Beatriz de Portugal
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | febreiro de 1373 (Gregoriano) ![]() Coímbra (Reino de Portugal) ![]() |
Morte | 1409 ![]() Toro (Coroa de Castela) ![]() |
Lugar de sepultura | mosteiro de Sancti Spiritus Sepulcro de Beatriz de Portugal ![]() |
Raiña de Castilla | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Outro | |
Título | Rei de Castela (1383–1390) Rei de León Señor de Cuéllar ![]() |
Familia | Casa de Borgoña ![]() |
Cónxuxe | Xoán I de Castela (1383 (Gregoriano)–) ![]() |
Pais | Fernando I de Portugal ![]() ![]() |
Irmáns | Álvaro da Cunha, senhor de Pombeiro Isabel de Portugal, senhora de Viseu ![]() |
![]() |
Beatriz de Portugal, tamén chamada Dona Brites de Portugal, nada en Coímbra en 1372 e finada en Madrigal en 1410, foi unha raíña portuguesa, filla do rei Fernando I de Portugal e da súa muller, a raíña Lionor Teles de Meneses.
Vida
[editar | editar a fonte]Foi a última soberana da Casa de Borgoña, reinou a través de rexencia interposta, tal como sucedeu máis tarde a Pedro IV, sendo brevemente destronado pola revolución de 1383-85 tal e como este o foi polo seu irmán Miguel. Foi Beatriz I de Portugal de facto, vía rexencia e despois de iure só, entre 1383 a 1385.
Como era a única herdeira lexítima do trono deixado pola morte de Fernando I, Beatriz, casada con Xoán I de Castela, aclamouse raíña do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa nai Lionor Teles de Meneses; o seu marido Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarve aos seus títulos, e mandou cuñar moedas coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se sublevar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do Mestre de Avis, despois das Cortes de Coímbra de 1385, a historiografía oficial pasou a negar a realeza de Beatriz e ata, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal.
Tivo un fillo con Xoán de Castela, Miguel, herdeiro apenas da Coroa de Portugal, xa que o rei tiña outros dous fillos máis vellos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- OLIVERA SERRANO, C.: Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avis-Trastámara. Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas/Xunta de Galicia/Instituto de Estudios Gallegos «Padre Sarmiento», 2005, 591 pp. ISBN 84-00-08343-1. Cuadernos de Estudios Gallegos, XXXV.