Saltar ao contido

Gran Chaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a provincia boliviana, véxase Provincia del Gran Chaco.
Modelo:Xeografía físicaGran Chaco
Imaxe
Tipochaira
ecorrexión da WWF
ecorrexión Editar o valor en Wikidata
Parte deplanície chaco-pampeana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónNeotrópico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°09′44″S 61°28′13″O / -19.1622, -61.4702
Características
Altitude310 m Editar o valor en Wikidata
AtravesaBolivia, Paraguai, Arxentina e Brasil Editar o valor en Wikidata
Gran Chaco. Situación aproximada da rexión (mapa da CIA World Factbook).
Selva virxe durante a temporada seca no Alto Chaco.
Gandaría extensiva no Baixo Chaco.

O Gran Chaco (termo xeralmente aceptado como proveniente do quechua chaku, "territorio de cacería") é unha rexión xeográfica, así como unha área cultural de Suramérica, situada no norte do Cono Sur, que se estende por parte dos actuais territorios da rexión norte da Arxentina, Bolivia a parte occidental de Paraguai e o centro-sur do Brasil, especificamente en parte dos estados de Mato Grosso e Mato Grosso do Sul, entre os ríos Paraguai e Paraná e o Altiplano andino.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación e extensión

[editar | editar a fonte]

O Gran Chaco, caracterizado por ter amplas extensións boscosas, sitúase no centro-sur de América do Sur. Esténdese desde os 16° 55' latitude Sur, na rexión tropical, até os 33° 52' de latitude Sur, na rexión temperada, e desde os 67° 50' de lonxitud Oeste ao pé dos Andes, até os 57° 50' de lonxitud Oeste, na provincia de Corrientes.

O Gran chaco suramericano ten unha superficie aproximada de 1.144.500 km2.

Subrexións

[editar | editar a fonte]

O Gran Chaco subdivídese de norte a sur en:

As subregións central e austral conforman en Bolivia e a Arxentina a Rexión Chaqueña.

Ríos e serras da rexión

[editar | editar a fonte]

Dentro dos ríos e serras que se encontran dentro da rexión do Chaco, están os seguintes:

  • Ríos: Timane, Parapiti, Paraguai, Pilcomayo, Teuco, Bermejo, Paraná, Salado e Dulce.
  • Serras: Serras Pampeanas e Serranías Subandinas.
  • Lagoas: Lagoa de Mar Chiquita.

Clima, flora, fauna e uso do territorio

[editar | editar a fonte]

Rexións naturais e clima

[editar | editar a fonte]

Aopografía e o clima do Chaco varían ao longo do territorio, polo cal se fixo a seguinte clasificación:

  • Chaco húmido e subhúmido: caracterizado por ter un clima subtropical cálido. As chuvias achegan unha maior diversidade biolóxica. A maioría dos ríos do Gran Chaco encóntranse nesta rexión.
  • Chaco semiárido: é unha planicie que ocasionalmente presenta, na zona norte, a presenza de ríos ou lagoas.
  • Chaco árido: é a zona máis seca de toda a rexión. A súa vexetación está constituída por plantas xerófilas e matogueiras.
  • Chaco serrano: dentro da súa vexetación altérnanse bosques con especies subtropicais (como os quebrachos) con pasteiros.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

De acordo coas condicións da rexión, a flora e a fauna son diversas. Porén, pódense destacar as seguintes:

  • Flora: o palo borracho, o quebrancho branco, o algarrobo, a palma negra, o jenipapo e a guaraniná.
  • Fauna: mataco bola, conejo de los palos, carpincho, surubi, pecarí chaqueño, corzuela parda.

Uso do territorio

[editar | editar a fonte]

Aínda que cultivado desde os primeiros asentamentos europeos desde o século XVI, o Chaco Suramericano albergou só áreas agrícolas illadas e moi pequenas até a década de 1970. Desde entón, os mercados cada vez máis globalizados e os prezos crecentes dos grans contribuíron a disparar a taxa de expansión agrícola, co 16 % do solo baixo cultivo no ano 2000.

Etnografía

[editar | editar a fonte]
Mapa de suposta presenza dos últimos grupos Ayoreo (Totobiogosode) non contactados en Paraguai.

A poboación autóctona está conformada por dez troncos lingüísticos dos cales se desprenden aproximadamente corenta etnias diferentes que ocuparon zonas dos catro diferentes países que abarca o Chaco: Arxentina, Bolivia, Brasil e Paraguai. A continuación, preséntanse as diferentes familias lingüísticas coas etnias correspondentes e a situación de acordo co país.[1]

Mbaya-Guaycurú

[editar | editar a fonte]

Mataco-Mataguayo

[editar | editar a fonte]

Enelhet-Enelhet(Maskoy)

[editar | editar a fonte]

Chiquitano ou Besiro

[editar | editar a fonte]

Tupí-Guaraní

[editar | editar a fonte]

Toconoté

[editar | editar a fonte]

Características xerais das culturas precolombianas

[editar | editar a fonte]

O etnólogo alemán Walter Krickeberg, na súa obra titulada Etnología de América,[2] fai unha descrición xeral das culturas del Gran Chaco, enfatizando as seguintes características xerais:

  • Debido ás características do terreo, non existiu gran desenvolvemento da agricultura. A maioría das etnias estaban conformadas por cazadores-recolectores-pescadores.
  • O mel era un produto que se recolectaba en toda a rexión.
  • A arma principal dos cazadores era o arco.
  • O can era o único animal doméstico coñecido antes do contacto cos europeos.
  • As chouzas eran cupuliformes, feitas con ramas encurvadas e paraventos.
  • Tiñan rituais de nacemento, inicio da puberdade e morte. Permitíase o aborto e, nalgúns casos, o infanticidio.
  • A pesca era de grande importancia. Usábanse buitróns (redes somerxíbeis).
  • Os seus utensilios para preparar alimentos eran queixadas de piraña, valvas de cunchas e puntas de óso.

Os caduveos denominábanse así mesmos como cadiguegodí.[3] A súa poboación principal situábase no Brasil, especialmente en Mato Grosso do Sur. Actualmente divídense en catro aldeas principais: Bodoquena, Campina, Tomázia e São João. Pertencen á familia lingüística mbayá-guaycurú. Son recoñecidos como os últimos sobreviventes desta familia lingüística. Coñecéronse tamén como "indios cabaleiros" polo grande uso e domesticación que lle deron aos cabalos e, por esta razón, utilizaban máis as lanzas que os arcos para a cacería. Vivían da recolección de froitos silvestres, e permitían a práctica do infanticidio e o aborto. Claude Lévi-Strauss dedícallers un capítulo enteiro no seu libro Tristes Trópicos,[4] onde fai unha análise detallada sobre unha das porincipais características culturais dos caduveos: a pintura corporal. Dentro deste estudo, Lévi-Strauss fai as seguintes observacións:

  • Mostrábase a xerarquía dos nobres por medio de pinturas corporais feitas con patrtóns ou tatuaxes.
  • A cara e ás veces o corpo cubríanse por unha serie de arabescos asimétricos.
  • Podían facerse en pintura ou en tatuaxes.
  • Divídese a cara en catro partes para ser decorada.
  • De acordo co misioneiro xesuíta Sánchez Labrador (1760), as castas nobres só pintaban a fronte e só aos prisioneiros lles pintaban a cara completa.
  • De igual forma, soamente as mulleres novas eran as que seguían esa tradición.
  • Actualmente, as pinturas soamente se realizan por pracer, e poden ser temporais ou permanentes.
  • A tinta estaba feitaa do froito da árbore chamada jenipapo, Genipa americana, e usaban espiñas de peixe para realizar as tatuaxes.

Conquista do Gran Chaco e reducións xesuítas e franciscanas

[editar | editar a fonte]

O illamento do Chaco viuse favorecido pola impenetrabilidade do seu territorio, e a férrea resistencia dos seus habitantes mantería as culturas orixinarias durante tres séculos despois do descubrimento de América. En 1524, Alejo García foi o primeiro europeo en internarse no Gran Chaco. Penetrou no Chaco chegando até os contrafortes andinos. Juan de Ayolas, alguacil maior, internouse no Chaco chegando até Bolivia; foi morto polos nativos na viaxe de regreso (1540). O 11 de marzo de 1542 chega a Asunción Alvar Núñez Cabeza de Vaca, que intenta chegar á Serra da Prata. O capitán Hernando Ribera foi enviado ao norte e remontou o río Paraguai.

A continuación, preséntase un cadro coas principais misións realizadas por xesuítas e franciscanos na área do Chaco.[5]

ANO MISIÓN ORDE ETNIA PAÍS DESCRICIÓN
1580 San Lorenzo de los Altos Franciscana Guaraní Paraguai Luis de Bolaños e Alonso de Buenaventura. Conseguiron reunir a máis de 1300 indíxenas.
1610 Nuestra Señora María de los Reyes Xesuíta Guaykurú Paraguai Roque González de Santa Cruz. En Yasocá, a unha legua do río Paraguai, fronte a Asunción.
1708 Concepción Xesuíta Chiquitana Bolivia Fundada polo xesuíta Lucas Caballero. En 1767 pasou a ser administrada por civís.
1717 Concepción, no el Valle de Salinas Xesuíta Chiriguana e Mataguaya Bolivia Fundada o ano 1717 polo padre Francisco Guevara. Os franciscanos fixéronse cargo dela en 1769 por mandato do corrixidor de Tarija.
1760 Nuestra Señora de Belén Xesuíta Mbayá Paraguai Os xesuítas buscaban conectar as misións de Chiquitos (Bolivia) coas de Paraguai.
1851 San Roque de Aguairenda Franciscana Chiriguana Bolivia Giuseppe Giannelli. Aquí as epidemias provocaron a diminución da poboación orixinaria; en 1896 había 290 persoas.
1900 Nueva Pompeya Franciscana Wichi Arxentina No ano 1900 as autoridades chaqueñas concederon 20.000 hectáreas.
1901 San Francisco de Laishí Franciscana Toba Arxentina Durante a segunda presidencia de Julio Roca autorizouse fundar reducións indíxenas en Formosa.

A ditadura de Gaspar Rodríguez de Francia

[editar | editar a fonte]

José Gaspar Rodríguez de Francia foi un avogado e político paraguaio considerado o ideólogo e principal dirixente da Independencia de Paraguai, das Provincias Unidas do Río da Prata e do Imperio do Brasil da Coroa española. Gobernou desde 1814 a 1840 sen permitir ningunha influencia do exterior, e o seu goberno caracterizouse por ter tres obxectivos principais: eliminar calquera elemento do estranxeiro, eliminar a influencia colonial e obter a lealdade dos cidadáns e persoas que se encontraran ao servizo do Estado.[6]

Guerra do Chaco

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra do Chaco.

Foi un enfrontamento entre Paraguai e Bolivia que durou de 1932 a 1935. Unha das razóns principais do conflito foi que desde a conformación dos respectivos Estados-Nación non se encontraba ben delimitado o territorio, sendo a subrexión do Chaco Boreal a que se disputaban. Entre as consecuencias encóntrase o impacto ás comunidades indíxenas. O 27 de abril de 2009, 74 anos despois de finalizado o enfrontamento bélico, os presidentes Evo Morales de Bolivia e Fernando Lugo de Paraguai asinaron en Buenos Aires o acordo definitivo de límites territoriais do Chaco Boreal.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

En censos realizados nos últimos anos, as porcentaxes das poboacións das comunidades indíenas quedaron da seguinte maneira:[7]

  • No Chaco Boliviano viven aproximadamente 136.505 indíxenas, o 2,7 % do total do país.
  • No Chaco Paraguaio viven aproximadamente 39.240 indíxgenas, o 50 % do total do país.
  • No Chaco Arxentino viven aproximadamente 149.000 indíxenas, o 6 % do total do país.

Reformas legais

[editar | editar a fonte]

Dentro das reformas legais para o recoñecemento dos pobos indíxenas que cada país que integra a área do Gran Chaco realizadas de maneira interna, destacan as seguintes:[8]

  • ARXENTINA. En 1994 refórmase a Constitución Nacional. Orixinalmente se sinalaba "manter aos indios en reservas e convertelos á relixión católica”. Actualmente, despois da reforma: "recoñecer a preexistencia étnica dos pobos indíxenas arxentinos. Garantir o respecto á súa identidade e o dereito a unha educación bilingüe e intercultural".
  • BRASIL. Constitucionalmente faise referencia aos pobos e linguas indíxenas até o ano 1988. Recoñecense as comunidades no capítulo VIII, que ten por nome "Dos Indios".
  • BOLIVIA. Co goberno de Evo Morales, recoñécense as 36 linguas faladas no país, de acordo co Art. 5, inciso I, da Carta Magna Bolivariana. Destaca a obrigatoriedade da formación nunha educación trilingüe: lingua española, lingua ordinaria e lingua estranxeira.
  • PARAGUAI. Na Constitución de 1992 recoñécese ao país como un estado pluricultural e bilingüe, recoñecendo como linguas oficiais o español e o guaraní.

Datos complementarios

[editar | editar a fonte]

Principais cidades

[editar | editar a fonte]

Porcentaxee de superficie por país

[editar | editar a fonte]

A rexión chaqueña ocupa diferentes extensións en cada un dos seguintes países.[9]

  • Chaco paraguaio: aproximadamente 153.000 km², 18,4 %.
  • Chaco brasileiro: aproximadamente 56.000 km², 4,9 %.
  • Chaco arxentino: aproximadamente 250.000 km², 27,1 %.
  • Chaco boliviano: aproximadamente 675.000 km², 49,6 %.
  1. Culturas del Gran Chaco Sudamericano.
  2. Krickeberg, Walter, Etnología de América. México, Fondo de Cultura Económica, 1946.
  3. Introducción > Kadiwéu
  4. Lévi-Strauss, Claude, Tristes Trópicos: http://www.lasonora.org/pdfs/album5/Tristes-Tropicos.pdf Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  5. Reducciones Jesuitas y Franciscanas. Gran Chaco y regiones fronterizas.
  6. Blog de Historia de Paraguay. http://paraguay-historia.blogspot.mx/2009/12/la-dictadura-del-doctor-francia.html
  7. Atlas del Gran Chaco. Gobierno de Bolívia [en línea] disponible en: http://redaf.orxg.ar/wp-content/uploads/2008/02/ATLAS_GRAN_CHACO_ES.pdf[Ligazón morta], pp. 52.
  8. Durante, Santiago, Las lenguas del Gran Chaco: situación sociolingüística y políticas. Agencia Nacional de Promoción Científica y Tecnológica de la República de Argentina: http://elies.rediris.es/Language_Design/LD13/DURANTE_LD13.pdf
  9. Atlas del Gran Chaco.Gobierno de Bolívia,http://redaf.org.ar/wp-content/uploads/2008/02/ATLAS_GRAN_CHACO_ES.pdf

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]