Saltar ao contido

Miguel I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel I de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Miguel I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1802 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1866 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Esselbach, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de São Vicente de Fora Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
28 de xuño de 1828 – 26 de maio de 1834
Grão-Mestre da Ordem Equestre e Militar de São Miguel da Ala (pt) Traducir
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Gran mestre da Orde da Inmaculada Concepción de Vila Viçosa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Rei-Absoluto Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneralísimo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfante de Portugal (pt) Traducir (1802–1828)
Duque de Beja (pt) Traducir (1802–1828)
Rei de Portugal
Senhor da Casa do Infantado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdelaide de Löwenstein-Wertheim-Rosenberg (1851–) Editar o valor en Wikidata
FillosMaria Assunção de Bragança, Maria de Jesus de Bragança, Maria Teresa de Bragança, arquiduquesa da Áustria, Maria José de Bragança, Aldegundes de Bragança, Duquesa de Guimarães, Maria Ana de Bragança, Grã-duquesa do Luxemburgo, Maria Antónia de Bragança, duquesa de Parma, Maria das Neves de Bragança, Miguel Januário de Bragança Editar o valor en Wikidata
PaisXoán VI de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Carlota Xoaquina de Borbón Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro I do Brasil
Ana de Jesus Maria de Bragança
María Isabel de Bragança
María Francisca de Braganza
Isabel Maria de Bragança, regente de Portugal
Maria Teresa de Bragança
Maria da Assunção de Bragança
Francisco António Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Miguel, Don
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1024201 WikiTree: Braganza-24 Find a Grave: 9689678 Editar o valor en Wikidata

Miguel I de Portugal (nome completo: Miguel Maria do Patrocínio João Carlos Francisco de Assis Xavier de Paula Pedro de Alcântara António Rafael Gabriel Joaquim José Gonzaga Evaristo de Bragança e Bourbon; 26 de outubro de 1802 - 11 de novembro de 1866), foi rei de Portugal dende o 11 de xullo de 1828 ata 26 de maio de 1834, cando foi derrotado polo seu irmán, Pedro IV, que defendía o trono da súa filla, María II de Portugal. Recibiu os alcumes de O Tradicionalista dos seus partidarios e dos seus adversarios, O Absolutista ou O Usurpador, en virtude de alegadamente ter arrebatado o trono da súa sobriña. Era o terceiro fillo de Xoán VI de Portugal.

Após loitas internas contra o Parlamento, derrotado, é exiliado en Austria. Para volver a Portugal, D. Miguel acepta entón ficar noivo da sobriña, D. María da Gloria e, para poder ser nomeado rexente en minoría de idade desta, xura a Carta Constitucional de 1826 ante a corte austríaca, coa "reserva de todos os seus dereitos" e expresa determinación de que esta fose previamente aceptado polos tres estados do reino, conforme o seu decreto de outorga. Á súa chegada a Lisboa D. Miguel repite, nos mesmos termos, o xuramento de fidelidade á Carta e da raíña, a súa prometida muller. Pouco despois, convoca a reunión dos tres estados do reino en Cortes, para decidir a sucesión no trono de Portugal.

O 23 de xuño de 1828, é proclamado rei polas Cortes Xerais do Reino, que anulan a vixencia da Carta Constitucional e repón as Leis constitucionais tradicionais. Foi recoñecido polo Papa, España e Estados Unidos de América, quedando as restantes potencias na expectativa, pero aceptando tratar co seu goberno mentres entidade que "de facto" exercía o poder político sobre a case totalidade do territorio nacional.

A non aceptación da decisión das Cortes Xerais polo seu irmán D. Pedro e os liberais desencadeou a Guerra Civil Portuguesa (1831-1834) entre miguelistas e pedristas. Na primavera de 1834, a guerra civil entra na fase decisiva. O 22 de abril, polo Tratado de Londres, Reino Unido e Francia deciden poñer fin ao reinado de D. Miguel en Portugal e ás pretensións de Carlos María Isidro de Borbón en España. Así, derrotado, D. Miguel é forzado a abdicar en favor de D. María II a través da Concesión de Évoramonte (26 de maio de 1834). Parte para o exilio, en xullo do mesmo ano, vivindo o resto da súa vida na Alemaña, onde casou coa princesa Adelaide de Löwenstein-Wertheim-Rosenberg, que lle deu seis fillas e un fillo, Miguel, Duque de Bragança.

Rei de Portugal

Segue a:
María II de Portugal
Miguel I de Portugal
Precede a:
María II de Portugal
Dinastía de Braganza

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.