Paraíba
Himno | Hino da Paraíba (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Rio Paraíba (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil ![]() | ||||
Capital | João Pessoa ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.025.558 (2017) ![]() | ||||
Lingua usada | Língua potiguara (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 56.584,6 km² ![]() | ||||
Altitude | 496 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Pico do Jabre (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Governo da Paraíba (pt) ![]() ![]() | ||||
• Governador da Paraíba (pt) ![]() ![]() | João Azevêdo (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa da Paraíba (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-PB ![]() | ||||
Sitio web | paraiba.pb.gov.br ![]() |
A Paraíba é un estado brasileiro situado a leste da Rexión Nordeste. Limita ao norte co Rio Grande do Norte, ao leste co océano Atlántico, ao sur con Pernambuco, e ao oeste con Ceará. Ten unha superficie de 56.439,8 km².
A capital é a cidade de João Pessoa. Outras cidades importantes son Campina Grande, Santa Rita, Patos e Souza.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Uns 66% do territorio do estado encóntranse entre os 300 e os 900 metros de altitude. O punto máis alto do estado é o Pico do Jabre, que ten unha altitude de 1.197 msnm.
Relevo
[editar | editar a fonte]
Gran parte do territorio do estado está formado por rochas resistentes e moi antigas, do Precámbrico, con máis de 2,5 mil millóns de anos. Elas forman un complexo cristalino que favorece a ocorrencia de minerais metálicos, non metálicos e xemas. Os sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos tamén resultan da grande idade xeolóxica destes terreos.
- no litoral, temos a planicie costeira, formada por praias e terras areosas.
- no Agreste temos depresións de relevo e tamén o Planalto de Borborema, con algunhas serras.
- no sertão temos depresións de relevo.
Ríos
[editar | editar a fonte]
Os ríos do estado corren en dúas direccións:
- os ríos litoráneos nacen no Planalto da Borborema e seguen para o leste ata o océano Atlántico. Os principais son o Paraíba (co 360 km de extensión, é o maior do estado), o Curimataú e o Mamanguape. Son ríos perennes, que non desaparecen durante os meses secos.
- os ríos sertanexos seguen para o estado do Rio Grande do Norte. O principal é o Río Piranhas. Son en xeral ríos temporáneos, que desaparecen na estación seca.
Clima
[editar | editar a fonte]Tropical húmido no litoral, con chuvias máis abundantes. Despois do Planalto da Borborema (que funciona como unha barreira aos ventos húmidos) o clima tornase semi-árido, con secas que poden durar case un ano.
Vexetación
[editar | editar a fonte]O estado presenta apenas uns pequenos remanecentes da foresta tropical orixinal, que existía cando os portugueses arribaron. Outro ecosistema moi modificado é o mangleiral costeiro, que nalgunhas zonas foi aterrado para a ocupación humana.
A vexetación nativa do Planalto da Borborema e do sertão é a caatinga, formada por árbores e arbustos resistentes ás secas prolongadas, que perden as follas para conservar a humidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paraíba ![]() |