Estado do Paraná
Himno | Hino do Paraná (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Río Paraná | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Curitiba | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.320.892 (2017) (56,8 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua uru-eu-wau-wau Língua caingangue (pt) Guarani chiripá (pt) Língua xetá (pt) Dialeto caripuna (pt) Dialeto amondaua (pt) Paranawát (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 199.314,9 km² | ||||
Altitude | 672 m | ||||
Punto máis alto | Pico Paraná (pt) (1.877 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo do Paraná (pt) | ||||
• Governador (pt) | Ratinho Júnior (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Paraná (pt) , (Escano: 54) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-PR | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Hyōgo (1970–) | ||||
Páxina web | pr.gov.br |
O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Limita ao nordeste co estado de São Paulo, ao leste co océano Atlántico, ao sur co estado de Santa Catarina, ao suroeste coa Arxentina, ao oeste con Paraguai e ao noroeste con Mato Groso do Sur. A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O estado de Paraná ocupa unha superficie de 199.880 km², estendéndose dende as costas do litoral ata o interior do país, localizándose a 51º00'00" de lonxitude Oeste e a 24º00'00" de latitude Sur e no fuso horario de -3 horas en relación a Greenwich. Tres cuartos do territorio atópanse por baixo do Trópico de Capricornio. É bañado polo océano Atlántico.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Relevo
[editar | editar a fonte]Uns 52% da superficie do estado atópase por encima dos 600 metros sobre o nivel do mar; un 89% do total da superficie están por encima dos 300 metros; e soamente uns 3% están por baixo dos 200 metros de altitude. O relevo é plano e levemente ondulado, con fortes elevacións na Serra do Mar. Ese relevo está formado por unha forte depresión no litoral, planaltos no interior e depresión no centro do estado.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do Estado baséase nunha moderna agricultura (cana de azucre, millo, soia, trigo, café, mandioca), na industria (alimentos, papel e celulosa, automóbil) e na extracción vexetal (madeira e erva-mate). Na fronteira do estado co Paraguai está a presa hidroeléctrica de Itaipu, unha das máis grandes do mundo en capacidade de xerar electricidade. A enerxía producida en Itaipú alimenta as industrias e cidades do estado e tamén de estados veciños, principalmente o estado de São Paulo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estado do Paraná |