Saltar ao contido

María Leopoldina de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Leopoldina de Austria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Maria Leopoldine von Österreich
(pt-br) Leopoldina Carolina Josefa de Habsburgo-Lorena Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1797 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1826 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRío de Xaneiro Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloArquiduquesa (pt) Traducir
Raíña de Portugal Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxePedro I do Brasil (1817, 1817–1826) Editar o valor en Wikidata
FillosMaría II de Portugal, Miguel de Bragança, Príncipe da Beira, João Carlos, Príncipe da Beira, Januária Maria de Bragança, Paula Mariana de Bragança, Francisca de Bragança, Pedro II do Brasil Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco I de Austria Editar o valor en Wikidata  e Maria Teresa da Sicília Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Ana da Áustria
Maria Clementina da Áustria
María Luísa de Austria
Maria Carolina da Áustria
Francisco Carlos da Áustria
Fernando I de Austria
Archduke Johann Nepomuk of Austria
José Francisco da Áustria
Archduchess Marie Caroline of Austria
Archduchess Amalie Theresa of Austria
Archduchess Caroline Ludovika of Austria
Archduchess Ludovika Elisabeth of Austria Editar o valor en Wikidata
ParentesMaria Germana de Castro Pereira, neta Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:6, p.446)
Oesterreichische National-Encyklopädie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Von_Habsburg-Lothringen-8

María Leopoldina de Habsburgo-Lorena ou de Austria (en portugués Carolina Josefa Leopoldina Fancisca Fernanda de Habsburgo-Lorena, en alemán Caroline Josepha Leopoldine Franziska Ferdinanda von Habsburg-Lothringen),[1][2][3][4] nada en Viena o 22 de xaneiro de 1797 e finada o 11 de decembro de 1826 en Río de Xaneiro, foi filla de Francisco I de Austria, emperador do Sacro Imperio Xermánico e despois de Austria, e da súa esposa María Teresa de Borbón-Dúas Sicilias.

Casou en 1817 con Pedro de Alcántara, futuro rei de Portugal (Pedro IV) e emperador do Brasil (Pedro I).

Foi arquiduquesa de Austra, primeira emperatriz consorte do Brasil (1822-1826), rexente do Brasil en setembro de 1821, raíña rexente de Portugal (10 de marzo de 1826 - 28 de maio de 1826) e, durante oito días, en 1826, raíña rexente de Portugal.

No Brasil pasou a asinar como María Leopoldina e Leopoldina.

Era moi querida polos brasileiros, que dolorosamente choraron a súa morte.
O seu apoio á causa da independencia do Brasil valeulle o sobrenome da Paladina da Independencia.

Leopoldina pertencía á Casa de Habsburgo, nobre familia e unha das máis antigas dinastías de Europa, que gobernou Austria desde 1282 até 1918.

Era filla do último emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Francisco II (1768-1835) que, desde 1804, se converteu en emperador de Austria (co nome de Francisco I), porque Napoleón lle exixiu a renuncia ao Sacro Imperio no ano en que foi coroado emperador dos franceses, e da súa segunda esposa e prima María Teresa das Dúas Sicilias, princesa do Reino das Dúas Sicilias, da Casa de Borbón, filla do rei Fernando I e da súa esposa María Teresa das Dúas Sicilias.

Francisco, seu pai, era viúvo de Isabel Luisa Guillermina de Württemberg, que morreu sen fillos en 1790, e casou por terceira vez con María Luísa de Austria-Este, quen foi como unha nai para Leopoldina. María Luísa non tivo fillos e morreu en 1816.
O emperador contraeu matriomonio por cuarta vez con Carolina Augusta de Baviera, que morreu sen fillos en 1873.

Foi irmá do emperador Fernando I, do arquiduque Francisco Carlos de Austria e da emperatriz de Francia María Luisa e, polo tanto, tía dos emperadores Francisco Xosé I de Austria e Maximiliano I de México, e tía avoa de Carlos I de Austria.

Matrimonio

[editar | editar a fonte]

Casou con Pedro de Alcántara de Braganza e Borbón, daquela príncipe da Beira, herdeiro do trono do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. A cerimonia do matrimonio, por procuración, foi oficiada polo arcebispo de Viena o 13 de maio de 1817, na igrexa de Santo Agostiño de Viena.

Pedro estivo representado polo arquiduque Carlos Luis (1771-1847), irmán de Francisco I, gran líder militar, heroe da batalla de Aspern-Essling. A parella recibiu a bendición nupcial o 6 de novembro de 1817, na Capela Real de Río de Xaneiro.

A pesar do grande amor que Leopoldina profesaba ao seu marido, o seu matrimonio non foi feliz. Pedro tivo fillos ilexítimos coas súas varias amantes, como a señora Domitila de Castro Canto e Melo, marquesa de Santos.

Princesa rexente e emperatriz

[editar | editar a fonte]

En 1820, unha revolución ocorrida no Porto exixiu a volta da familia real portuguesa á metrópole. O 25 de abril de 1821 unha frota de 11 barcos levaron de volta a Portugal ao rei Xoán VI, á súa esposa Carlota Xoaquina e ao resto da familia real, acompaños polos persoeiros da Corte, quedando no Brasil o seu fillo e herdeiro Pedro de Braganza e Borbón como príncipe rexente do reino do Brasil (que era unha parte do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve, coa axuda dun Consello de Rexencia.

A partir dese momento, as diferenzas entre os súbditos portugueses e brasileiros fixéronse evidentes, con manifestacións públicas que a miúdo terminaban en pelexas nas rúas. Na súa correspondencia Leopoldina revelaba a súa simpatía pola causa da independencia,[5][6] pero Pedro dubidaba do éxito que puidera ter adoptar unha decisión en contra do seu pai e en oposición á metrópole.

En Portugal gañou impulso entre os círculos políticos a posibilidade de retirar a condición de "reino" ao Brasil, reducíndoo á antiga situación de simple colonia gobernada directamente desde Lisboa. Ante tal proxecto, as presións das Cortes Portuguesas para forzar o regreso do príncipe herdeiro á metrópole intensificáronse. Por outro lado, en Río de Xaneiro, empezou a circular unha lista con miles de sinaturas pedindo a retención de Pedro no país cun ultimato: volver a Portugal impediría a independencia inmediata do Brasil. O príncipe Pedro, que se criara desde a súa nenez no Brasil, sentía escasa estima por Portugal e coidaba que a separación de ambos os territorios era inevitábel, idea que compartía co político brasileiro José Bonifácio, un dos seus principais partidarios.

Finalmente, en decembro de 1821 presentouse ao príncipe Pedro unha solicitude formal das Cortes Portuguesas requiríndolle que partira cara á metrópole no máis breve prazo. Enfrontado á decisión, o príncipe manifestou ao pobo brasileiro: «Como é para o ben de todos e a felicidade da nación, estou listo para dicirlle á xente que me quedo». Isto sucedía o 9 de xaneiro de 1822, data recordada asté hoxe como "O día do fico".

Leopoldina, Princesa Rexente do Reino do Brasil, preside a reunión do Consello de Ministros o 2 de setembro de 1822.

Pedro entregou o poder a Leopoldina o 13 de agosto de 1822, nomeándoa xefa do Consello Provisional do Estado e princesa rexente do Brasil, con capacidade xurídica necesaria para gobernar o país durante a súa ausencia, e trasladouse a pacificar a provincia de São Paulo, axitada polo movemento de independencia.

A princesa Leopoldina recibiu a noticia de que Portugal estaba preparando unha serie de sancións económicas e militares contra o Brasil. Había que tomar medidas drásticas con urxencia, e a princesa rexente sabía que non había tempo para esperar o regreso do príncipe Pedro. Leopoldina, asesorada por José Bonifácio e usando as súas atribucións como xefa do goberno interino, reuniuse co Consello de Estado na mañá do 2 de setembro de 1822 para asinar o decreto da Independencia, onde se declaraba ao Brasil "territorio separado" de Portugal.

Descendencia

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Pedro de Alcántara
Príncipe Real do Reino do Brasil

Rexente do Brasil

setembro de 1821
Sucesor:
Trina rexencia provisional:

Marqués de Caravelas
Senador Vergueiro
Barón de Barra Grande

Predecesor:
Carlota Xoaquina de Borbón
(título honorífico)

Emperatriz consorte de Brasil
1822-1826

Sucesor:
Amelia de Beauharnais
Predecesor:
Carlota Xoaquina de Borbón

Raíña consorte de Portugal

1826
Sucesor:
Fernando II
Segundo esposo de María II
  1. "Casamento de d. Pedro"' Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine. in Arquivo Nacional e a História Luso-Brasileira.
  2. Castro, Manuel António de (1819): D. Carolina Josefa Leopoldina, Princeza Real do Reino Unido de Portugal, Brazil, e Algarves.
  3. "Carolina Josefa Leopoldina, imperatriz Leopoldina". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 08 de maio de 2014. 
  4. Primeira imperatriz do Brasil - Maria Leopoldina
  5. Kann, Betina & Patricia Souza Lima (2006): Cartas de uma imperatriz. São Paulo: Editora Estação Liberdade.
  6. Lacombe, Américo Jacobina, tradutor (1997): Correspondência entre Maria Grahan e a Imperatriz Dona Leopoldina. Belo Horizonte: Editora Itatiaia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kaizee, Glória (1997): Dona Leopoldina. Uma Habsburg no trono brasileiro. Río de Xaneiro: Editora Nova Fronteira.
  • Kann, Betina & Patricia Souza Lima (2006): Cartas de uma imperatriz. São Paulo: Editora Estação Liberdade.
  • Lacombe, Américo Jacobina, tradutor (1997): Correspondência entre Maria Grahan e a Imperatriz Dona Leopoldina. Belo Horizonte: Editora Itatiaia.
  • Oberaker Jr, Carlos (1973): A Imperatriz Leopoldina. Sua Vida e Sua Época. Río de Xaneiro: Imprensa Nacional.
  • Prantner, Johanna (1998): Imperatriz Leopoldina do Brasil Ptrópolis: Editora Vozes.
  • Ramirez, Ezekiel Stanley (1968): As relações entre a Áustria e o Brasil - 1815-1889, Coleção Brasiliana, Volume 337, Companhia Editora Nacional, São Paulo. (Tradução e notas por Américo Jacobina Lacombe).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]