Saltar ao contido

Distrito Federal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe satélite do Distrito de Columbia, entre os estados de Maryland e Virxinia, nos Estados Unidos.

Distrito Federal é o nome que se dá a unha cidade ou a un territorio que ten por función ser a capital dun país que se organice baixo o sistema de federación.

Características

[editar | editar a fonte]

O distrito federal non se subordina a ningunha unidade federativa (provincia ou estado) veciña senón que está baixo a autoridade da propia federación. E, ademais, non pode ser capital de ningunha outra unidade da federación, para que se preserve os principios de autonomía das unidades federativas, e tamén de igualdade entre as mesmas.

Conforme determine a constitución de cada país, os distritos federais poden ter o seu gobernante nomeado polo goberno federal, ou elixido pola súa poboación. Cando se muda a capital dun país organizado baixo o sistema federativo, o territorio da nova capital é destacado xeograficamente dunha ou máis provincias e pasa a ter, a partir do momento da creación da nova capital, un status administrativo diferenciado. Foi o que ocorreu no Brasil co a creación de Brasilia, separada administrativamente do veciño estado de Goiás.

Algúns exemplos de distrito federal son:

  1. "The History of Washington, DC". washington.org (en inglés). Consultado o 2024-06-10. 
  2. "LEI No 3.752, DE 14 DE ABRIL DE 1960. Dita normas para a convocação da Assembléia Constituinte do Estado da Guanabara e da outras providências.". Presidência da República - Casa Civil - Subchefia para Assuntos Jurídicos. 
  3. Karschenboim, Laura. "La cuestión capital. De la federalización a la autonomía de la ciudad de Buenos Aires" (en castelán). Consultado o 2024-06-10. 
  4. "Screen Australia Digital Learning - The Founding of Canberra (1913)". dl.nfsa.gov.au (en inglés). Consultado o 2024-06-10. 
  5. "Seat of Government Act 1908 (Cth)". www.foundingdocs.gov.au. Consultado o 2024-06-10. 
  6. "New Straits Times - Google News Archive Search". news.google.com. Consultado o 2024-06-10. 
  7. "The journey of Putrajaya, Malaysia's jewel capital city". The Malaysian Reserve. 31-1-2019. Consultado o 10-6-2024. 
  8. "Adiós al Distrito Federal; Congreso aprueba reforma política". Forbes México (en castelán). 2016-01-20. Consultado o 2024-06-10. 
  9. Martínez Ahrens, Jan (2016-01-30). "Nace la Ciudad de México y desaparece el Distrito Federal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-06-10.