Rondonia
Himno | Hino de Rondônia (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Cândido Rondon (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Porto Velho | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.380.952 (2000) (5,81 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Wiraféd (en) Lingua uru-eu-wau-wau Língua jabuti (pt) Língua aicanã (pt) Língua arikapú (pt) Língua ariquém (pt) Oro Win (en) Língua mondé (pt) Aruáshi (en) Língua ajuru (pt) Língua cinta-larga (pt) Língua tupari (pt) Língua puruborá (pt) Língua zoró (pt) Língua caritiana (pt) Língua suruí-paíter (pt) Kepkiriwát (en) Língua kwazá (pt) Língua wariʼ (pt) Língua caxarari (pt) Língua makurap (pt) Língua Acuntsú (pt) Dialeto caripuna (pt) Língua kanoê (pt) Uru-Pa-In (en) Língua mequém (pt) Urumi (en) Língua caro (pt) Dialeto amondaua (pt) Paranawát (en) Língua lakondê (pt) Tukumanféd (en) Língua latundê (pt) Língua tawandê (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 237.765,3 km² | ||||
Altitude | 277 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 4 de xaneiro de 1982 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo de Rondônia (pt) | ||||
• Governador (pt) | Marcos Rocha (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Rondônia (pt) , (Escano: 24) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-RO | ||||
Páxina web | rondonia.ro.gov.br |
Rondonia (en portugués, Rondônia) é un estado brasileiro da Rexión Norte. Limita ao norte co estado do Amazonas, ao leste o estado de Mato Groso, ao sur e oeste con Bolivia e tamén ao oeste o estado de Acre.
Historia
[editar | editar a fonte]Soamente unhas poucas misións relixiosas existían na rexión do actual estado de Rondonia ata o século XVII. Coa descuberta de ouro no vale do Río Cuiabá no século XVIII, os primeiros exploradores comezaron a explorar tamén o vale do río Guaporé.
O seu poboamento comezou a crecer co ciclo de exploración do caucho, a mediados do século XIX, cando moitos migrantes do Nordeste brasileiro instaláronse na rexión. Outro impulso para o poboamento foi a construción do ferrocarril Madeira-Mamoré, inaugurado o 1907.
En 1943 a rexión tornouse o Território Federal de Guaporé, formado co terras desmembradas dos veciños estados de Amazonas e Mato Groso, e co gobernador nomeado polo Presidente da República. En 1956, o territorio foi bautizado de Rondonia en homenaxe a Cândido Mariano Rondon, militar desbravador da rexión. Despois de 1988, conforme determinou a constitución brasileira, tornouse un estado, pasando a ter o seu gobernador electo directamente pola poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vexetación orixinal de gran parte do estado é a Foresta Amazónica, pero parte dela foi substituída por cultivos durante o final do século XX. Hoxe, gran parte da súa poboación vive en cidades. As máis importantes son: a capital, Porto Velho, con 380 mil habitantes estimados o 2004; e tamén as cidades de Ji-Paraná, Ariquemes, Cacoal e Vilhena. O seu relevo non e moi ondulado: case 94% do seu territorio sitúase entre os 100 e os 600 metros sobre o nivel do mar. O clima é ecuatorial, que non ten propiamente unha estación seca.
Os ríos Madeira, Ji-Paraná, Guaporé e Mamoré son os ríos principais.
A súa economía baséase principalmente na agricultura (café, cacao, arroz, casava (mandioca) e millo son os principais), na extracción de caucho e madeira e na exploración mineral (estaño).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rondonia |