Provincias Unidas do Río da Prata
Provincias Unidas de Sud América (es) | |||||
Himno | Himno nacional da Arxentina | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Río da Prata | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Buenos Aires | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1810 | ||||
Disolución | 1831 | ||||
Sucedido por | Arxentina, Uruguai, Alto Peru (pt) e Departamento de Tarija | ||||
Evento clave
| |||||
Moeda | real argentino (pt) | ||||
Provincias Unidas do Río da Prata (en castelán Provincias Unidas del Río de la Plata) foi o nome utilizado polo Primeiro Triunvirato, constituído o 22 de novembro de 1811 para designar ao estado xurdido a partir da Revolución de Maio de 1810 en Buenos Aires, que suplantou ao vicerreinado do Río da Prata.
Este estado gobernouse inicialmente por autoridades provisionais en nome dos dereitos do rei Fernando VII de España, pero o 9 de xullo de 1816 proclamou a súa independencia absoluta de España e dos seus reis.
O nome apareceu por primeira vez no Estatuto Provisional del Gobierno Superior de las Provincias Unidas del Río de la Plata a nombre del Señor Don Fernando VII.
Aínda que este goberno reclamaba a xurisdición sobre todo o territorio do vicerreinado, non puido controlar a intendencia de Paraguai, que derivou na creación da República de Paraguai, e perdeu o control do Alto Perú despois da batalla de Huaqui en 1811, tras a cal a recuperación parcial do territorio variou segundo os vaivéns das incursións dos seus exércitos durante a guerra da independencia arxentina até que finalizaron en 1817; o Alto Perú trasformouse en Bolivia en 1825.
A guerra contra os luso-brasileiros e os conflitos con José Artigas deron lugar á perda do control sobre a Banda Oriental, que finalizou coa creación do estado independente do Uruguai en 1828.
Tras superar períodos de anarquía e guerras civís, as 13 provincias que aínda integraban a unión entre 1831 e 1832 agrupáronse no que se denominou Confederación Argentina, caendo en desuso a denominación Provincias Unidas do Río da Prata.
Porén, conforme ao artigo 35 da Constitución arxentina, o nome de Provincias Unidas do Río da Prata (Provincias Unidas del Río de la Plata) é un dos oficiais do estado nacional, xunto co de República arxentina (República Argentina) e o de Confederación arxentina (Confederación Argentina).
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |