Porto Alegre
Himno | Hino de Porto Alegre (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Río Grande do Sur | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.360.590 (2000) (2.738,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | portugués do Brasil | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 496,827 km² | ||||
Bañado por | Rio Guaíba (pt) | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 26 de marzo de 1772 | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | Nelson Marchezan Júnior (pt) (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Porto Alegre (pt) , (Escano: 36) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 90000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 51 | ||||
Código de concello do Brasil | 4314902 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Newark Morano Calabro (pt) La Plata Ramala Natal París Saint-Denis Buenos Aires Suzhou Ribeira Grande Horta (pt) Punta del Este (pt) Portalegre Salihli (en) Kanazawa (1967–) Rosario (1994–) San Petersburgo (2000–) | ||||
Sitio web | prefeitura.poa.br | ||||
Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes en 2006. A súa superficie total é de 497 km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]É a capital de estado brasileira máis próxima dos países veciños que, co Brasil, forman o Mercosur: a Arxentina e o Uruguai. É tamén hoxe coñecida mundialmente pola realización do Foro Social Mundial. A pesar de non ter sido unha cidade planeada, conserva moitas áreas verdes e boa calidade de vida, ademais dun interese pola cultura: proporcionalmente á súa poboación, é a cidade brasileira que máis librerías ten[Cómpre referencia]. Anualmente, en outubro, realízase a Feira do Livro (Feira do Libro) na cidade.
Ademais de ser un importante centro de comercio e servizos, a súa área metropolitana (con aproximadamente 4,5 millóns de habitantes) ten importantes industrias, como o Polo Petroquímico de Canoas, unha fábrica de automóbiles da General Motors (en Gravataí), unha de tractores agrícolas da Massey Ferguson, fábricas de alimentos, bebidas, téxtiles e outras.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia urbana de Porto Alegre.
Constituíuse no século XVIII coa chegada dos primeiros inmigrantes azoreanos, familias ou casais que fundaron unha poboación bautizada con nome de Porto dos Casais, e que máis tarde orixinou a cidade. Os primeiros chegaron á rexión en 1752.
En 1763, coa invasión española á cidade do Rio Grande, a sede do goberno local foi transferida para Viamão, xunto ó Porto dos Casais. Dez anos despois foi transferida de Viamão para o Porto dos Casais.
En 1803 foi construída a Santa Casa de Misericordia, hospital que existe ata hoxe. O 11 de decembro de 1810 o rei Xoán VI de Portugal elevou o poboado á condición de vila e, o 14 de novembro de 1821, o príncipe Pedro elevouna á condición de cidade. A poboación na época era de 12 mil habitantes.
En 1835 o Río Grande do Sur adheriuse á Revolución Farroupilha e, mesmo fortificada, Porto Alegre sufriu invasión, sendo retomada no ano seguinte polas tropas imperiais. Despois a cidade aínda resistiu a tres cercos, ata o ano 1838. Grazas á súa resistencia, o emperador Pedro II concedeu á cidade o título de Mui Leal e Valorosa.
Pero a guerra non impediu a construción do primeiro Mercado Municipal, organizando o comercio da área central da cidade. En 1845 co fin da revolución, a antiga muralla da cidade foi derribada, permitindo a súa expansión. A partir de entón chegaron á cidade os primeiros inmigrantes alemáns e italianos, e instaláronse as primeiras industrias.
Entre 1865 e 1870, a Guerra da Tripla Alianza transforma a cidade na capital provincial máis próxima dos teatros de operación. A cidade recibe diñeiro do goberno central para melloras, como telégrafo, novos estaleiros e guarnicións militares. Dous anos despois do fin da guerra, en 1872, foi inaugurada a primeira liña de tranvía arrastrada por mulas.
En 1884 é abolida a escravitude na cidade, catro anos antes da Lei Áurea. Na volta do século XIX para o XX, a cidade xa tiña 70 mil habitantes e moitas melloras urbanas.
Cultura
[editar | editar a fonte]Dispón tamén dun importante centro das tradicións dos gauchos, nome que se dá ós habitantes do Río Grande do Sur (pero tamén hai gauchos na Arxentina e no Uruguai) que conservan hábitos alimentarios (o churrasco, nome que se lle dá á carne asada en fogueiras), de bebida (o chimarrão, unha bebida feita co erba-mate e auga quente, tomada sen azucre) e danzas típicas que remontan ao período no que os límites da rexión eran disputados entre Portugal e España. Hai varios Centros de Tradición Gaucha na cidade. Outros pobos, como os inmigrantes italianos, alemáns, portugueses (principalmente azoreanos), españois, árabes e polacos, xunto cos negros que viñan ó Brasil como escravos ata o século XIX, tamén deixaron as súas marcas na cultura da cidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto Alegre |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prefeitura Municipal de Porto Alegre - páxina da administración municipal. En portugués
- Xornal Zero Hora - importante periódico editado na cidade. En portugués.
- Correio do Povo - outro xornal editado en Porto Alegre