Saltar ao contido

Pedro I do Brasil

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro I de Brasil»)

Modelo:BiografíaPedro I do Brasil

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Pedro I
(pt) Pedro I do Brasil Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1798 Editar o valor en Wikidata
Palacio de Queluz, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1834 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Palacio de Queluz, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonumento à Independência do Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
10 de marzo de 1826 – 12 de maio de 1826
Emperador do Brasil
7 de setembro de 1822 – 7 de abril de 1831
Gran mestre da Orde da Inmaculada Concepción de Vila Viçosa
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e compositor Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, poeta, compositor, monarca Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioO Rei-Soldado
O Libertador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRei de Portugal
Emperador do Brasil Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmelia de Leuchtenberg (1829–1834)
María Leopoldina de Austria (1817, 1817–1826) Editar o valor en Wikidata
ParellaDomitília de Castro e Canto Melo
Maria Benedita de Castro Canto e Melo
Henriette Josephine Clémence Saisset Editar o valor en Wikidata
FillosMaría II de Portugal
 () María Leopoldina de Austria
Miguel de Bragança, Príncipe da Beira
 () María Leopoldina de Austria
João Carlos, Príncipe da Beira
 () María Leopoldina de Austria
Januária Maria de Bragança
 () María Leopoldina de Austria
Paula Mariana de Bragança
 () María Leopoldina de Austria
Rodrigo Delfim Pereira
 () Maria Benedita de Castro Canto e Melo
Isabel Maria de Alcântara Brasileira
 () Domitília de Castro e Canto Melo
Francisca de Bragança
 () María Leopoldina de Austria
Pedro II do Brasil
 () María Leopoldina de Austria
Pedro de Alcántara Brasileiro
 () Domitília de Castro e Canto Melo
Maria Isabel de Alcântara Brasileira
 () Domitília de Castro e Canto Melo
Pedro de Alcântara Brasileiro de Saisset
 () Henriette Josephine Clémence Saisset
Maria Isabel de Alcântara Bourbon
 () Domitília de Castro e Canto Melo
María Amelia de Braganza
 () Amelia de Leuchtenberg Editar o valor en Wikidata
PaisXoán VI de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Carlota Xoaquina de Borbón Editar o valor en Wikidata
IrmánsAna de Jesus Maria de Bragança
Miguel I de Portugal
María Francisca de Braganza
Francisco António
Maria da Assunção de Bragança
María Isabel de Bragança
Isabel Maria de Bragança, regente de Portugal
Maria Teresa de Bragança Editar o valor en Wikidata
ParentesMaria Germana de Castro Pereira, neta Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1023927 Musicbrainz: 9b5e4019-c524-4353-be77-bac6f0969a77 IMSLP: Category:Pedro_I,_Dom WikiTree: Bragança-8 Find a Grave: 243898478 Editar o valor en Wikidata

Pedro I do Brasil, nado en Queluz, Lisboa, o 12 de outubro de 1798[1] e finado nesa mesma vila o 24 de setembro de 1834, foi o fundador e primeiro gobernante do Imperio do Brasil. Tivo tamén un breve reinado no Reino de Portugal coma Pedro IV de Portugal, onde foi alcumado como "o Liberador" e "o rei Soldado".[a] Nado no pazo de Queluz, Pedro I foi o cuarto fillo do rei Xoán VI de Portugal e da raíña Carlota Xoaquina de Borbón, pertencendo á casa de Braganza. Cando as tropas francesas invadiron o seu país no ano 1807 fuxiu xunto á súa familia ó Brasil, naquel entón a maior e máis rica colonia de Portugal.

A expansión da revolución liberal de 1820 ata Lisboa levou ó pai de Pedro I a volver a Portugal en abril de 1821, deixándoo a el como rexente do Brasil. Tivo que tratar coas ameazas de revolucionarios e de insubordinación das tropas portuguesas, que conseguiu superar. A ameaza do goberno portugués de revogar a autonomía política da que gozara o Brasil dende 1808 recibiuse alí cun descontento xeral. Pedro I escolleu o bando brasileiro e declarou a independencia do Brasil de Portugal o 7 de setembro de 1822. O 12 de outubro dese mesmo ano foi aclamado como emperador do Brasil e para marzo de 1824 tiña derrotado a tódolos exércitos leais a Portugal. Uns poucos meses despois Pedro I abateu a Confederación do Ecuador, un intento de secesión sen éxito por parte de rebeldes no nordeste do Brasil.

Unha rebelión secesionista na provincia de Cisplatina no sur do país a comezos de 1825, e o subsecuente intento por parte das Provincias Unidas do Río da Prata de anexionala, levaron ó imperio á guerra cisplatina. En marzo de 1826 Pedro I converteuse brevemente no rei de Portugal antes de abdicar en favor da súa filla máis vella, María II. A situación agravouse en 1828 cando a guerra no sur tivo como resultado a perda de Cisplatina para o Brasil. Ese mesmo ano en Lisboa, Miguel, irmán máis novo de Pedro, usurpou o trono de María II. Pola súa parte, a relación concorrente do emperador cunha cortesá manchou a súa reputación. Tivo tamén que lidar con varias dificultades xurdidas no parlamento do Brasil, onde tivo lugar unha loita sobre se o goberno debía estar escollido polo monarca ou pola lexislatura, que dominou os debates políticos dende 1826 ata 1831. Incapaz de tratar cos problemas tanto no Brasil coma en Portugal de forma simultánea, o 7 de abril de 1831 Pedro I abdicou en favor do seu fillo Pedro II e viaxou cara a Europa.

Pedro I invadiu Portugal liderando ó seu exército en xullo de 1832. Inicialmente encarando o que semellaba ser unha guerra civil, ó pouco tempo viuse involucrado nun conflito maior que abarcou toda a Península Ibérica nunha loita entre os propoñentes do liberalismo e os que procuraban un retorno ó absolutismo. Pedro I faleceu a causa dunha tuberculose o 24 de setembro de 1834, poucos meses antes de conseguir a vitoria xunto ós liberais. Tanto os seus coetáneos coma historiadores posteriores considerárono unha figura chave que axudou a espallar os ideais liberais que permitiron que o Brasil e Portugal pasasen dos réximes absolutistas a outras formas de goberno representativo.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Pedro con dous anos de idade, por Agustín Esteve, c.1800

Pedro naceu as 8 da mañá o 12 de outubro de 1798 no pazo real de Queluz na vila de Queluz, preto de Lisboa, Portugal.[4][5][6][7] Recibiu o seu nome por san Pedro de Alcántara, e o seu nome completo foi Pedro de Alcântara Francisco António João Carlos Xavier de Paula Miguel Rafael Joaquim José Gonzaga Pascoal Cipriano Serafim.[8][9] Recibiu o título honorífico de "Dom" dende o seu nacemento.[10]

Pertencía á casa de Braganza a través do seu pai o príncipe Xoán (posteriormente o rei Xoán VI), e era neto do rei Pedro III e da raíña María I de Portugal, emparentados ámbolos dous como tío e sobriña un doutro.[11][12] A nai de Pedro, Carlota Xoaquina, era filla do rei Carlos IV de España.[13] Os pais de Pedro tiveran un matrimonio infeliz, xa que Carlota Xoaquina era unha muller ambiciosa, que sempre procurou os intereses de España en detrimento dos de Portugal. Cunha reputación de infidelidade ó seu marido, chegou a conspirar o derrocamento deste xunto a varios nobres portugueses.[14][15]

Sendo o segundo fillo varón maior, converteuse en príncipe de Beira e herdeiro aparente do seu pai trala morte do seu irmán máis vello Francisco Antonio en 1801.[6] O príncipe Xoán actuara como rexente da súa nai, a raíña María I, após o diagnostico e declaración de demencia incurable desta no ano 1792.[16][17] Cara ao ano 1802 os pais de Pedro estaban separados. Xoán vivía no Pazo Real de Mafra mentres que Carlota Xoaquina residía no Pazo Ramalhão.[18][19] Pedro e os seus irmáns vivían no Pazo de Queluz xunto coa súa avoa María I, lonxe dos seus pais, ós que só vían durante eventos de estado en Queluz.[18][19]

Educación

[editar | editar a fonte]
Pedro con 11 anos de idade, por Francesco Bartolozzi, c.1809

A finais de novembro de 1807, tendo Pedro nove anos de idade, a familia real escapou de Portugal por mor da aproximación á Lisboa do exército francés enviado por Napoleón. Chegaron en marzo de 1808 a Río de Xaneiro, capital do Brasil, que naquel entón era a colonia máis extensa e rica de Portugal.[20][21][22] Durante a viaxe Pedro leu a Eneida de Virxilio e pasou tempo conversando coa tripulación do buque, adquirindo coñecementos de navegación.[23][24] Xa no Brasil, tras unha breve estancia no Pazo Imperial, Pedro instalouse xunto co seu irmán máis novo Miguel e o seu pai no pazo de São Cristóvão.[25] Malia que nunca chegou a ter unha relación íntima co seu pai, Pedro estimábao e resentía a humillación constante sufrida polo seu pai a mans de Carlota Xoaquina por mor das aventuras extramatrimoniais dela.[18][26] Xa posteriormente de adulto, Pedro só albergaba un sentimento de desprezo pola súa nai, á que chamaba abertamente "pécora" ("vadia").[27] Segundo o historiador Neill Macaulay, estas primeiras experiencias de traizón, frialdade e abandono tiveron un grande impacto na formación do seu carácter.[18]

A súa institutriz ("aia") foi María Genoveva do Rêgo e Matos, á que profesaba un amor maternal, e o seu supervisor ("aio") foi o freire Antonio de Arrábida, quen se converteu no seu mentor.[28][29] Ámbolos dous estaban ó cargo da súa crianza e tentaron proporcionarlle unha educación axeitada. A súa instrución incluía unha variedade de temas como matemáticas, economía política, lóxica, historia e xeografía.[30] Aprendeu a falar e escribir en portugués, latín e francés.[31][32][33] Tamén era capaz de traducir dende o inglés e comprendía o alemán.[34] Pedro continuou a súa educación xa de emperador, adicando unhas dúas horas diarias ó estudo e á lectura.[34][35]

Malia ter unha instrución considerable, a súa educación resultou deficiente. O historiador Otávio Tarquínio de Sousa afirmou que Pedro "era sen lugar a dúbidas intelixente, espelido e perspicaz".[36] Porén, o historiador Roderick J. Barman relatou que era "demasiado bulideiro, errático e emocional" por natureza, indicando que sempre foi moi impulsivo e nunca chegou a aprender a exercitar un autocontrol ou avaliar as consecuencias das súas decisións e adaptar a súa perspectiva ós cambios nas situacións.[37] O seu pai nunca permitiu que ninguén o disciplinase,[30] e en varias ocasións saltábase a súa rutina de dúas horas de estudo diario despachando ós seus instrutores para adicarse a outras actividades que consideraba máis interesantes.[30]

Primeiro matrimonio

[editar | editar a fonte]
Retrato de Pedro ós 18 anos de idade, por Jean-Baptiste Debret, c.1816

Ó príncipe satisfacíanlle máis as actividades que requirían habilidades físicas que as actividades lectivas. Na propiedade do seu pai en Santa Cruz Pedro adicouse a adestrar cabalos e chegou a estar considerado un bo xinete e un excelente ferrador.[38][39] Gozaba, xunto co seu irmán Miguel, das cazas a cabalo a través de terreos descoñecidos, por medio de bosques e incluso de noite ou con tempo adverso.[38] Demostrou ter talento tamén para o debuxo e as actividades manuais, adicándose á talla de madeira e á construción de mobles.[40] Gustáballe a música e adicouse á ela seguindo a guía de Marcos Portugal, chegando a estar considerado un compositor capaz.[b] Considerábase que tiña unha boa voz para o canto e sabía tocar varios instrumentos musicais, incluíndo o piano, a frauta e a guitarra, cos que tocaba cancións e bailes populares.[42] Agás en ocasións solemnes nas que vestía o traxe da corte, a súa vestimenta de diario consistía nuns pantalóns brancos de algodón xunto cunha chaqueta a raias de algodón e un chapeu de ala ancha feito de palla, ou dunha levita e sombreiro de copa para situacións máis formais.[43][44][45] Tamén adoitaba pasar tempo conversando coa xente na rúa sobre as súas preocupacións.[46]

O seu carácter estaba marcado por un impulso enerxético que bordeaba a hiperactividade, era impetuoso, irritable e tiña tendencia a ser dominante. Aburríase e distraíase con facilidade, e a maiores das súas actividades ecuestres e de caza entretíñase flirteando con mulleres.[47] Sentíase atraído pola procura de aventuras, e en ocasións frecuentaba tabernas en Río de Xaneiro situadas en distritos de mala reputación, disfrazado de viaxeiro.[48][49] Non adoitaba beber alcohol, pero era un mullereiro incorrixible.[50][51] A primeira relación duradeira que se lle coñece foi cunha bailarina francesa chamada Noémi Thierry, que tivo un fillo con el que naceu xa morto. O pai de Pedro, que ascendera ó trono como Xoán VI, enviouna lonxe para evitar poñer en dúbida o compromiso do príncipe coa arquiduquesa María Leopoldina, filla do emperador Francisco I de Austria.[52][53]

O 13 de maio de 1817 Pedro casou por procuración con María Leopoldina.[54][55] Cando ela chegou a Río de Xaneiro o 5 de novembro dese ano, namorouse de forma inmediata de Pedro, a quen vía máis encantador e atractivo do que esperaba. O príncipe, que tiña 19 anos nese momento, era atractivo e algo máis alto ca media, con ollos escuros e cabelo marrón escuro.[38] Segundo Macaulay, "a súa boa aparencia debíase en gran medida o seu porte, orgulloso e ergueito incluso nunha idade difícil, e ó seu aseo, que era impecable. Habitualmente pulcro e limpo, adoptara o costume brasileiro de bañarse a miúdo."[38] A misa nupcial, que incluíu a ratificación dos votos tomados anteriormente na procuración, tivo lugar o 6 de novembro.[56] Tiveron xuntos sete fillos: María (posteriormente a raíña María II de Portugal), Miguel, João, Januária, Paula, Francisca e Pedro (posteriormente o emperador Pedro II do Brasil).[57]

Independencia do Brasil

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Independencia do Brasil.

Revolución liberal de 1820

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Revolución liberal de 1820.
Aceptación provisional da Constitución de Lisboa, de Félix Émile Taunay, c. 1821

O 17 de outubro de 1820 chegaron novas de que as gornicións militares en Portugal amotináranse, dando lugar o que se coñecería como a Revolución liberal de 1820. O exército formou un goberno provisional, suplantando á rexencia asignada por Xoán VI, e convocou ás Cortes para unha elección democrática co obxectivo de crear unha Constitución nacional.[58] Pedro sorprendeuse cando o seu pai ademais de pedirlle consello, decidiu envialo a Portugal para gobernar como rexente no seu nome e aplacar ós revolucionarios.[59] O príncipe non fora educado para gobernar e ata entón non lle permitiran participar en asuntos de estado. Este papel herdado por dereito de nacemento estivera ocupado pola súa irmá máis vella María Teresa. Xoán VI confiaba no seu consello, e era ela quen formaba parte do Consello de Estado do rei.[60]

O rei e os seus conselleiros máis próximos, todos eles partidarios dos principios da monarquía absolutista, sospeitaban de Pedro, que pola contra era coñecido por ser favorable ó liberalismo e á monarquía constitucional representativa, influenciado polas obras de Voltaire, Benjamin Constant, Gaetano Filangieri e Edmund Burke.[61][34][33] A súa propia muller María Leopoldina chegou a afirmar: "O meu marido, que Deus nos axude, ama as novas ideas".[62][63] Xoán VI pospuxo a marcha de Pedro tanto como lle foi posible, temendo que unha vez que chegase a Portugal os revolucionarios aclamaríano como rei.[59]

O 26 de febreiro de 1821 un grupo de tropas portuguesas estacionadas no Río de Xaneiro amotináronse. Nin Xoán VI nin o seu goberno tomaron ningunha acción contra as unidades amotinadas. Pedro decidiu actuar pola súa propia conta e cabalgou para reunirse cos rebeldes. Negociou con eles e convenceu ó seu pai de que aceptase as súas peticións, que incluían o nomeamento dun novo gabinete e o voto de obediencia á vindeira Constitución portuguesa.[64][65][66][67] O 21 de abril dese mesmo ano, os electores parroquiais do Río de Xaneiro reuníronse para elixir ós seus representantes ás Cortes. Un pequeno grupo de axitadores asaltaron a reunión e declararon un goberno revolucionario. De novo, Xoán VI e os seus ministros mantiveron a súa pasividade, e cando o monarca estaba a piques de aceptar as demandas dos revolucionarios Pedro tomou a iniciativa e enviou a unha tropa do exército para que restablecese a orde.[68][69][70][71] Baixo presión das Cortes, Xoán VI partiu xunto coa súa familia cara a Portugal o 26 de abril, deixando no Brasil a Pedro e a María Leopoldina.[68] Dous días antes de embarcar, o rei advertiulle ó seu fillo: "Pedro, se o Brasil se separa, que sexa mellor para ti, que has respectarme, que para un deses aventureiros."[68][72][73][74]

"Independencia ou Morte"

[editar | editar a fonte]
Retrato de Pedro á idade de 23 anos, coa cidade de São Paulo no fondo, por Simplício Rodrigues de Sá, 1822

No comezo da súa rexencia Pedro promulgou varios decretos que garantían dereitos persoais e de propiedade, e reduciu os gastos do goberno e os impostos,[63][75] ademais de liberar os revolucionarios arrestados previamente no Río de Xaneiro.[76] O 5 de xuño de 1821 as tropas baixo o mando do tenente xeneral portugués Jorge Avilez amotináronse, esixindo que Pedro fixese o voto de soster a Constitución portuguesa en canto fose promulgada. O príncipe cabalgou só para intervir neste motín, levando a cabo unha negociación calmada con eles que lle gañou o respecto das tropas e tivo éxito reducindo o impacto das peticións menos aceptables.[77][78] O motín era realmente un golpe de estado velado que procuraba facer de Pedro unha simple figura de cabeceira, transferindo o poder á Avilez.[77][79][80] O príncipe aceptou o resultado, pouco satisfactorio, advertindo de que sería a última vez que cedería baixo presión.[78][81]

A crise continua chegou ó punto de non retorno cando as Cortes disolveron o goberno central no Río de Xaneiro e ordenaron a volta de Pedro.[82][83] O pobo brasileiro percibiu este feito como un intento de subordinar o seu país de novo a Portugal, xa que o Brasil non era unha colonia dende o ano 1815 e tiña o status de reino.[84][85] O 9 de xaneiro de 1822 Pedro recibiu unha petición que contiña unhas 8 000 sinaturas, na que se lle pedía que non marchase.[86][87] Pedro respondeu: "Se é polo ben de todos e pola felicidade xeral da Nación, estou disposto. Dicídelle ó pobo que quedo!".[88][87][89] Avilez amotinouse de novo e tentou forzar a volta de Pedro á Portugal, mais nesta ocasión o príncipe respondeu reunindo as tropas brasileiras (que non se uniran ós portugueses nos motíns previos),[90] a unidades de milicianos e a civís armados.[88][91] Superado en número, Avilez rendeuse e foi expulsado do Brasil xunto coas súas tropas.[92][93]

Durante os meses seguintes Pedro tentou manter unha aparencia de unidade con Portugal, malia que a ruptura final era inminente. Axudado polo ministro José Bonifácio de Andrada, procurou apoios fóra do Río de Xaneiro. Viaxou ata Minas Gerais en abril e ata São Paulo en agosto, cun bo recibimento en ámbalas dúas provincias, o que reforzou a súa autoridade.[94][95] De volta da súa visita a São Paulo recibiu a nova, enviada o 7 de setembro, de que as Cortes non aceptarían o autogoberno no Brasil e castigarían a calquera que desobedecese as súas ordes.[96] Segundo Barman, "Sen fuxir nunca da acción máis dramática no impulso inmediato, non precisou de máis tempo que o que precisou a lectura das cartas".[97] Pedro montou no seu cabalo castaño,[c] e fronte ó seu séquito e á súa Garda de Honra afirmou:

Amigos, as Cortes portuguesas queren escravizarnos e perseguirnos. A partir de hoxe as nosas relacións están quebradas. Non nos une ningún vínculo máis [...] Pola miña sangue, miña honra, meu Deus, xuro darlle a liberdade ó Brasil. Brasileiros, que a partir de hoxe a nosa consigna sexa "Independencia ou Morte!"
Tradución do orixinal.[97][102][101]

Pedro, sendo un bo xinete e facendo unha media duns 108 quilómetros por día, cabalgou dende a cidade de São Paulo de volta á capital do Río de Xaneiro en cinco días, deixando atrás á súa garda e o seu séquito.[103] Francisco Gomes da Silva foi o segundo en chegar, unhas oito horas despois do príncipe.[104]

Emperador constitucional

[editar | editar a fonte]
Xuramento de Pedro I á Constitución do Império do Brasil de 1824.

O príncipe foi aclamado como Emperador Dom Pedro I no seu vixésimo cuarto aniversario, coincidindo coa oficialización do Imperio do Brasil o 12 de outubro de 1822,e foi coroado o 1 de decembro dese mesmo ano. Porén, tivo que forzar a submisión de varias provincias das rexións do norte, nordeste e sur do Brasil, e as últimas unidades de tropas portuguesas non se renderon ata comezos de 1824.[105][106] Mentres tanto a súa relación con Bonifácio deteriorouse,[107][108][109] chegando a súa fin no momento en que Pedro I despachou a Bonifácio por conduta inapropiada, xa que usara a súa posición como ministro para acosar, perseguir, arrestar e incluso exiliar os seus inimigos políticos.[110][111][112] Pola súa banda, os adversarios de Bonifácio traballaran para gañarse o favor do emperador aínda sendo príncipe rexente, outorgándolle o título de "Defensor Perpétuo do Brasil" o 13 de maio de 1822.[113] Ademais disto introduciron a Pedro na masonaría o 2 de agosto e posteriormente fixérono gran mestre o 7 de outubro, substituíndo a Bonifácio nesa posición.[114][115][116]

A crise entre o monarca e o seu antigo ministro tivo consecuencias inmediatas dentro da Asemblea Xeral Constituínte e Lexislativa, elixida para a redacción do bosquexo dunha nova Constitución.[117] Sendo membro desta asemblea, Bonifácio pasou a utilizar a demagoxia, aludindo á existencia dunha gran conspiración portuguesa en contra dos intereses brasileiros, e insinuando que Pedro I, nado en Portugal, estaba implicado nela.[118][119] O emperador enfureceuse pola invectiva dirixida cara a lealdade dos cidadáns nados en Portugal e polas insinuacións de que el mesmo entraba en conflito na súa lealdade ó Brasil.[120] O 12 de novembro de 1823 Pedro I ordenou a disolución da Asemblea Constituínte e convocou novas eleccións.[121][122][123] Ó día seguinte designou un novo Consello de Estado nativo coa tarefa de compoñer un bosquexo constitucional. Tódolos concellos do país recibiron copias deste bosquexo, e a gran maioría deles votou a favor da súa adopción inmediata como Constitución do Imperio.[124][125][126][127][128]

Como resultado do estado altamente centralizado creado por esta Constitución, varios elementos revolucionarios en Ceará, Paraíba e Pernambuco tentaron independizarse do Brasil e unirse no que se coñecería como a Confederación do Ecuador.[129][130] Pedro I tentou, sen éxito, evitar unha contenda ofrecendo aplacar os rebeldes.[129][131] Afirmou iradamente: "Que requiren os insultos de Pernambuco? Seguramente un castigo, e un castigo tal que servirá de exemplo para o futuro."[129] Os rebeldes non foron capaces de asegurar o control sobre as súas provincias, e foron reprimidos con facilidade, dando fin á rebelión a finais de 1824.[130][132] Dezaseis dos rebeldes foron xulgados e executados,[132][133] mentres que os restantes recibiron o perdón do emperador.[134]

Crises externas e internas

[editar | editar a fonte]

Relación coa dinastía portuguesa

[editar | editar a fonte]
Pedro I ós 27 anos de idade na súa viaxe a Salvador, provincia de Baía, en marzo de 1826, cadro de Antônio Joaquim Franco Velasco

Tras unha longa negociación, Portugal asinou un tratado co Brasil o 29 de agosto de 1825 no que recoñecía a independencia brasileira.[135][136][137] Agás polo recoñecemento de independencia, o resto de disposicións do tratado facíanse a conta do Brasil, incluíndo unha demanda de compensacións a pagarlle á Portugal, sen ningún outro requisito para este último. A compensación debía pagárselle a tódolos cidadáns portugueses residindo no Brasil polas perdas sufridas, como propiedades confiscadas. Xoán VI recibiu tamén o dereito de estilizar o seu título como emperador do Brasil.[138][139][140] Para o goberno brasileiro foi máis humillante que o tratado implicase que a independencia outorgábase como acto de beneficencia por parte de Xoán  VI no lugar de que fose conseguida polos propios brasileiros por medio das armas.[141][142] A maiores disto, Gran Bretaña obtivo unha compensación polo seu papel no avance das negociacións asinando un tratado á marxe no que se renovaban os seus dereitos comerciais favorables e asinando ademais unha convención na que o Brasil acordaba abolir o tráfico de escravos con África nos seguintes catro anos. Ámbolos dous acordos resultaron moi prexudiciais para os intereses económicos do Brasil.[143][144]

Poucos meses despois o emperador soubo que o seu pai falecera o 10 de marzo de 1826, e que el era o seu sucesor no trono de Portugal como rei Dom Pedro  IV.[145] Apercibíndose de que unha reunión do Brasil e Portugal sería algo inaceptable para o pobo de ámbalas dúas nacións, abdicou da coroa de Portugal o 2 de maio en favor da súa filla máis vella, quen se converteu na raíña Dona María II.[146][147][d] A súa abdicación foi condicional: Portugal debía aceptar a Constitución redactada polo seu goberno e María II casaría con Miguel, o irmán máis novo de Pedro.[145] Independentemente da abdicación, Pedro I continuou actuando como rei ausente de Portugal e intercedeu tanto nos asuntos diplomáticos externos do país coma nos internos, levando a cabo varios nomeamentos.[151] Nesta situación viuse con dificultades para manter a súa posición como emperador do Brasil separada da súa obriga de protexer os intereses da súa filla en Portugal.[151]

Miguel finxiu estar de acordo cos plans de Pedro I, e tan pronto como foi declarado rexente a comezos de 1828, apoiado por Carlota Xoaquina, derogou a Constitución e foi aclamado rei Dom Miguel I co apoio dos portugueses que estaban a favor do absolutismo.[152] As irmás sobreviventes de Pedro I, María Teresa, María Francisca, Isabel María e María da Asunción pasáronse tamén ó bando de Miguel I.[153] Só se mantivo fiel a el a súa irmá máis nova, Ana de Xesús, viaxando ata Río de Xaneiro para estar máis preto del.[154] Consumido polo odio e comezando a dar crédito ós rumores de que Miguel I asasinara ó seu pai, Pedro I centrouse en Portugal e tentou conseguir, sen éxito, apoio internacional para os dereitos de María II.[155][156]

Guerra e viuvez

[editar | editar a fonte]
Celebrción na praza de São Francisco de Paula, Río de Xaneiro, polo retorno de Pedro I dende Baía, 4 de abril de 1826. Obra de Jean-Baptiste Debret

Apoiados polas Provincias Unidas do Río da Prata, un pequeno grupo de rebeldes declarou a independencia da rexión de Cisplatina en abril de 1825.[157] Inicialmente o goberno brasileiro percibiu este intento de secesión como unha revolta menor, preocupación que aumentou meses despois cando se presentou a maior ameaza no feito de que as Provincias Unidas se involucrasen na revolta coa expectación de anexionar Cisplatina. Como represalia a este alzamento, o Imperio do Brasil declarou a guerra en decembro, dando así comezo á guerra Cisplatina.[135] O emperador viaxou ata a provincia de Baía no nordeste do país en febreiro de 1826, levando a súa muller e a súa filla María canda el, onde tivo unha cálida acollida.[158] A intención desta viaxe era a de conseguir máis apoios para o esforzo de guerra.[159]

O séquito imperial incluía a Domitila de Castro, amante de Pedro I dende que se coñeceron en 1822. Malia que nunca lle fora fiel a María Leopoldina, ata aquel momento fora coidadoso á hora de agochar as súas aventuras amorosas con outras mulleres.[160] Nesta ocasión o seu antollo pola súa nova amante era, segundo Barman, "desvergonzado e sen límite", mentres que a súa muller tiña que aturar os seus menosprezos, converténdose en obxectivo de dixomedíxomes.[161] Pedro I era cada vez máis groseiro e irrespectuoso con María Leopoldina. Deixouna sen fondos, prohibiulle saír de palacio e obrigouna a aturar a presenza de Domitila como a súa dama de compañía.[162][163] Mentres tanto a súa amante tomou vantaxe promovendo os seus propios intereses, así como os da súa familia e amigos. Aqueles que procuraban algún favor ou querían promover algún proxecto procuraban cada vez máis a súa axuda, evitando desta forma as canles legais habituais.[164]

O 24 de novembro de 1826 Pedro I partiu en barco dende o Río de Xaneiro cara a São José na provincia de Santa Catarina, e dende alí cabalgou ata Porto Alegre, capital da provincia de Río Grande do Sur, onde estaba apostado o exército principal.[165] Á súa chegada o 7 de decembro, o emperador viu que as condicións militares eran peores do que esperaba segundo os informes previos. Segundo Macaulay, "reaccionou coa enerxía que lle caracterizaba: pasou unha morea de ordes, despediu ós que só aparentaban traballar e ós incompetentes, fraternizou coas tropas, e revolucionou a administración civil e militar en xeral".[166] Recibiu a nova de que María Leopoldina falecera tras ter un aborto natural xa cando estaba de volta a Río de Xaneiro,[167][166][168] e ó pouco tempo comezaron a espallarse rumores infundados que afirmaban que ela falecera tras recibir unha agresión física por parte de Pedro I.[e] Mentres tanto a guerra continuaba sen que semellase ter unha fin próxima. Pedro I finalmente cedeu Cisplatina en agosto de 1828, e a provincia pasou a converterse na nación independente do Uruguai.[178][179]

Segundo matrimonio

[editar | editar a fonte]
Casamento de Pedro I con Amelia de Leuchtenberg. Xunto a el están os seus fillos con María Leopoldina, en orde de precedencia: Pedro, Januária, Paula e Francisca. Cadro de Debret

Trala morte da súa muller Pedro I decatouse do mal que a tratara, e a súa relación con Domitila comezou a deteriorarse. María Leopoldina, á diferenza da súa amante, era popular, honesta e amábao sen agardar nada a cambio. O emperador botábaa de menos, e a súa obsesión previa con Domitila non superaba o seu sentido de perda e remordemento.[180] Domitila atopouno nunha ocasión tirado no chan, chorando e abrazando un retrato da súa muller falecida, de quen Pedro I afirmaba ter visto a súa pantasma.[181][182][183][184] Posteriormente deixou de compartir cama con ela, e nunha ocasión gritoulle: "Afástate de min! Sei que vivo unha vida de soberano que non merezo. O recordo da emperatriz non me deixa".[183][185] Achegouse máis ós seus fillos, e en máis dunha ocasión foi visto co seu fillo Pedro nos seus brazos dicíndolle: "Pobre rapaz, es o príncipe máis infeliz do mundo".[182]

Perante a insistencia de Pedro I, Domitila marchou do Río de Xaneiro o 27 de xuño de 1828.[186] Pedro I tiña a resolución de casar de novo e converterse nunha mellor persoa. Chegou incluso a tentar persuadir ó seu sogro da súa sinceridade, afirmándolle nunha carta que "todas as miñas maldades remataron, non volverei cometer de novo eses erros que cometín, dos que me arrepinto e pedinlle a Deus que me perdoe".[187] A Francisco I non lle convenceu, e sentíndose ofendido pola conduta que tivera que aturar a súa filla, retiroulle o apoio ó Brasil e frustrou os intereses de Pedro I en Portugal.[177] Por mor da mala reputación que tiña Pedro I en Europa, debida ó seu comportamento no pasado, as princesas de varias nacións declinaron as súas proposicións de matrimonio unha tras outra.[152] Ferido no seu orgullo, permitiulle á súa amante volver xunto a el o 29 de abril de 1829.[187][188]

Porén, en canto soubo que finalmente tiña unha nova prometida, o emperador finalizou a súa relación con Domitila, e ela volveu a súa provincia natal de São Paulo o 27 de agosto dese ano.[189] Uns días antes, o 2 de agosto, Pedro I casara por procuración con Amelia de Leuchtenberg.[190][191] Cando a coñeceu en persoa quedou namorado dela pola súa beleza,[192][193] e ratificaron os votos nunha misa nupcial celebrada o 17 de outubro.[194][195] Amelia era amable e cariñosa cos fillos de Pedro I, e deulle unha aparencia de normalidade tanto a súa familia como de cara ó público xeral.[196] Tras expulsar definitivamente a Domitila da corte, o emperador probou que o seu voto de cambiar o seu comportamento era sincero, e non volveu ter relacións extramatrimoniais, manténdose fiel a súa nova esposa.[197][198][190] Noutro intento de mitigar e deixar atrás outras malas accións do pasado, fixo as paces con José Bonifácio, o seu antigo ministro e mentor.[199][200]

Entre Portugal e o Brasil

[editar | editar a fonte]

Crises continuas

[editar | editar a fonte]
Pedro I á idade de 32 anos, 1830. Litografía de Henri Grévedon

Dende os días da Asemblea Constituínte en 1823, e cun vigor renovado en 1826 trala inauguración da Asemblea Xeral (o parlamento brasileiro), tivo lugar unha loita de ideoloxías sobre o balance de poderes entre o emperador e a lexislatura no goberno. Por unha banda estaban os que compartían a visión de Pedro I, políticos que crían que o monarca debería ter liberdade para escoller os ministros, as políticas nacionais e a dirección do goberno. No bando oposto estaban os membros do chamado Partido Liberal, que crían que os gabinetes deberían ter o poder de definir o curso do goberno e deberían estar compostos por deputados sacados do partido maioritario que respondían no parlamento.[201][202][203] Tanto o partido que apoiaba o goberno de Pedro I coma o Partido Liberal avogaban polo liberalismo, e polo tanto a monarquía constitucional.[204][205][206]

Malia os fallos de Pedro I como gobernador, respectaba a Constitución. Non alterou as eleccións nin manipulou os recontos de votacións, non rexeitou asinar os decretos ratificados polo goberno nin impuxo ningunha restrición na liberdade de expresión.[207][208] Malia estar dentro da súa prerrogativa, non disolveu a Cámara de Deputados para convocar novas eleccións cando esta estivo en desacordo coas súas intencións nin pospuxo a disposición de asentos na lexislatura.[209] Os xornais e panfletos liberais aproveitaron a orixe portuguesa de Pedro I para apoiar tanto afirmacións válidas (como por exemplo que dirixía gran parte da súa enerxía a asuntos que concernían a Portugal)[204] coma falsas acusacións (como por exemplo que estaba involucrado en complots para eliminar a Constitución e reunir o Brasil e Portugal).[210] Para os liberais os amigos de orixe portuguesa do emperador que formaban parte da corte imperial, incluíndo a Francisco Gomes da Silva (alcumado "o Chalaça", "o Bufón"), formaban parte destas conspiracións e tiñan formado un "gabinete secreto".[211][212] Ningunha destas personalidades amosou interese nese tipo de temas, e non existiu ningún grupo secreto imperial que planease abolir a Constitución ou devolverlle a Portugal o control do Brasil.[213]

Outra das fontes das críticas por parte dos liberais era a visión abolicionista de Pedro I.[214] O emperador concibira un proceso gradual para eliminar a escravitude, mais o poder constitucional para promulgar a lexislación estaba en mans da Asemblea, dominada por terratenentes escravistas coa capacidade de frustrar calquera intento de abolición.[215][216] O emperador tentou persuadilos en base ó exemplo moral, usando a súa facenda en Santa Cruz como modelo, liberando os seus escravos e outorgándolles terras en propiedade.[217][218] Pedro I profesou tamén outras ideas avanzadas para o seu tempo. Cando declarou a súa intención de permanecer no Brasil o 9 de xaneiro de 1822 e o populacho quixo honralo desatando os seus cabalos e tirando eles mesmos da súa carruaxe, o naquel entón príncipe rexente refusou cunha resposta que era ó mesmo tempo unha denuncia do dereito divino dos reis, da suposta sangue superior da nobreza e do racismo: "Oféndeme ver ós meus semellantes dándolle ó home tributos apropiados dunha divindade. Eu sei que o meu sangue é da mesma cor que a dos Negros."[219][220]

Abdicación

[editar | editar a fonte]
A abdicación do primeiro Emperador do Brasil, D. Pedro I., de Aurélio de Figueiredo

Os esforzos do emperador para tranquilizar ó Partido Liberal deron como resultado varios cambios importantes: apoiou unha lei de 1827 que establecía responsabilidade ministerial;[221] o 19 de marzo de 1831 nomeou un gabinete formado por políticos saídos da oposición, dándolle ó parlamento un maior papel dentro do goberno;[222] e finalmente ofreceulle postos de responsabilidade en Europa a Francisco Gomes e outro amigo del de orixe portuguesa para eliminar os rumores sobre o "gabinete secreto".[196][223] Porén, todas estas medidas paliativas non conseguiron deter os ataques continuos que recibía por parte do bando liberal por mor do seu goberno e nacemento no estranxeiro. Frustrado pola súa intransixencia, tornouse reticente á hora de tratar coa súa situación política cada vez máis deteriorada.[196]

Mentres tanto, un grupo de exiliados portugueses fixo unha campaña para convencelo de que deixase o Brasil e de que adicase no seu lugar a enerxía en loitar pola reivindicación da súa filla á coroa de Portugal.[224] Segundo o historiador Roderick J. Barman, "nunha emerxencia as capacidades do emperador brillaban—pasaba a ter unha natureza calmada nos nervios, con recursos e firme na acción. A vida como monarca constitucional, chea de tedio, precaución e conciliación, ía en contra da esencia do seu carácter".[225] Barman afirmou tamén que Pedro I "atopou no caso da súa filla todo o que máis lle chamaba ó seu carácter. Indo a Portugal podía loitar polos oprimidos, amosarse cabaleiroso e demostrar autonegación, ratificar o goberno constitucional e gozar da liberdade de acción que tanto desexaba".[224]

A idea de abdicar e volver a Portugal tomou forma na súa mente, e dende comezos de 1829 comezou a falar do tema con asiduidade.[226][227][228] A comezos de 1831, un grupo de radicais pertencentes ó Partido Liberal reuniron a varias bandas da rúa para acosar a comunidade portuguesa no Río de Xaneiro. O 11 de marzo de 1831, no que posteriormente se coñecería como a "noite das garrafadas", os portugueses contraatacaron e as rúas da capital entraron nun estado de axitación.[229][230] O 5 de abril Pedro I despediu ó gabinete liberal, que só levaba no poder dende o 19 de marzo, pola súa incompetencia á hora de restaurar a orde na capital.[222][231] Na tarde do 6 de abril xuntouse un gran xentío no centro do Río de Xaneiro, iniciado polos radicais, que demandaba a restauración inmediata do gabinete destituído.[232][222][233] O emperador respondeu: "Farei todo para o pobo; nada, porén, polo pobo".[222][233][234] Pouco despois do anoitecer as tropas do exército, incluíndo a súa propia garda, desertárono e uníronse ás protestas. Foi nese momento cando se decatou do illado e separado que estaba dos asuntos do Brasil, e para sorpresa de todos, abdicou aproximadamente ás 3:00 da madrugada do 7 de abril.[222][235][236] Tras entregarlle o documento da súa abdicación a un mensaxeiro, afirmou: "Aquí está a miña abdicación... Retírome para Europa deixando un país que amei e que aínda amo".[236][237]

Regreso a Europa

[editar | editar a fonte]
Pedro, duque de Braganza, ós 35 anos de idade, 1833. Trala invasión de Portugal, el e máis os seus soldados xuraron non afeitarse a barba ata que se lle devolvese a coroa a María II.[238]

Ó amencer do día 7 de abril de 1831, Pedro xunto coa súa muller e outros, incluíndo a súa filla María II e a súa irmá Ana de Xesús, subiron a bordo do buque de guerra británico HMS Warspite. O navío mantívose durante un tempo ancorado preto do Río de Xaneiro, e o 13 de abril o antigo emperador e maila súa familia pasaron a embarcar no HMS Volage partindo nel cara Europa.[239][240] Chegaron a Cherburgo-Octeville, en Francia, o 10 de xuño.[241][242] Durante os meses seguintes viaxou entre Francia e Gran Bretaña, sendo ben recibido en ámbolos dous países pero sen conseguir o apoio de ningún dos dous gobernos.[243] Véndose nunha situación incómoda xa que non tiña ningún status oficial na Casa Imperial do Brasil nin na Casa Real de Portugal, Pedro asumiu o título de duque de Braganza o 15 de xuño, posición que xa fora súa como herdeiro da coroa de Portugal. Malia que o título debería pertencer ó herdeiro de María II, a súa reivindicación foi aceptada e recoñecida en xeral.[244][245] O 1 de decembro dese mesmo ano naceu en París a única filla que tivo con Amelia, que recibiu o nome de María Amelia.[246]

Sen esquecerse dos seus fillos que quedaron no Brasil, escribiulles cartas a cada un deles, expresando que os botaba de menos e pedíndolles repetidamente que lle prestasen atención a súa educación con seriedade. Pouco despois da súa abdicación, díxolle ó seu fillo e sucesor: "Teño a intención de que eu e o meu irmán Miguel sexamos os últimos cunha mala educación na familia de Braganza".[247][248] Charles Napier, comandante naval británico que loitou baixo o estandarte de Pedro na década de 1830, afirmou que "as boas calidades eran as súas propias; as malas debíanse a súa falta dun desexo de educación; e ningún home era máis consciente dese defecto que el mesmo".[249][250] As súas cartas dirixidas a Pedro II estaban redactadas nunha linguaxe habitualmente por riba do nivel de lectura do neno, e os historiadores asumiron que estas pasaxes tiñan a intención de servir de consello para que o xove monarca puidese consultalas cando chegase á unha idade adulta.[241][f]

Guerra de restauración e morte

[editar | editar a fonte]

En París o duque coñeceu e trabou amizade con Gilbert du Motier, marqués de La Fayette, un veterano da Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América que se converteu nun dos seus simpatizantes máis acérrimos.[245][254] Pedro despediuse da súa familia, de La Fayette e duns douscentos simpatizantes máis o 25 de xaneiro de 1832. Axeonllouse perante María II e díxolle: "Miña señora, aquí está un xeneral portugués que defenderá os seus dereitos e restaurará a súa coroa". Chorando, a súa filla abrazouno.[255][256][257] Pedro partiu en barco cara ó arquipélago dos Azores, o único territorio portugués que se mantivera leal á súa filla. Tras varios meses de preparacións, embarcou cara ao Portugal continental, entrando na cidade do Porto sen oposición o 9 de xullo dese mesmo ano.[258][259][260] Levaba canda el un pequeno exército composto por liberais portugueses, entre os que se atopaban Almeida Garrett e Alexandre Herculano, ademais de mercenarios e voluntarios estranxeiros entre os que estaba o neto de La Fayette, Adrien Jules de Lasteyrie.[261][262][263]

Pedro no seu leito de morte, 1834. Litografía de José Joaquim Rodrigues Primavera

Amplamente superado en número, o exército de liberais de Pedro foi asediado no Porto durante máis dun ano. A comezos de 1833 recibiu novas dende o Brasil da morte inminente da súa filla Paula.[264][g] Meses despois, en setembro dese ano, reuniuse con Antônio Carlos de Andrada, un irmán de Bonifácio que chegara dende o Brasil. Como representante do Partido Restaurador, Antônio Carlos pediulle ó duque que volvese ó Brasil e gobernase o seu antigo imperio como rexente durante a minoría de idade do seu fillo. Pedro decatouse de que este partido quería usalo como ferramenta para facilitar a súa propia subida ó poder, e frustrou a Antônio Carlos facéndolle peticións case imposibles de cumprir, para asegurarse de se o pobo brasileiro, e non soamente unha facción, quería que volvese. Insistiu en que calquera petición de volver como rexente debería ser constitucionalmente válida, e que a vontade do pobo debía transmitirse a través dos seus representantes locais e a súa designación debía estar aprobada pola Asemblea Xeral. Só entón, e "trala presentación dunha petición en Portugal por parte dunha delegación oficial do parlamento brasileiro", consideraría aceptar a oferta.[265][266]

Durante a guerra, Pedro armou canóns, cavou trincheiras, atendeu ós feridos, comeu xunto ós soldados e loitou baixo o fogo inimigo.[267][268][269][270] A súa causa estaba xa case perdida ata que tomou a decisión arriscada de dividir as súas forzas e enviar unha parte delas nun ataque anfibio no sur de Portugal. Esta expedición conseguiu capturar a rexión do Algarve, marchando posteriormente cara ó norte en dirección a Lisboa, que capitulou o 24 de xullo.[271] Pedro acabou por someter o resto do país, pero cando o conflito estaba a piques de concluír interveu o seu tío español, o Infante Carlos, conde de Molina, quen desexaba apoderarse da coroa da súa sobriña Isabel II. Neste conflito maior que involucraba a Península Ibérica ó completo, a Primeira guerra carlista, o duque de Braganza aliouse cos exércitos españois liberais leais a Isabel II e derrotou tanto a Miguel I coma a Carlos, chegando a un acordo de paz o 26 de maio de 1834.[272][273]

Pedro sempre gozara dunha boa saúde, agás por algúns gromos de epilepsia que manifestara en forma de varios ataques cada poucos anos.[40][274] Porén, a guerra socavou a súa constitución e en 1834 estaba morrendo por mor dunha tuberculose.[275] Quedou confinado a súa cama no Pazo Real de Queluz dende o 10 de setembro.[276][277] Dende alí ditou unha carta aberta dirixida ós brasileiros, na que lles pedía que adoptasen unha abolición gradual da escravitude, advertíndolles: "A escravitude é un mal, é un ataque contra os dereitos e a dignidade da especie humana, porén as súas consecuencias son menos prexudiciais para aqueles que sofren no cativerio do que son para a Nación cuxas leis permiten a escravitude. É un cancro que devora a moralidade".[278] Tras unha longa e dolorosa enfermidade, Pedro faleceu as 14:30 horas do 24 de setembro de 1834.[279][280][281] Tal e como pedira el mesmo, o seu corazón foi levado ata a igrexa de Lapa en Porto e o seu corpo foi soterrado no Panteón Real da Casa de Braganza.[280][281] As novas da súa morte chegaron a Río de Xaneiro o 20 de novembro, pero os seus fillos non foron informados ata despois do 2 de decembro.[282] Bonifácio, que xa non actuaba como gardián deles, escribiulles unha carta a Pedro II e as súas irmás: "Dom Pedro non morreu. Só os homes ordinarios morren, non os heroes."[283][284]

Monumento á Independencia do Brasil, onde está soterrado Pedro I xunto con María Leopoldina e Amelia

Trala morte de Pedro I o ata entón poderoso Partido Restaurador esvaeceuse dun día para outro,[285] e non foi ata após o seu pasamento cando se fixo unha avaliación xusta do antigo monarca, unha vez que o seu posible retorno ó poder xa non era unha ameaza. Evaristo da Veiga, un dos seus peores críticos ademais de líder no Partido Liberal, deixou unha afirmación que segundo o historiador Otávio Tarquínio de Sousa pasou a ser dende ese momento a visión que prevaleceu sobre Pedro:[281]

O antigo emperador do Brasil non era un príncipe ordinario [...] e a Providencia fixo del un poderoso instrumento de liberación, tanto no Brasil coma en Portugal. Se nos [os brasileiros] existimos como un corpo nunha Nación libre, se a nosa terra non foi rachada en pequenas repúblicas inimigas, onde só a anarquía e o espírito militar prevalecen, debémoslle moito á resolución que tomou en ficar entre nos, en facer o primeiro grito pola nosa Independencia [...] Portugal, se fose liberado da máis escura e degradante tiranía [...] se goza dos beneficios que trouxo un goberno representativo ós pobos educados, débello a D. Pedro de Alcântara, cuxas fatigas, sufrimentos e sacrificios pola causa portuguesa gañáronlle en alto grao o tributo da gratitude nacional.
Tradución do orixinal.[286][287]
Estatua ecuestre de Pedro IV na Praza da Liberdade, no Porto

John Armitage, que viviu no Brasil durante a última metade do reinado de Pedro I, afirmou que "incluso os erros do Monarca foron atendidos cun gran beneficio por medio da súa influencia nos asuntos da súa patria nai. Se tivese gobernado con máis sabedoría, tería sido mellor para a súa terra de adopción, mais, quizais, desafortunado para a humanidade". Armitage engadiu: "[o igual que o] tardío emperador dos franceses, [Pedro] era tamén un fillo do destino, ou mellor, un instrumento nas mans dunha omnisciente e beneficiosa Providencia para o fomento de grandes e inescrutables fins. No vello e no novo mundo estaba dende ese momento destinado a converterse o instrumento de máis revolucións, e antes da fin da súa brillante pero efémera carreira na terra dos seus pais, para reparar de sobra os erros e tolerías da súa vida anterior, por medio da súa devoción cabaleirosa e heroica á causa da liberdade civil e relixiosa".[288]

En 1972, no 150º aniversario da independencia do Brasil, os restos de Pedro I (agás o seu corazón) foron levados ó Brasil —tal e como el deixara escrito no seu testamento— nunha gran celebración e coas honras dun xefe de estado. Os seus restos foron soterrados de novo no Monumento á Independencia do Brasil, xunto cos de María Leopoldina e os de Amelia de Leuchtenberg, na cidade de São Paulo.[280][289] Anos despois, o historiador Neill Macaulay afirmou: "As críticas a Dom Pedro expresábanse con liberdade e moitas veces de forma vehemente; isto empuxouno a abdicar de dous tronos. A súa tolerancia ás críticas públicas e a súa disposición a repartir o poder separan a Dom Pedro dos seus predecesores absolutistas e dos gobernantes dos estados coercitivos de hoxe en día, cuxos mandatos vitalicios son tan seguros como os dos reis de antano". Macaulay afirmou tamén que "líderes liberais con éxito como Dom Pedro reciben homenaxes ocasionais en forma dun monumento de pedra ou estatua de bronce, pero os seus retratos, de catro andares de altura, non moldean os edificios públicos; as súas imaxes non se portan en desfiles de centos de miles de manifestantes uniformados; non hai "-ismos" adxuntos ós seus nomes".[290]

Títulos e distincións

[editar | editar a fonte]
Sinatura de Pedro I nos documentos oficiais
Iniciais asinadas nos documentos oficiais

Pedro recibiu os seguintes tratamentos oficiais ó longo da súa vida:

Período Tratamento Ref.
12 de outubro de 1798 – 11 de xuño de 1801 A súa alteza o serenísimo infante Dom Pedro, Gran Prior de Crato [147]
11 de xuño de 1801 – 20 de marzo de 1816 A súa alteza real o príncipe de Beira [147]
20 de marzo de 1816 – 9 de xaneiro de 1817 A súa alteza real o príncipe do Brasil [147]
9 de xaneiro de 1817 – 10 de marzo de 1826 A súa alteza real o Príncipe real [147]
12 de outubro de 1822 – 7 de abril de 1831 A súa maxestade imperial o Emperador [147]
10 de marzo de 1826 – 2 de maio de 1826 A súa maxestade o Rei [147]
15 de xuño de 1831 – 24 de setembro de 1834 A súa maxestade imperial o duque de Braganza [244]

Como emperador do Brasil, o seu tratamento e título completo foi "A súa maxestade imperial Dom Pedro I, emperador Constitucional e Defensor Perpetuo do Brasil".[291] Como rei de Portugal, o seu tratamento e título completo foi "A súa maxestade Dom Pedro IV, rei de Portugal e dos Algarves, de aquí e alén do mar en África, Señor da Guinea e da Conquista, Navegación e Comercio de Etiopía, Arabia, Persia e India, etc."[292] Como herdeiro á coroa de Portugal[293] recibiu os títulos nobiliarios de duque de Braganza, duque de Barcelos, duque de Guimarães, marqués de Vila Viçosa, conde de Ourém, conde de Barcelos, conde de Faria e Neiva, conde de Arraiolos e conde de Guimarães.[8]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Como emperador Pedro I, foi Gran Mestre no Brasil da Orde de Cristo, da Orde de Avis, da Orde de San Xaime da Espada, da Orde da Cruz do Sur, da Orde de Pedro I e da Orde da Rosa.[294] Como rei Pedro IV, foi Gran Mestre en Portugal da Orde de Cristo, da Orde de San Benedito de Avis, da Orde de San Xaime da Espada, da Orde da Torre e da Espada e da Orde da Inmaculada Concepción de Vila Viçosa.[8]

Tras abdicar da coroa portuguesa recibiu a Gran Cruz da orde portuguesa da Torre e da Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, o 20 de setembro de 1834.[147] Recibiu tamén as distincións e honras estranxeiras de cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro de España, Gran Cruz da Orde de Carlos III de España, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica de España, Gran Cruz da Orde de San Luís de Francia, cabaleiro da Orde do Espírito Santo de Francia, cabaleiro da Orde de San Miguel de Francia e Gran Cruz da Orde de Santo Estevo de Hungría.[295]

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]

Ascendencia

[editar | editar a fonte]

A ascendencia do emperador Pedro I foi a seguinte:[296]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Pedro II de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
8. Xoán V de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Sofía de Neuburgo
 
 
 
 
 
 
 
4. Pedro III de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Leopoldo I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
9. María Ana de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor Magdalena de Neuburgo
 
 
 
 
 
 
 
2. Xoán VI de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Xoán V de Portugal (= 8)
 
 
 
 
 
 
 
10. Xosé I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Ana de Austria (= 9)
 
 
 
 
 
 
 
5. María I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
11. Mariana Vitoria de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
1. Pedro I do Brasil e IV de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Filipe V de España (= 22)
 
 
 
 
 
 
 
12. Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel de Farnesio (= 23)
 
 
 
 
 
 
 
6. Carlos IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
13. María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
3. Carlota Xoaquina de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Filipe V de España (= 22)
 
 
 
 
 
 
 
14. Filipe I de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Isabel de Farnesio (= 23)
 
 
 
 
 
 
 
7. María Luísa de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Lois XV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
15. Luisa Isabel de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. María Leszczyńska
 
 
 
 
 
 

Descendencia

[editar | editar a fonte]
Nome Retrato Período de vida Notas
Con María Leopoldina de Austria (22 de xaneiro de 1797 – 11 de decembro de 1826; casados por procuración o 13 de maio de 1817)
María II de Portugal 4 de abril de 1819 –
15 de novembro de 1853
Raíña de Portugal dende 1826 ata 1853. O seu primeiro marido, Augusto de Beauharnais, faleceu poucos meses despois do seu casamento. O seu segundo marido foi o príncipe Fernando de Saxe-Coburgo e Gotha, que se converteu no rei Dom Fernando II tralo nacemento do seu primeiro fillo. Tivo once fillos deste matrimonio. María II era herdeira do seu irmán Pedro II como princesa imperial ata que foi excluída da liña de sucesión brasileira pola lei nº 91 do 30 de outubro de 1835.[297]
Miguel, príncipe de Beira 26 de abril de 1820 Príncipe de Beira dende o seu nacemento ata a súa morte.
Xoán Carlos, príncipe de Beira 6 de marzo de 1821 –
4 de febreiro de 1822
Príncipe de Beira dende o seu nacemento ata a súa morte.
Princesa Januária do Brasil 11 de marzo de 1822 –
13 de marzo de 1901
Casada con Luís Carlos, Conde de Áquila, fillo de Francisco I, rei das Dúas Sicilias. Tivo catro fillos deste matrimonio. Recoñecida oficialmente como Infanta de Portugal o 4 de xuño de 1822,[298] posteriormente considerouse excluída da liña de sucesión portuguesa trala independencia do Brasil.[299]
Princesa Paula do Brasil 17 de febreiro de 1823 –
16 de xaneiro de 1833
Faleceu ós 9 anos de idade, probablemente de meninxite.[300] Nada no Brasil trala súa independencia, Paula foi excluída da liña de sucesión portuguesa.[301]
Princesa Francisca do Brasil 2 de agosto de 1824 –
27 de marzo de 1898
Casou con Francisco de Orleáns, fillo de Lois Filipe I, rei de Francia. Tivo tres fillos deste matrimonio. Nada no Brasil trala súa independencia, Francisca foi excluída da liña de sucesión portuguesa.[302]
Pedro II do Brasil 2 de decembro de 1825 –
5 de decembro de 1891
Emperador do Brasil dende 1831 ata 1889. Casou con Teresa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, filla de Francisco I, rei das Dúas Sicilias. Tivo catro fillos deste matrimonio. Nado no Brasil trala súa independencia, Pedro II foi excluído da liña de sucesión portuguesa e non se converteu en rei Dom Pedro V de Portugal trala abdicación do seu pai.[284]
Con Amelia de Leuchtenberg (31 de xullo de 1812 – 26 de xaneiro de 1873; casados por procuración o 2 de agosto de 1829)
Princesa María Amelia do Brasil 1 de decembro de 1831 –
4 de febreiro de 1853
Viviu toda a súa vida en Europa e non chegou a visitar nunca o Brasil. Estaba prometida co arquiduque Maximiliano, posteriormente o emperador Maximiliano I de México, pero faleceu antes de casar. Nada anos despois de que seu pai abdicase da coroa de Portugal, María Amelia nunca estivo na liña de sucesión do trono de Portugal.[303]
Con Domitila de Castro (27 de decembro de 1797 – 3 de novembro de 1867)
Isabel María de Alcântara Brasileira 23 de maio de 1824 –
3 de novembro de 1898
Foi a única filla de Pedro I, nada fóra de matrimonio oficialmente lexitimada por el.[304] O 24 de maio de 1826 Isabel María recibiu o título de "duquesa de Goiás", o tratamento de alteza e o dereito a usar o título honorífico "Dona".[304] Foi a primeira persoa en ter un ducado no Imperio do Brasil .[305] Estas distincións non lle conferiron o status de princesa do Brasil nin a situaron na liña de sucesión. No seu testamento, Pedro I deixoulle unha parte da herdanza.[306] Perdeu posteriormente o seu título e distincións ó casar o 17 de abril de 1843 cun estranxeiro, Ernst Fischler von Treuberg, conde de Treuburgo.[307][308]
Pedro de Alcântara Brasileiro 7 de decembro de 1825 –
27 de decembro de 1825
Pedro I puido ter considerado outorgarlle o título de "duque de São Paulo", que nunca chegou a realizar por mor do falecemento do neno ó pouco de nacer.[309]
María Isabel de Alcântara Brasileira 13 de agosto de 1827 –
25 de outubro de 1828
Pedro I considerou outorgarlle o título de "duquesa de Ceará", o tratamento de alteza e o dereito a usar o título honorífico de "Dona".[310] Nunca chegou a poñerse en práctica por mor do falecemento da nena ó ano de nacer. Moitas fontes noméana como "duquesa de Ceará", malia que non existe un rexistro do seu título nos libros oficiais, nin se menciona nos documentos relacionados co seu funeral.[310]
María Isabel de Alcântara Brasileira 28 de febreiro de 1830 –
13 de setembro de 1896
Condesa do Iguazú por medio do seu casamento en 1848 con Pedro Caldeira Brant, fillo de Felisberto Caldeira Brant, marqués de Barbacena.[309] Non recibiu ningún título do seu pai por mor do casamento deste con Amelia. Non obstante, Pedro I recoñeceuna como filla no seu testamento, pero non lle deixou máis herdanza que unha petición á súa viúva de que axudase a María Isabel na súa educación e crianza.[306]
Con María Benedita, baronesa de Sorocaba (18 de decembro de 1792 – 5 de marzo de 1857)
Rodrigo Delfim Pereira 4 de novembro de 1823 –
31 de xaneiro de 1891
No seu testamento Pedro I recoñeceuno como o seu fillo e deixoulle unha parte da herdanza.[306] Rodrigo Delfim Pereira converteuse nun diplomático brasileiro e viviu gran parte da súa vida en Europa.[311]
Con Henriette Josephine Clemence Saisset
Pedro de Alcântara Brasileiro Nado o 28 de agosto de 1829 No seu testamento Pedro I recoñeceuno como o seu fillo e deixoulle unha parte da herdanza.[306]
  1. No Brasil recibiu o alcume "o Liberador" polo seu papel na independencia do país.[2] En Portugal tamén recibiu os alcumes "o Liberador" e "o rei Soldado", como resultado da súa participación na guerra contra o seu irmán Miguel I de Portugal.[3]
  2. Pedro I foi o compositor da música e letras do Hino da Carta (1821) para Portugal, e da música do Hino da Independência (1822) para o Brasil.[41]
  3. Nos dous recontos de testemuñas do 7 de setembro de 1822 que mencionan a montura de Pedro, o do Pai Belquior Pinheiro de Oliveira do 7 de setembro de 1826 e o de Manuel Marcondes de Oliveira e Melo (posteriormente barón de Pindamonhangaba) do 14 de abril de 1862, indícase que era unha besta baia (besta castaña).[98]. Nunha obra publicada no ano 1853 e baseada nunha entrevista con outra testemuña, o coronel Antônio Leite Pereira da Gama Lobo, o historiador Paulo Antônio do Vale afirmou que era un zaino (cabalo castaño).[99] Dous dos biógrafos de Pedro, Pedro Calmón e Neill Macaulay, indican que a súa montura era un cabalo castaño.[100][101]
  4. A maiores das coroas de Portugal e o Brasil, Pedro I rexeitou outras dúas. En abril de 1822, sendo aínda príncipe rexente, o goberno grego ofreceulle a coroa mentres o país estaba sumido nunha loita pola súa independencia nacional. Pedro I rexeitou a oferta, e eventualmente Otto de Bavaria converteríase no rei de Grecia. [148] Rexeitou tamén as ofertas da coroa española que recibiu en 1826 e 1829 por parte de liberais en rebelión contra o goberno absolutista do seu tío, Fernando VII. Os liberais en Portugal e España acordaron en 1830 facer de Pedro I o "Emperador de Iberia", oferta que aparentemente tamén rexeitou xa que non deu ningún resultado.[149] O historiador brasileiro Sérgio Corrêa da Costa e o historiador portugués Antônio Sardinha argumentaron, aínda que achegando poucas probas, que un dos incentivos que levou a Pedro I a abdicar da coroa do Brasil foi o de destronar ó seu irmán e ó seu tío e gobernar como emperador da Península Ibérica ó completo.[150]
  5. Os rumores que comezaron a circular naquel momento afirmaban que Pedro I propináralle unha patada a María Leopoldina no ventre durante unha intensa discusión. Domitila de Castro e Wenzel Philipp Leopold, foran testemuñas da discusión. Servindo naquel entón como ministro de Austria no Brasil, e polo tanto partidario dos intereses de María Leopoldina, Wenzel Philipp Leopold foi a única testemuña que deixou por escrito o que sucedeu realmente. Segundo o seu relato a parella mantivo unha dura discusión na que intercambiaron insultos, pero sen mencionar violencia física.[169][170][171] Os historiadores Alberto Rangel,[172] Pedro Calmón,[173][174]) Otávio Tarquínio de Sousa,[175] Sérgio Corrêa da Costa[171] e Roderick J. Barman[37] descartaon a posibilidade de que Pedro I danase fisicamente a súa muller, e todos eles afirmaron que o altercado limitouse a unha dura linguaxe. Unha exhumación posterior do cadáver de María Leopoldina confirmou que esta falecera por causas naturais.[176] Non obstante, aínda en 1831 as difamacións sobre a conduta de Pedro no momento da morte da súa muller continuaban a circular malia ser infundadas.[175] Barman afirmou de forma categórica que a morte de María Leopoldina deixou a Pedro I "sen ningunha aura de santidade, tanto en casa coma no estranxeiro".[177]
  6. Unha pasaxe notable dunha carta enviada a Pedro II ofrece unha noción da filosofía política do duque de Braganza: "A era na que os príncipes eran respectados so porque eran simplemente príncipes rematou; no século no que vivimos, no que as xentes están ben informadas dos seus dereitos, é necesario que os príncipes deban ser e tamén deban saber que son homes e non divinidades, que para eles o coñecemento e o sentido común son indispensables para ser rapidamente máis amados que respectados. O respecto dun pobo libre polo seu gobernante debería nacer da convicción que manteñen en que o seu gobernante e capaz de facer que consigan ese nivel de felicidade ó que aspiran; e de non ser ese o caso, gobernante infeliz, xente infeliz".[251][252][253]
  7. Pedro fíxolle dúas peticións a José Bonifácio, gardián dos seus fillos: "a primeira é que deixes para min un anaco do seu precioso cabelo; a segunda e que a deixes no convento da Nossa Senhora da Ajuda e no mesmo lugar que a súa boa nai, a miña Leopoldina".[264]
Referencias
  1. Calmon 1950, p. 14.
  2. Viana 1994, p. 252.
  3. Saraiva 2001, p. 378.
  4. Calmón 1950, p. 14.
  5. Sousa 1972, Vol 1, pp. 10–11.
  6. 6,0 6,1 Macaulay 1986, p. 6.
  7. Lustosa 2006, p. 36.
  8. 8,0 8,1 8,2 Branco 1838, p. XXXVI.
  9. Calmón 1975, p. 3.
  10. Barman 1999, p. 424.
  11. Calmón 1950, pp. 5, 9, 11.
  12. Sousa 1972, Vol 1, pp. 5, 9–10.
  13. Calmón 1950, p. 12.
  14. Sousa 1972, Vol 1, pp. 4, 8, 10, 28.
  15. Calmón 1950, pp. 12–13.
  16. Macaulay 1986, p. 3.
  17. Sousa 1972, Vol 1, p. 9.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Macaulay 1986, p. 7.
  19. 19,0 19,1 Sousa 1972, Vol 1, p. 12.
  20. Costa 1972, pp. 12–13.
  21. Lustosa 2006, p. 43.
  22. Sousa 1972, Vol 1, pp. 34, 47.
  23. Sousa 1972, Vol 1, pp. 39,41.
  24. Macaulay 1986, p. 22.
  25. Macaulay 1986, p. 29.
  26. Sousa 1972, Vol 1, pp. 125, 128.
  27. Macaulay 1986, p. 189.
  28. Calmón 1950, p. 33.
  29. Macaulay 1986, pp. 22, 33.
  30. 30,0 30,1 30,2 Macaulay 1986, p. 32.
  31. Sousa 1972, Vol 1, p. 116.
  32. Costa 1995, pp. 99–101.
  33. 33,0 33,1 Lustosa 2006, p. 70.
  34. 34,0 34,1 34,2 Costa 1995, p. 101.
  35. Sousa 1972, Vol 1, p. 121.
  36. Sousa 1972, Vol 2, p. 101.
  37. 37,0 37,1 Barman 1999, p. 17.
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 Macaulay 1986, p. 46.
  39. Lustosa 2006, p. 58.
  40. 40,0 40,1 Macaulay 1986, p. 36.
  41. Cardoso 2012, p. 47.
  42. Macaulay 1986, p. 37.
  43. Macaulay 1986, pp. 175, 255.
  44. Sousa 1972, Vol 2, p. 185.
  45. Sousa 1972, Vol 3, p. 121.
  46. Macaulay 1986, p. 177.
  47. Barman 1988, p. 134.
  48. Sousa 1972, Vol 1, p. 252.
  49. Macaulay 1986, p. 51.
  50. Lustosa 2006, p. 71.
  51. Sousa 1972, Vol 1, p. 76.
  52. Sousa 1972, Vol 1, pp. 78–80.
  53. Macaulay 1986, p. 53.
  54. Costa 1972, p. 42.
  55. Calmón 1950, p. 44.
  56. Sousa 1972, Vol 1, p. 96.
  57. Calmón 1950, p. 49.
  58. Barman 1988, p. 64.
  59. 59,0 59,1 Barman 1988, p. 68.
  60. Macaulay 1986, pp. 47–48.
  61. Sousa 1972, Vol 1, pp. 121–122.
  62. Sousa 1972, Vol 1, p. 123.
  63. 63,0 63,1 Macaulay 1986, p. 93.
  64. Barman 1988, p. 70.
  65. Sousa 1972, Vol 1, pp. 158–164.
  66. Calmón 1950, pp. 59–62.
  67. Viana 1994, p. 395.
  68. 68,0 68,1 68,2 Barman 1988, p. 72.
  69. Sousa 1972, Vol 1, pp. 203–217.
  70. Calmón 1950, pp. 66–67.
  71. Viana 1994, p. 396.
  72. Sousa 1972, Vol 1, p. 227.
  73. Macaulay 1986, p. 86.
  74. Costa 1972, p. 69.
  75. Sousa 1972, Vol 1, pp. 232–233.
  76. Macaulay 1986, p. 96.
  77. 77,0 77,1 Barman 1988, p. 74.
  78. 78,0 78,1 Lustosa 2006, p. 114.
  79. Lustosa 2006, pp. 113–114.
  80. Calmón 1950, pp. 75–76.
  81. Sousa 1972, Vol 1, p. 242.
  82. Sousa 1972, Vol 1, p. 264.
  83. Barman 1988, p. 81.
  84. Sousa 1972, Vol 1, pp. 264–265.
  85. Barman 1988, p. 82.
  86. Barman 1988, p. 83.
  87. 87,0 87,1 Macaulay 1986, p. 107.
  88. 88,0 88,1 Barman 1988, p. 84.
  89. Calmón 1950, p. 82.
  90. Barman 1988, p. 78.
  91. Macaulay 1986, pp. 109–110.
  92. Macaulay 1986, p. 116.
  93. Calmón 1950, p. 85.
  94. Barman 1988, pp. 90–91, 96.
  95. Macaulay 1986, pp. 119, 122–123.
  96. Macaulay 1986, p. 124.
  97. 97,0 97,1 Barman 1988, p. 96.
  98. Costa 1972, Vol 295, pp. 74, 80.
  99. Costa 1972, Vol 295, pp. 75, 80.
  100. Calmón 1975, p. 97.
  101. 101,0 101,1 Macaulay 1986, p. 125.
  102. Sousa 1972, Vol 2, p. 31.
  103. Costa 1972, Vol 295, p. 131.
  104. Costa 1972, Vol 295, p. 133.
  105. Viana 1994, pp. 420–422.
  106. Barman 1988, pp. 104–106.
  107. Sousa 1972, Vol 1, p. 307.
  108. Lustosa 2006, p. 139.
  109. Barman 1988, p. 110.
  110. Macaulay 1986, p. 148.
  111. Barman 1988, p. 101.
  112. Sousa 1972, Vol 2, p. 71.
  113. Barman 1988, p. 92.
  114. Macaulay 1986, pp. 121, 129–130.
  115. Barman 1988, pp. 100, 272.
  116. Calmón 1950, p. 93.
  117. Macaulay 1986, p. 120.
  118. Macaulay 1986, pp. 153–154.
  119. Barman 1988, p. 116.
  120. Barman 1988, p. 117.
  121. Barman 1988, p. 118.
  122. Macaulay 1986, p. 157.
  123. Viana 1994, p. 429.
  124. Macaulay 1986, p. 162.
  125. Lustosa 2006, p. 174.
  126. Sousa 1972, Vol 2, pp. 166, 168.
  127. Viana 1994, p. 430.
  128. Barman 1988, p. 123.
  129. 129,0 129,1 129,2 Macaulay 1986, p. 165.
  130. 130,0 130,1 Barman 1988, p. 122.
  131. Barman 1988, p. 121.
  132. 132,0 132,1 Macaulay 1986, p. 166.
  133. Barman 1988, p. 278.
  134. Viana 1994, p. 435.
  135. 135,0 135,1 Barman 1988, p. 128.
  136. Sousa 1972, Vol 2, p. 193.
  137. Macaulay 1986, p. 184.
  138. Barman 1988, pp. 140–141.
  139. Sousa 1972, Vol 2, pp. 195–197.
  140. Macaulay 1986, pp. 184–185.
  141. Barman 1988, p. 140.
  142. Sousa 1972, Vol 2, p. 195.
  143. Barman 1988, p. 141.
  144. Macaulay 1986, p. 186.
  145. 145,0 145,1 Barman 1988, p. 142.
  146. Morato 1835, p. 26.
  147. 147,0 147,1 147,2 147,3 147,4 147,5 147,6 147,7 Branco 1838, p. XXXVII.
  148. Costa 1995, pp. 172–173.
  149. Costa 1995, pp. 195–197.
  150. Costa 1995, pp. 197, 199.
  151. 151,0 151,1 Barman 1988, p. 148.
  152. 152,0 152,1 Macaulay 1986, p. 226.
  153. Macaulay 1986, p. 295.
  154. Macaulay 1986, pp. 255, 295.
  155. Macaulay 1986, p. 239.
  156. Barman 1988, pp. 147–148.
  157. Barman 1988, p. 125.
  158. Sousa 1972, Vol 2, p. 206.
  159. Macaulay 1986, p. 190.
  160. Macaulay 1986, pp. 168, 190.
  161. Barman 1988, p. 146.
  162. Lustosa 2006, pp. 192, 231, 236.
  163. Barman 1999, p. 16.
  164. Barman 1988, p. 136.
  165. Macaulay 1986, pp. 201–202.
  166. 166,0 166,1 Macaulay 1986, p. 202.
  167. Rangel 1928, pp. 178–179.
  168. Costa 1972, pp. 123–124.
  169. Rangel 1928, pp. 162–163.
  170. Calmón 1975, pp. 14–15.
  171. 171,0 171,1 Costa 1995, p. 86.
  172. Rangel 1928, p. 163.
  173. Calmón 1950, p. 137.
  174. Calmón 1975, p. 14.
  175. 175,0 175,1 Sousa 1972, Vol 2, p. 242.
  176. Ambiel 2013, p. 207.
  177. 177,0 177,1 Barman 1988, p. 147.
  178. Macaulay 1986, p. 211.
  179. Barman 1988, p. 151.
  180. Barman 1999, p. 24.
  181. Rangel 1928, p. 193.
  182. 182,0 182,1 Lustosa 2006, p. 250.
  183. 183,0 183,1 Costa 1995, p. 88.
  184. Sousa 1972, Vol 2, p. 260.
  185. Rangel 1928, p. 195.
  186. Lustosa 2006, p. 262.
  187. 187,0 187,1 Lustosa 2006, p. 252.
  188. Sousa 1972, Vol 2, p. 320.
  189. Sousa 1972, Vol 2, p. 326.
  190. 190,0 190,1 Costa 1995, p. 94.
  191. Sousa 1972, Vol 3, p. 8.
  192. Lustosa 2006, p. 285.
  193. Sousa 1972, Vol 3, p. 15.
  194. Macaulay 1986, p. 235.
  195. Rangel 1928, p. 274.
  196. 196,0 196,1 196,2 Barman 1988, p. 156.
  197. Sousa 1972, Vol 3, pp. 10, 16–17.
  198. Macaulay 1986, pp. 231, 241.
  199. Macaulay 1986, p. 236.
  200. Lustosa 2006, p. 283.
  201. Barman 1988, pp. 114, 131, 134, 137–139, 143–146, 150.
  202. Needell 2006, pp. 34–35, 39.
  203. Macaulay 1986, pp. 195, 234.
  204. 204,0 204,1 Macaulay 1986, p. 229.
  205. Needell 2006, p. 42.
  206. Barman 1988, pp. 136–138.
  207. Macaulay 1986, pp. x, 193, 195, 219, 229, 221.
  208. Viana 1994, p. 445.
  209. Viana 1994, p. 476.
  210. Macaulay 1986, p. 244.
  211. Macaulay 1986, p. 243.
  212. Calmón 1950, pp. 155–158.
  213. Macaulay 1986, p. 174.
  214. Macaulay 1986, pp. 216–217, 246.
  215. Macaulay 1986, p. 215.
  216. Lustosa 2006, pp. 129, 131.
  217. Macaulay 1986, p. 214.
  218. Lustosa 2006, p. 131.
  219. Macaulay 1986, p. 108.
  220. Lustosa 2006, pp. 128–129.
  221. Macaulay 1986, p. 195.
  222. 222,0 222,1 222,2 222,3 222,4 Barman 1988, p. 159.
  223. Sousa 1972, Vol 3, p. 44.
  224. 224,0 224,1 Barman 1988, p. 157.
  225. Barman 1988, p. 138.
  226. Viana 1966, p. 24.
  227. Barman 1988, p. 154.
  228. Sousa 1972, Vol 3, p. 127.
  229. Macaulay 1986, pp. 246–147.
  230. Barman 1988, p. 158.
  231. Macaulay 1986, p. 250.
  232. Sousa 1972, Vol 3, p. 108.
  233. 233,0 233,1 Macaulay 1986, p. 251.
  234. Sousa 1972, Vol 3, p. 110.
  235. Calmón 1950, pp. 192–193.
  236. 236,0 236,1 Macaulay 1986, p. 252.
  237. Sousa 1972, Vol 3, p. 114.
  238. Lustosa 2006, p. 323.
  239. Macaulay 1986, pp. 254–257.
  240. Sousa 1972, Vol 3, pp. 117, 119, 142–143.
  241. 241,0 241,1 Macaulay 1986, p. 257.
  242. Sousa 1972, Vol 3, pp. 149, 151.
  243. Macaulay 1986, pp. 257–260, 262.
  244. 244,0 244,1 Sousa 1972, Vol 3, p. 158.
  245. 245,0 245,1 Macaulay 1986, p. 259.
  246. Macaulay 1986, p. 267.
  247. Barman 1988, p. 281.
  248. Calmón 1975, p. 36.
  249. Costa 1995, p. 117.
  250. Jorge 1972, p. 203.
  251. Barman 1999, p. 40.
  252. Calmón 1950, p. 214.
  253. Lustosa 2006, p. 318.
  254. Lustosa 2006, p. 306.
  255. Lustosa 2006, p. 320.
  256. Calmón 1950, p. 207.
  257. Costa 1995, p. 222.
  258. Costa 1972, pp. 174–179.
  259. Macaulay 1986, pp. 269–271, 274.
  260. Sousa 1972, Vol 3, pp. 221–223.
  261. Macaulay 1986, pp. 268–269.
  262. Sousa 1972, Vol 3, pp. 201, 204.
  263. Costa 1995, pp. 222, 224.
  264. 264,0 264,1 Santos 2011, p. 29.
  265. Macaulay 1986, p. 293.
  266. Sousa 1972, Vol 3, p. 287.
  267. Calmón 1950, pp. 222–223.
  268. Costa 1995, pp. 311–317.
  269. Macaulay 1986, pp. 276, 280, 282, 292.
  270. Sousa 1972, Vol 3, pp. 241–244, 247.
  271. Macaulay 1986, p. 290.
  272. Macaulay 1986, pp. 295, 297–298.
  273. Sousa 1972, Vol 3, pp. 291, 293–294.
  274. Lustosa 2006, pp. 72–73.
  275. Macaulay 1986, p. 302.
  276. Macaulay 1986, p. 304.
  277. Sousa 1972, Vol 3, p. 302.
  278. Jorge 1972, pp. 198–199.
  279. Costa 1995, p. 312.
  280. 280,0 280,1 280,2 Macaulay 1986, p. 305.
  281. 281,0 281,1 281,2 Sousa 1972, Vol 3, p. 309.
  282. Barman 1999, p. 433.
  283. Macaulay 1986, p. 299.
  284. 284,0 284,1 Calmón 1975, p. 81.
  285. Barman 1988, p. 178.
  286. Jorge 1972, p. 204.
  287. Sousa 1972, Vol 3, pp. 309, 312.
  288. Armitage 1836, Vol 2, pp. 139–140.
  289. Calmón 1975, p. 900.
  290. Macaulay 1986, p. x.
  291. Rodrigues 1863, p. 71.
  292. Palácio de Queluz 1986, p. 24.
  293. Branco 1838, p. XXIV.
  294. Barman 1999, p. 11.
  295. Branco 1838, pp. XXXVI–XXXVII.
  296. Barman 1999, p. 8.
  297. Barman 1999, p. 438.
  298. Morato 1835, p. 17.
  299. Morato 1835, pp. 33–34.
  300. Barman 1999, p. 42.
  301. Morato 1835, pp. 17–18.
  302. Morato 1835, pp. 18–19, 34.
  303. Morato 1835, pp. 31–32, 35–36.
  304. 304,0 304,1 Sousa 1972, Vol 2, p. 229.
  305. Viana 1968, p. 204.
  306. 306,0 306,1 306,2 306,3 Rangel 1928, p. 447.
  307. Rodrigues 1975, Vol 4, p. 22.
  308. Lira 1977, Vol 1, p. 276.
  309. 309,0 309,1 Viana 1968, p. 206.
  310. 310,0 310,1 Viana 1968, p. 205.
  311. Barman 1999, p. 148.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]