Estado de Níxer
Niger (en) | |||||
Epónimo | Río Níxer | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Nixeria | ||||
Capital | Minna (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.556.247 (2016) (72,76 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 76.363 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 3 de febreiro de 1976 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | executive council of Niger State (en) | ||||
Órgano lexislativo | Niger State House of Assembly (en) Circunscrición: 27, (Escano: 27) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | NG-NI | ||||
Páxina web | nigerstate.gov.ng |
Níxer é o maior estado da Nixeria, no occidente da República, creado o 3 de febreiro de 1976. A súa capital é a cidade de Minna. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4 082 558 habitantes, nunha área de 76 363 km². Outras cidades relevantes son Bida, Kontagora, e Suleja. Formouse en 1976 cando daquelas o estado do Norte-Occidental se dividiu neste estado de Níxer e no estado de Sokoto.
O nome do estado débese ao río Níxer. Dous dos maiores saltos hidroeléctricos da Nixeria, a presa de Kainji e a de Shiroro, atópanse nesta zona; como tamén o Parque Nacional de Kainji, o maior parque nacional da Nixeria, onde se acha o Lago Kainji.
Como a maioría dos estados nixerianos, está gobernado por un gobernador e unha asemblea. Baixo a administración de Mu'azu Babangida Aliyu, o 13 de xaneiro de 2007, o estado adoptou a xaria.
Áreas de goberno local
[editar | editar a fonte]Pode subdividirse en 25 áreas de goberno local.
- Agaie
- Agwara
- Bida
- Borgu
- Bosso
- Chanchaga
- Edati
- Gbako
- Gurara
- Katcha
- Kontagora
- Lapai
- Lavun
- Magama
- Mariga
- Mashegu
- Mokwa
- Munya
- Paikoro
- Rafi
- Rijau
- Shiroro
- Suleja
- Tafa
- Wushishi