquerque e de Maria do Carmo Santana Cavalcanti. Desde moi novo tivo o seu interese esperto pola literatura e pola historiografía ao escoitar as historias que os seus avós e tíos lle contaban sobre a xenealoxía da Familia Albuquerque. É descendente do fidalgo portugués Xerome de Albuquerque.
Graduouse en medicina na Universidade Federal de Pernambuco (UFPE) e cursou posgrao en psiquiatría na Michigan State University, nos Estados Unidos. Foi profesora universitaria do Departamento de neuropsiquiatria da UFPE e presidente do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Xeográfico de Pernambuco.
Literatura
[editar | editar a fonte]Atribúe á paixón pola lectura de obras clásicas da literatura universal o amadurecimento como escritora ao longo dos anos. Os seus escritores preferidos son, na traxedia, o grego Eurípides; Shakespeare na tragicomédia; os grandes novelistas rusos Lev Tolstoi e Dostoievski. O conto, ten predilección por Tchekov, e en Marcel Proust ve a revolución do concepto de novela. Na poesía é grande admiradora de Rimbaud. Na literatura brasileira, aprecia o estilo esmerado de Machado de Assis e as creacións de João Cabral de Mello Neto e Gerardo Mello Mourão. O seu clásico favorito é Na procura do tempo perdido de Proust. Como libro de cabeceira, ten a Biblia de Xerusalén. Considera que o mellor libro da súa autoría é Luz do Abismo, publicado en 1996.
En 2012, realizou a charla "Matias, o magro" no auditorio do Museo do Estado de Pernambuco, baixo o patrocinio da Asociación de Amigos do Museu, tratando sobre a vida e realizacións do Conde de Alegrete Matias de Albuquerque, nobre luso que foi gobernador da Capitanía de Pernambuco e un dos Gobernadores xerais do Brasil.
En 2014 seguía cos preparativos finais para a publicación do seu novo libro, Múltiples Verdades, que ía tratar da interacción do lector-autor, o "útero" da creación literaria, segundo a autora. Deu tamén inicio ás pescudas documentais para a estruturación doutro libro de ficción histórica, O Seminario, sobre o tradicional e conceituado Seminario de Olinda, fundado no ano 1801, e o seu papel preponderante no ciclo revolucionario pernambucano.
Obras
[editar | editar a fonte]- O Magnificat: memórias diacrônicas de dona Isabel Cavalcanti (1990)
- Luz do Abismo (1996)
- Príncipe e Corsário (2005)
- Memórias de Isabel Cavalcanti (2006)
- Olhos Negros (2010)
- Matias: romance (2012)